Translate

12 nov 2012

Mobilización contra a violencia "estrutural"



Escrito do Feminario de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.

Más de 800 mujeres se han manifestado desde el Rectorado de la Universidad de Córdoba hasta la Subdelegación del Gobierno, en contra de los recortes en derechos, libertades y bienestar social que estamos padeciendo el conjunto de la población.
Esta marcha se ha enmarcado dentro del XXIII Feminario ¿Qué es la Violencia Estructural contra las Mujeres?, espacio de reflexión feminista que ha acogido en Córdoba a mujeres de todo el territorio español.
Al final de la marcha, se ha leido un manifiesto en el que se resumen perfectamente las reivinidicaciones de la marcha y el feminario:
- Violencia estrucutural es 50 mujeres asesinadas y que se cierren Casas de Acogida.
-Violencia estructural es consentir la prostitución y hacer creer que puede ser un trabajo.
-Violencia es que la edad de consentimiento sexual esté en los 13 años en este país y sin embargo se nos niegue a las mujeres la capacidad de decidir sobre nuestra maternidad.
-Violencia es que la viagra sea perfectamente asequible y la píldora del día despues no se dispense en todas las farmacias.
-Violenica es que las mujeres poseamos solo el 1% de la requeza del Planeta.
-Violencia es que una pretendida moral religiosa, vaya en contra de los valores y derechos cívicos.
-Violencia es la pobreza más absoluta en la que viven la mayoría de nuestras mayores porque el Estado no se ocupa de ellas.
-Violencia es que las mujeres jóvenes no encuentren trabajo a pesar de estar sobreformadas.
Si el Gobierno calla ante esta situación de las mujeres, esto es violencia.
Si el Gobierno asume valores religiosos que se dirigen a recortar nuestros derechos, esto es violencia.
EXIGIMOS la afirmación de nuestros derechos porque son la viva expresión de la democracia, la libertad, la igualdad, la justicia social y la justicia sexual.
Manifiesto realizado por Alicia Miyares y Lourdes pastor y apoyado por las más de 500 asistentes al Feminario de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.

14 oct 2012

VOLVE O SANTORAL



En tempos electorais, coincidindo coa chamada “crise”, os políticos andan a voltas coas cifras como tendeiros. Os números non casan coas necesidades cívicas.
Parten da escaseza sen indicar como se motivou e se mantén. Non din que os negociantes fraudulentos que esgotaron as arcas do Estado seguen enriquecidos; que mesmo se foron descubertos e condenados a prisión, nunca devolveron o furtado, e mesmo poden presentarse ás eleccións para seguir roubando con todas as da lei; que
se as persoas con alto poder económico contribuísen aos presupostos de modo equivalente á poboación asalariada, outra crise cantaría.
O fascismo sempre aproveitou as crises para suprimir dereitos e impor as ideoloxías conservadoras, valorando o privado sobre o público, non só na economía, senón na importancia da familia e da relixión.
Por Real Decreto vén de ser condecorada coa Gran Cruz da Orden do Mérito da Guarda Civil, a Virxe do Pilar, patroa do Corpo. Non dá para alucinar? Pois hai máis: Nomearon Doctor da Igrexa Universal a San Juan de Ávila, coa presencia de Rouco Varela e Cospedal e Soraya con mantilla. Volve o santoral e o nacional-catolicismo!
Quen fala da crise de valores?

12- de outubro. Malia a gran cruz, parabéns ás Pilar

MXQ

10 oct 2012

A carga dos mamelucos


A CARGA DOS MAMELUCOS


A carga dos mamelucos perante o Congreso durante a concentración do 25-S costounos 300.000 euros, segundo a axencia EFE. A actuación policial, de estado de sitio, invadiu lugares privados, tratando @s manifestantes como delincuentes. Menos mal que da Audiencia Nacional saíu unha sentencia tan didáctica como perspicaz que puxo @s autores do lance no seu sitio.
As dereitas revólvense insultando e chamando á orde; pero é o papel da esquerda...? O mundo ao revés. @s de fóra (do Congreso) representan o país mentres @s de dentro, a clase política, ensaian estratexias para desbancarse entre si cos iPads e iPhones que o Parlamento lles regalou -será que non lles dá o soldo para mercalo- para estar ben conectad@s, entre eles que a wiffi non dá para máis.   ler máis

29 sept 2012

Un artigo de sentido común, de Ángeles Caso

O gran nome da democracia

Desde hai tiempo, cada mañá, despois de ler o periódico e escoitar algún informativo 

na radio, acostumo a caír durante un rato nun proceso depresivo. Imaxino que a tod@s 

vostedes lles sucede algo parecido. Por moi ben que lles vaian as cousas a cada unha a 

título individual, é imposible non verse afectad@ por todo o que nos rodea. Parece que nos 

tiraran por riba un caldeiro enteiro de pintura suxa e fedorenta, emporcando o 

fresco máis ou menos decente que fomos facendo entre tod@s.

