Amanat, Malala e a revolución
pendente
por Mónica Bar 10/01/13
O día 7 comezou o xuízo contra eses
energúmenos. Sucedeu en Nova Delhi, seis homes, cinco adultos e un
menor, violan sen piedade, ata no estado de inconsciencia, a unha
estudante de medicina indú de 23 anos. Golpános a ela e ao seu
acompañante con barras de ferro e despois de lle arrancarlle os
intestinos, bótannos aos dous á rúa, espid@s, onde permanecerán
media hora pedindo auxilio sen que ninguén lles bote conta. As
imaxes foron captadas polas cámaras de vixilancia dun hotel, fronte
o que detiveron o autocar. O asasinato foi premeditado polas 6 bestas
e comandado polo chofer do autobús escolar.
Podemos pensar con alivio, “que lonxe
estamos desa barbarie”; porque segundo as estatísticas, na India
violan a 70 rapazas diariamente, aproximadamente unha cada 20
minutos; e só o 25 por cento dos imputados resulta condenado. Claro
que a India ten 1200 millóns de habitantes, case o dobre que a
poboación total de Europa.
En Pakistán, recordemos o atentado
contra Malala Yusufzai,
como comenta Yashmina Shawki nun artigo (“¿Qué pasa en
Pakistán?”, LvdG, 8/I) os Talibáns ademais
de plantear graves problemas de seguridade nas provincias da raia con
Afganistán, están propiciando un abafante clima de violencia contra
as mulleres,
do
que son exemplo as violacións e a súa oposición á escolarización
das nenas.
Noutros países de Oriente, as
violacións colectivas son un arma disuasoria contra as mulleres que
acceden a vida pública. Hai uns días recordaba as denuncias dunhas
periodistas no Cairo que narraban a sensación de sentirse
acurraladas en plena manifestación na Praza Tahrir, á vista de todo
o mundo; ou diante das cámaras, por unha horda de lobos bípedos
contra os que nada puideron facer. Actúan á luz do día; son
depredadores doctos nese tipo de caza e actúan impunemente co
beneplácito do sistema.
As mesmas actitudes depredadoras
vémolas pola rúa a cotío, ao mellor non tan sórdidas, pensamos,
alí son como alimañas. Tal vez entre esas violacións e a da rúa
Coruña, en Vigo (por non ir máis lonxe) este fin de ano, radica en
que a muller foi asistida a tempo pola Policía.
Pero non hai cámaras que graben os
ataques no ámbito privado, nin micrófonos que recollan as ameazas
das que son obxecto as mulleres na gaiola doméstica.
Como tampouco houbo vixilancia nas
casas das 53 mulleres (e 6 criaturas) asasinadas polos seus homes.
Ninguén, inclúo a veciñanza, acudiu a chamada desas discusións
violentas porque “iso non vai con nós”. Mentres non tomemos
conciencia colectivamente desta tortura socialmente aceptada, isto
non se soluciona.
O positivo, @s indignad@s da India. A
violencia salguinaria dos delincuentes, a neglixencia da policía e a
pasividade dos gobernantes sublevaron as masas. Incluso unha
asociación de avogad@s pareceulles inmoral defender aos
delincuentes; non coñezo esa obxeción de conciencia no noso
territorio. Tampouco temos antecedentes de que a violación dunha
rapaza se convirta nun asunto de estado; nin das enormes, masivas
manifestacións de protesta esixindo cambios na lexislación que
permitan un castigo exemplar para esa violencia contra as mulleres.
Porque a verdadeira revolución terá que comezar polo fundamental e
imprescindible: unha revolución sexual, algo tamén pendente tamén
por estes pagos.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Matrimonium ou
contubernium
Mónica Bar Cendón
O veredicto do TC sobre o
recurso de inconstitucionalidade da Lei 13/2005, de “matrimonio
homosexual”, desatou controversias no bloque da dereita. Así,
mentres uns debatían sobre a parida das peras e das mazás da
Botella, outros proclamábanse abertamente defensor@s da Lei,
denantes de aprobarse.
Os máis extremistas
escúdanse no inadecuado do nome e activan unha campaña co slogan
“Yo no lo llamaré matrimonio”, como se a súa preocupación fose
etimolóxica.
O certo é que o
termo Matrimonium
varía segundo as culturas. Na antiga Roma durante moito tempo só
era factible a voda entre Patricios, os plebe@s e escravos quedaban
fóra do “privilexio” de casar. Se cadra porque ademais de non
ser libres, tampouco posuían bens, polo que o intercambio material
non tiña obxecto. Segundo puiden pescudar, na lingua árabe,
á unión en matrimonio chámase `aqd
nikāḩ’, que significa “contrato de penetración”. O que leva
implícito o repudio, cando este non se consuma segundo as
pretensións do home.
Esta idea tamén de
apareamento é a impulsada desde o sector máis ultraconservador da
nosa sociedade: o matrimonio é a licencia para o coito e a
perpetuación da especie ata o infinito (e que a femia resista).
A
igrexa católica avogaría polo termo contubernium,
que se usaba na antiga Roma para as relacións entre escravos, sen
ningún tipo de recoñecemento legal.
Eu sempre pensei que os
curas acabarían casando a homosexuais vendo a diminución de
candidat@ heterosexuais, e aínda está por ver. Pero non, porque
agora do que están ocupados, sobre todo as altas xerarquías (véxase
o bispo de Alcalá) é do sexo, demostrando uns coñecementos fondos
na materia. Escandalízanse coas relacións públicas entre persoas
do mesmo sexo, pero ocultan a caza que a moitos deles seduce; na
clandestinidade: pillar @s pequen@s nos confesionarios, nos
internados, con premeditación e aleivosía. Non é casual que a
idade de “consentimento” para ter relacións sexuais con adult@s
no Estado do Vaticano, é de 12 anos, a máis baixa de Europa.
De
todas formas non me parece o matrimonio un avance social. En pé de
igualdade c@s heterosexuais, din, pero ¿de que igualdade se está a
falar? ¿Na igualdade na elección das barreiras legais, no control
social? O igualitario serían as relacións libres, as persoas
célibes. Menos mal que, grazas sobre todo ao feminismo, gañouse a
batalla do divorcio, para remedar o contrato errado.
Aínda
así, convén celebrar a Lei, e agora a
determinación do TC que a avala, porque está contribuíndo a
arrancar a moitas persoas da marxinalidade e o prexuízo social;
protexendo @s fill@s para que se socialicen sen estigmas.
E
falando de prexuízos, semella existir máis outing no PP, e miren
que hai pouco, que nas esquerdas. E iso que
a posibilidade de enlazar peras, ou
mazás, hoxe sabe a trunfo: que puntería a do presidente Obama en
introducilo na contenda electoral.
Non as podemos inventar.
María Xosé Queizán
Así responde Bernardino Graña nunha entrevista en Sermos G. sobre as escasas mulleres que hai na Academia: Todos desexamos que haxa máis mulleres na Academia, mais ten que ser unha incorporación real. Non as podemos inventar. É patético, si, pero unha ofensa ao colectivo de mulleres galegas.
Dóeme escribir estas reflexións, sendo o autor da aldraxe un amigo da mocidade, con quen teño rido, folgado e celebrado a vida en moitas ocasións. A quen teño dedicado un poema e asistido a diversos actos e fastos. Pasando por alto outras consideracións, nunca pensei que tería que saír ao paso dos seus comentarios, non por min, senón por pertencer a un colectivo aldraxado sistematicamente, e nunca mellor empregada a palabra.