(As correcións de xénero son nosas)

Leer máis: http://www.lavanguardia.com/magazine/20120607/54306744059/angeles-caso-el-gran-nombre-de-democracia.html#ixzz27r1IehNl


Da páxina RTVE. Carga policial do 25-S

28 sept 2012

Odio falar de aborto


Odiei a palabra aborto pero repetila ata a saciedade nos anos oitenta actuaba como revulsivo contra unha sociedade empapada de beatería. Tamén a odio porque era utilizada polas dereitas para desacreditar ao feminismo.
Lémbrome dunhas concentracións feministas pola despenalización da interrupción voluntaria do embarazo en 1985. Formaban parte dunha campaña pola liberdade sexual e reprodutiva nunha praciña, xustamente perante o Congreso (como onte) mentres dentro se debatía a lei de interrupción que foi aprobada ese mesmo ano. Pero daquela non chegaban ao centenar de mulleres e este 25-S foron miles. ler máis

12 sept 2012

@S FILL@S COMO INSTRUMENTO DE VINGANZA DO AGRESOR
 por Ana María Perez del Campo, Yolanda Besteiro e VVAA

.../... A vinganza centrada n@s fill@s -calquera que sexa o seu sexo e idade- é a arma por excelencia do agresor sexista. O drama comeza coa imposición da presencia do “padre” a un fillo, que o rexeita por temor, sufrendo un auténtico secuestro anímico; a seguir a malvada especulación da síndrome de alienación parental, o inexistente SAP, persistentemente negada poa comunidade científica internacional; a morea de chantaxes emocionais con que disfrazar a fraudulenta petición da custodia compartida, todo ilo apuntando ao obxectivo final de frustrar na práctica a vida independente da muller. ler todo o artigo en Público

5 sept 2012

A REDE DE MEDIADORAS DE VIGO organiza:
IV ENCONTRO NACIONAL DE MULLERESna Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 21 e 22 de setembro de 2012 máis información

31 ago 2012

Mulleres e academias

Así responde Bernardino Graña nunha entrevista en Sermos G. sobre as escasas mulleres que hai na Academia: Todos desexamos que haxa máis mulleres na Academia, mais ten que ser unha incorporación real. Non as podemos inventar. É patético, si, pero unha ofensa ao colectivo de mulleres galegas. ler máis


27 ago 2012

Contra a custodia compartida

Agrede á súa exmuller en Vigo cando ela lle entregaba o fillo de ambos

Un caso máis que pon de manifesto as terribles consecuencias da custodia compartida, en casos de violencia de xénero. 

As fill@s dun padre maltratador son víctimas pasivas desta violencia, moit@s cunhas secuelas imborrabeis.  Cómo se pode entender que un padre poida ter dereito a ver ás criaturas, ás que someteu a esa tortura? Obviamente es@ xuíz@ nunha lexislación igualitaria está prevaricando. 

22 ago 2012

Rebeldía nas redes

FAGAMOS CIRCULAR ESTE SMS PORQUE OS POLÍTICOS EMPEZAN A ESTAR....Moi NERVOSOS; AS NOVAS TECNOLOXÍAS XOGAN NA SÜA CONTRA E O POBO EMPEZA A MOBILIZARSE.......É O INICIO DUNHA NOVA REVOLUCIÓN SOCIAL!!!!
POR QUE OS BANCOS, CANDO QUEDAN COA TÚA VIVENDA  PÓDENA VENDER SEN POÑELA AO SEU NOME, E ASÍ NON PAGAR O 7% DE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS?
Sigan lendo na nova sección "Circula por internet"
(A pintada é cousa aparte)
http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com.es/p/circula-por-internet.html

18 ago 2012

Por que no "maestro" ni "ministra"?