Cando a historia pretende liberar á humanidade, fan a revolución e deciden que a Razón une e iguala; no momento en que se funda a cidadanía, xa inventan os argumentos para que as mulleres permanezan fóra desa consideración. Rousseau e os ilustrados non están dispostos a compartir o poder coas mulleres e prefiren deixalas no seu lugar privado e natural. Silvain Marechal redacta un proxecto de Lei, dirixido aos pais de familia e xefes da casa, que prohiba ás féminas actividades como: ler, escribir, imprimir, gravar, recitar, solfexar, pintar...Impedir toda actividade pública en nome da Razón porque esta quere que cada sexo permaneza no seu lugar. Di Marechal: que contaxiosa é a lectura: en canto unha muller abre un libro, xa se cren capaces de escribir outro. Sabe que é perigoso que as mulleres pasen da natureza á cultura, observa Geneviève Fraisse. Prefiren os sabios sentados afirmando que o intelecto da muller está ligado ao Sexo, non á Razón, e daquela producirá pensamentos corruptos e obscenos. As escritoras adoitan condutas indecentes. Proudhon chama “fulanas” a escritoras como Mme. Roland, Mme. de Stäel, Mme. Necker ou George Sand.
Tal vez interpretamos mal e se trata dunha actitude moral a que leva os académicos a coutar a entrada de intelectuais femininas, para manter as cadeiras da Real institución limpas de “natureza” vil e corrupta. A cultura é cousa de machos. Diderot dixit: Mentres nós lemos libros, elas len o gran libro do mundo. E, madía levan, mulleres hai que valoran ese naturalismo inculcado en vea.
Bernardino, sabe que coas mulleres todo vale, que as súas ofensas non van desmerecer a súas homenaxes, que as autoridades políticas e culturais van honralo e engrandecelo o mesmo. Pero tamén deben saber que as intelectuais e escritoras son maioría neste momento, que a barreira rachará e entrarán na RAG como unha exhalación de osíxeno, como aire novo que actualizará unha institución rancia.
Malgré tout, saúde Bernardino.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Colaboracións A.Ruíz Gallardon--Ministro de ¿Xustiza?: "O aborto por malformacion do feto non será legal"
Alicia de Goián.
Señores
Fetistas con poder:
Se
queren voltar a un estado embrionario no campo dos dereitos e
libertades da cidadania, teñen vostedes todo o dereito e libertade
para facelo. Pero non nos obriguen, neste caso ás mulleres a voltar
a épocas de oscurantismo,"pecado mortal",morte,inferioridade,
mal vivir...á irracionalidade en definitiva.
Tiñamos
unha Lei do Aborto que nos custou moito conseguir e ata pode que
conquerir nalguns casos. Podería ser mellorada como tudo nesta vida.
Non
me gusta caír en lugares comúns,nin en discursos xa repetidos ata a
saciedade en outras épocas da historia da democracia no Estado
Español. Pero como vostedes nunca nos escoitaron, ou fixeron caso
omiso ás nosas demandas dende o Feminismo,voulles refrescar a
memoria(xa sei que a recuperación da Memoria Histórica non lles
gusta nada e ata lles produce medo e arrepíos. Lé mbrome do xuíz
Garzón, home xusto, íntegro e loitador contra a barbarie e
inxustizas...que quixo dar dignidade as víctimas do Franquismo e
vostedes fixéronlle a vida imposible).
O
aborto non é un acto pracenteiro para ningunha muller(pode que o
confundan
con orgasmo, ou pode que sexan uns sádicos).
Cal
é o motivo polo que lle dan tanta importancia a un feto (ben
configurado,
ou non)e desprezan tan alegremente a vida das personas fora do útero
materno???. Xamais escoitei saír das súas preciosas
bocas(acostumadas a dicir todo tipo de lindeces misóxinas), unha
palabra firme e sinceira en contra da pena de morte, das guerras, da
fame, en contra dos abusos sexuais, mesmo os cometidos contra
menores(eses que tanto lles gustan a algúns dos seus compañeiriños
dentro dos altos carregos da Igrexa Católica). Á Conferencia
Episcopal que está formada polo mais reaccionario "que parió
madre", non a acuso de pederasta; pero tampouco mollaron moito
as sotanas, nen raíron os aneis para axudar a xulgar aos pederastas
do seu gremio. Venme á memoria unha vella consigna do Feminismo:"Se
os obispos parisen, o aborto seria un sacramento".Ou aquela
outra que dicía:"Será
casualidad,
será casualidad que os que nunca paren non deixan abortar".
Non
quero voltar a manifestarme polas rúas de novo con vellas
consignas.Ou como dí unha amiga feminista de pro(non a cito para
preservar a súa intimidade,ainda que ela vai sempre a cara
descuberta e de fronte contra a inxustiza e a irracinalidade...),"non
imos saír en procesion para ao fin non conseguir nada".Eu
concordo con ela.Pero é unha magoa,co que lle gostan a vostedes e
aos seus acólitos da Confe Epi as procesiíns... Outro lugar
común:Non teñen o mínimo respecto cara as mulleres.Somos unha
máquina de parir.E como maquina que somos,non temos dereitos,nin
podemos tomar decisions pola nosa conta(1).Escoitaronos dicir algunha
vez:"Nós parimos,nós decidimos"???.
Como
supoño que os seus cerebros están maleados pola relixión e polo
patriarcado,pode
que ante a falta de argumentos se lles pase polas
"mientes"pensar
que esta postura feminista pode parecerse a unha limpeza
étnica.(Ufff...!!!,estou dándolle ideas). Pois non se equivoquen.É
moito máis parecido ao xenocidio o que vostedes estan
facendo:recortes de todo tipo que sofren de sobremaneira as personas
mais desfavorecidas;especialmente en sanidade e educacion,que se eu
non fose atea calificarias como sagradas.
Quizais
se pregunten que relacion ten isto ca Lei do aborto.A resposta é moi
sinxela e cito a feminista Amelia Valcarcel que dí que
"O
Feminismo é un Humanismo".E é por iso que as feministas sempre
estiveron e estamos ao lado das personas que sofren inxustizas,mesmo
cando non nos afectan personalmente.Fomos abolicionistas nos tempos
de escravitude e negreiros.Algunhas tamen somos abolicionistas nestes
tempos de escravitude chamada prostitución e de proxenetas e
prostituidores...E quizais tamen teña relacion,pois "O personal
é político" segundo Kate Millet.Pero como tudo isto soaralles
a
música
celestial,baixemos á terra.
Vexamos
algúns titulares de xornais varios:"Os recortes deixarán sen
medicación
a 2700 estranxeiros con V.I.H."Que importancia ten...???.Son
estranxeiros,pode que sen papeis e afectados por un virus ou síndrome
que supoño que a vostedes lles parecera AINDA de xente de
mal-vivir.Ata podo facer un exercicio de alta obxetividade e citar a
esa gran defensora d@s parad@s,a Sra. Fabra,deputada do P.P. e dicir
"que se jodan".
Outro
titular:"A modificación de la Lei do aborto afastará a España
de
Europa"Que
importancia ten...???.O importante é estar perto da Europa
económica.A
Europa dos avances científicos,dos dereitos humanos,da
modernidade...é
cousa de xente progresista e de esquerdas."Que se
jodan"(Fabra,A.).
Mais
un titular:"Eticamente é inconcebible ter convivido ca actual
Lei do Aborto".A vostedes a palabra/concepto Etica quedalles moi
grande.Se me permiten un consello deberíana cambiar por moral;é
mais do seu estilo.
Calquer
crianza necesita de moitos coidados. E as que teñen
minusvalías,incapacidades,doenzas graves...etc,necesitan ainda
máis.E
mentres
tanto vostedes recortando e aniquilando todalas axudas sociais que
nos levou tanto tempo conseguir para acadar un estado de benestar.Que
importancia ten...???.Para que malgastar diñeiro,tempo e medios na
Lei de Dependencia.Esta labor é cousa de mulleres."Que se
jodan"(Fabra,A.).