Nomenclaruras

*Fuente: Memoria de la Historia – Carlos Fisas. Simpático post "internetem circulandum")
*Antes de dar la oportuna explicación os voy a contar una anécdota, que muchos ya conoceréis, sobre la importancia del latín. En cierta ocasión José Solís Ruiz**, ministro de Trabajo durante el régimen franquista y natural de Cabra** (Córdoba), le discutía al político y rector de la Universidad Complutense, profesor Muñoz Alonso**, para qué servía el latín. El profesor le respondió: "Por de pronto, señor ministro, para que a Su Señoría, que ha nacido en Cabra, le llamen egabrense y no otra cosa." *Y volviendo al título de este post, vamos a servirnos de la etimología, y el latín, para explicar por qué cualquiera puede ser ministro pero no maestro**.* *El término maestro** deriva de magister** y este, a su vez, del adjetivo magis** que significa más **o más que**. El magister lo podríamos definir como el que destaca o está por encima del resto por sus conocimientos y habilidades. Por ejemplo, Magister equitum** (jefe de caballería en la Antigua Roma) o Magister militum** (jefe militar).* *El término ministro** deriva de minister** y este, a su vez, del adjetivo minus** que significa menos** o menos que**. El minister era el sirviente o el subordinado que apenas tenía habilidades o conocimientos.* *Por tanto, queda demostrado que para ser ministro no hace falta ser nada**

17 ago 2012

Fascismo en Rusia: as Pussy Riot


A condea a Pussy Riot ademais dun atentado á liberdade de expresión, revela a pouca intelixencia dun gobernante mediocre e fascista como Putin, que pretende calar todo tipo de oposición a golpe de canón; era moito pedir que esa rancia igrexa ortodoxa dun estado, que evidentemente de laico non ten nada, aceptaran o happening das Pussy Riot con sentido do humor. Son patéticos!

30 jul 2012

AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS


AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS

Nun momento de tribulación para as mulleres galegas, e españolas en xeral, nos que o Goberno do PP quere facernos retroceder legalmente a tempos do pasado, retirando os progresos conseguidos, temos a alegría de constatar o avance global das mulleres, do que os nosos adiantos e melloras foron un aliciente.
Refírome aos Xogos Olímpicos de Londres, nos que se constata a gran evolución das deportistas. Constatamos que as mulleres son o 46% do total. Moitas máis que en Pequín. Por Primeira vez, nos EEUU hai máis deportistas mulleres que homes. Tamén supón un gran logro que por primeira vez acudan mulleres de países musulmáns, como Qatar, Túnez ou Arabia Saudita, onde se agarda que unha delas actúe sen yihad. As relacións diplomáticas tiveron moito que ver nesta incorporación feminina, co que se demostra que o deporte ten un valor democratizador. Foron tamén moitas as mulleres que tiveron a honra de portar a bandeira dos respectivos países.
Desde o punto de vista racista, aínda que @s atletas negr@s xa son moi considerados deportivamente, puidemos ver como de países negros, levaban a bandeira unha loura e un louro. Son detalles que din moito das actitudes democráticas globais.
Espero que dure pouco este goberno cavernícola, fundamentalista e machista en España. Sería surrealista que aínda lle fósemos pedir axuda ás musulmanas!!!

María Xosé Queizán

Por obra e graza do ES


Cando escoitamos falar de “desproteción do concibido”, non parece que nos encontremos ante un Ministro dun Estado aconfesional e moderno senón ante un pastor ortodoxo inspirado pola Musa da Conferencia Episcopal. Gallardón agarda preservar os dereitos do concibido permitindo que ést@ naza con taras e malformacións. Un suposto evitou 16133 nacementos crueis entre 2005 e 2010.
Concibido por quen? Por obra e graza do espírito Santo? Esa cruzada da protección ao feto volve ser directamente proporcional ao sometemento das mulleres. De que ética e de que xustiza fala Gallardón cando quere obrigar a vivir a un ser que nunca gozará do seu desenvolvemento autónomo?
Recentemente lin unha carta no xornal El País dun relevante neurólogo que explicaba as tremendas dores que padece desde o seu nacemento unha criatura con malformacións como a espiña bífida, algo máis corrente do que pensamos.
Nin sequera desde o naturalismo máis extremo se explica a idea do ministro. Ata os animais domésticos resolven os erros da natureza desfacéndose das crías malformadas. ler todo o artigo
.