Que
muller con un pouco de sentido común e un mínimo de
responsabilidade traería a este mundo(creado á imaxe e semellanza
dos seus prexuízos),a unha criatura con estes problemas???.Pero esta
non é a cuestion principal.A cousa é que calquer muller ten o pleno
dereito de decidir se pare ou non,independentemente dos casos ou
supostos...
A
educacion,SI,TAMEN A SEXUAL,un bó e gratuíto acceso a métodos
anticonceptivos,diminue
o numero de embarazos non desexados.Isto sabeno tódolos países
modernos e con sentido civico.Non é nada novo.Pero a vostedes os
avances cientificos e tecnolóxicos,teño a sensación de que lles
producen alerxia.
O
Feminismo(con todos os seus matices e mesmo algunhas
diverxencias),non obriga a abortar a ningunha muller.Pola contra
vostedes póñennos a parir en case(ou sen case),todalas acepcions do
termo.Menos mal que somos desobedentes.
E
para rematar(xa fai tempo que debín facelo),déixoos ca definición
de
Saude
da O.M.S."A saúde é un estado de completo benestar
físico,mental e SOCIAL,e non só a ausencia de afeccións ou
enfermidades"
Conclusión:Somos/estamos/vivimos
nun país enfermo.E vostedes son os
culpables.
TERRORISMO
MACHISTA
María Xosé
Queizán
As mulleres viven un
terror oculto na súa vida cotiá. O medo e a desprotección impide
que non denuncien os malos tratos e só afloren poucos casos. Isto
denuncia Inmaculada Montalbán, presidenta do Observatorio contra a
Violencia machista.
Descenderon
as denuncias a respecto do ano 2011. Este ano son unha media de 339
diarias, un 2,7% menos que no ano anterior. O delicto maioritario é
o de lesións (76,4%) seguido dos delictos contra a liberdade
(11,75%). Das denuncias, o 73,23% foron presentadas polas vítimas,
un 11,75% derivaron de partes de lesións, o 12,21% foron resultado
da intervención policial e só un 1,29% foron
denunciados por familiares.
A familia é fonte de
inxustizas, traumas, violencias e o lugar máis perigoso para as
mulleres. Na familia fórmanse as mentalidades conservadoras e
autoritarias. É un reducto sen lei pública, onde impera o
patriarcado, onde se aproveita o labor e a reprodución gratuíta.
Unha ganga para a economía do goberno.
Ademais,
é a mellor modeladora ideolóxica. A dereita deféndea con calor
como comprobamos coa recente Lei de Familia da Xunta de Galicia. A
familia é o contrario dese lugar acolledor e amable que nos queren
vender. Que só un 1,29% denuncien os malos tratos que padece unha
filla, ou familiar achegada, evidencia o que digo. Ulas as nais?
A gran escritora
feminista Victoria Sau, explica nun libro 1como
a nai, restrinxida ao biolóxico, carece de dimensión humana,
proxección económica, política e social. A madre, no patriarcado
foi rebaixada á condición de funcionaria do pai e cumpre con ese
cometido. Na actualidade hai nais diferentes que procuran a formación
e emancipación das fillas. Pero son unha minoría como demostra a
estatística actual.
Os xulgados, aínda que
non sempre funcionan como deberían, son a única protección para as
mulleres sometidas á tortura machista. Este ano solicitáronse 8.343
ordes de protección. O feminismo conseguiu que a violencia machista
fose condenable. Pero mentres exista o contrato sexual e a familia, a
violencia no privado, levada a cabo pola parella, non ten a mesma
consideración que o delicto público.
Outra inxustiza
encontrámola no réxime de custodia compartida despois do divorcio.
Debería estar prohibida no caso de violencia machista previa. Que
educación recibirán dun pai maltratador? O Estado debería evitalo.
E non o evita. A valoración da figura paterna, pesa moito nos
xuíces/as. No pasado trimestre, das 3.984 medidas cautelares mentres
se resolvía o procedemento penal por violencia machista, só un 7,8%
privaron o pai da garda e custodia das criaturas, un 2,9% acordaron a
suspensión do réxime de visitas e un 0,5% a suspensión da patria
potestade.
Coñecemos o sufrimento
d@s fill@s nos casos de violencia, afectad@s mesmo psicoloxicamente.
Sabemos que moit@s van obrigad@s aos encontros cos pais. Mesmo así,
@s xuíz@s toleran o “dereito patriarcal” sobre as criaturas e
non ousan suprimir a patria potestade.
Os
números son explícitos. Velaí unha mostra evidente da permanencia
do patriarcado e da desprotección na que se encontran mulleres e
fill@s na esfera privada, na familia.
1
El vacío de la maternidad. Madre no hay más que ninguna. Icaria,
editorial, Barcelona 1995
Hipersexualidade 2
Comentaba o outro día a hipersexualización da sociedade actual.
Esquecín un dato ben gráfico e aparente: A intervención nos beizos que fan moitas mulleres para ampliar os beizos, sobre todo as que aparecen publicamente, as modelos e actrices.
Se nos fixamos, eses labios grandes e grosos semellan os labios maiores dunha vulva. A través da exuberancia e o vulto carnoso e vermello no rostro proclaman a vizo do sexo.
O reclamo complétase coa expresión de ansia e o aceno dos beizos medio abertos, que nunca se asemella a un sorriso.
MXQ
HIPERSEXUALIZACIÓN
María Xosé Queizán
A sociedade actual está hipersexualizada. O sexo está magnificado e, ao mesmo tempo, vulgarizado. Permanentemente en escena, na arte, no teatro, no cine, na publicidade, fíxose imprescindible. Se hai 40 ou 50 anos as películas remataban cun bico da parella, hoxe comezan cun coito. Non pode faltar de ningún espectáculo e acostuma a repetirse dunha maneira vulgar e reiterada. O corpo das mulleres, máis ou menos espido, e con actitudes provocadoras, nunca falta. É o reclamo para vender sexo ou vender con sexo, xa sexa un coche ou unha crema de barbear.
O que antes se consideraba pornografía, hoxe invade o ambiente. Está ao alcance da infancia a través dos medios de comunicación, e tan accesible como o periódico local que, incluso se leva á escola, coa encomiable intención de habituar o alumnado a ler a prensa. Seica os rapaces apresúranse a abrir o xornal polas últimas páxinas onde veñen os anuncios de contactos e prostitución. Así, xa na infancia, as criaturas normalizan na súa conciencia que os corpos das mulleres son obxectos de uso e de transacción económica. De nada servirá que nas clases de ética lles falen de igualdade sexual, nin dos dereitos das humanas.
Cando as autoridades dun país non reaccionan ante a explotación de persoas, toleran a venda de carne feminina no mercado do sexo, e non consideran que isto sexa un problema a ter en conta, resulta evidente que a sociedade está hipersexualizada, incluídos os seus dirixentes.
Cando non se decatan de que a naturalización das femias, a súa obxectualización e menosprezo provocan que sexan insultadas, maltratadas e asasinadas polos seus homes, están, non só permitindo, senón incitando á súa masacre. Cincuenta e catro (datos oficiais 2011) mulleres de... foron xa aniquiladas cando isto escribo. O número de maltratadas, feridas, ameazadas, humilladas...é enorme, pero so alporiza e angustia a unhas poucas persoas concienciadas. Canta dor hai nos fogares, neses mesmos con que venden o turrón e a alegría do Nadal! Canta hipocrisía mentres as humilladas traballan e pasan medo.
Canto aos anuncios da prensa, preguntados sobre o tema, desde os directores dos xornais ao defensores da moralidade popular, aluden ao beneficio económico que a publicidade do sexo produce. Comprobamos que as persoas que teñen nas mans o poder de dirixir e dar exemplo á poboación, non só están hipersexualizadas, senón tamén corruptas.
O sexo vende, e a política, ben o sabemos, está supeditada ao mercado. Os homes compran sexo, directa ou indirectamente. Indirectamente a través da publicidade, que lles dá a ilusión de adquirir á radiante psicalíptica incluída no producto, ou nos d.v.d., no cine, en internet... Directamente, na prostitución, que se incrementa día a día. En Vigo, segundo os últimos datos, hai máis dun millar de mulleres prostituídas, en clubes ou en pisos usados a tal fin.
Un dos síntomas que comprobamos ultimamente, di Rosa Cobo [1] é un incremento da prostitución: A prostitución é unha das grandes metáforas do patriarcado: a medida que diminúe o número de mulleres que pertencen individualmente a cada home, aumenta o volume das que pertencen a todos. ...Hai un aumento do control colectivo sobre as mulleres, un “estado de excepción”, para compensar as gretas que se abriron microsocialmente na dominación masculina.
Certamente, nunca se lle concedeu tanto valor ao sexo. Se ben, en termos masivos, de deriva histórica, pode obedecer aos terribles coletazos que dá o dragón antes de morrer, de momento non parece que os dominantes sexuais estean desasistidos. Nunca houbo tantas mozas dispostas a consentir as súas demandas, en ocasións, en circunstancias ben groseiras.
O sexo e a súa imaxe goza de boa saúde. As mozas e as criaturas son as víctimas dos abusos, das violacións, dos incestos que, maiormente se ocultan; as esposas ou noivas son obxecto de insultos, de malos tratos, de violencia do propio compañeiro; un número menor de mulleres son prostituídas e están ao servicio de todos os que paguen para usalas sexualmente. O sexo é poder. Os homes sábeno. Os machos usan e abusan do sexo. O machismo mata.
[1] Hacia una nueva política sexual. Rosa Cobo,2011. Catarata, Madrid.
O CONTRATO SEXUAL, por María Xosé Queizán
Unha das miñas teimas en relación co Feminismo é a permanencia na sociedade patriarcal do Privado e o Público. 1Cando na Ilustración xorde a teoría do Contrato, un enorme avance que vai sustentar a liberdade persoal, unha liberdade civil igual que é protexida polo Estado. Pero o mesmo Rousseau, impulsor do Contrato, exclúe del ás mulleres. Establécense dous Contratos: O Público, pertence á esfera masculina, a esfera da Polis é a da liberdade. Un home que só vivise a vida privada non era plenamente humano. 2 Na esfera pública é onde as cousas teñen valor. Tamén é onde se toman as decisións. As mulleres quedan excluídas dese pacto político. Quedan na esfera do Privado, como un animal doméstico ( Kant dixit), realizando, non traballo, senón labor, sus labores, que non están suxeitas a contrato, nin a salario nin tempo. Unida á sociedade política mediante un Contrato Sexual3 a través do matrimonio. O Contrato Sexual que se establece entre un home e unha muller, é un contrato sobre a propiedade da persoa e pon o dominio na parte dun dos contratantes. Daquela, a diferencia sexual supón unha diferencia política. Por iso, desde hai anos o Feminismo dixo que o Persoal é Político.
O motivo fundamental de que non teñan valor as mulleres asasinadas no ámbito privado é que só no Público radica a razón, a formación de opinión, a acción política, o benestar xeral. O Privado, o fogar, a relación co Seu home, é o lugar onde se producen os malos tratos, físicos e psíquicos, os asasinatos a mulleres e criaturas que son propiedade, mediante o Contrato Sexual, dos seus.
A saída das mulleres dese lugar de perdición, a desaparición do contrato Sexual é a única posibilidade de que as mulleres teñan unha vida sen terror, sen violencia e sen morte. Muller escapa!
Cando queren escapar, mátanas, estamos vendo. O Estado non se preocupa desas masacres e non son citadas, como comprobamos nos discursos electorais, como un problema político e social. Pasan por riba das mortes privadas como por detritus.
Os poderes reaccionarios, e a Igrexa procuran manter esa separación sexual. Vimos como o Goberno Galego, do PP, aprobou unha Lei de Familia, que significa perpetuar a inxustiza e a desigualdade, restándolle autonomía ás mulleres galegas.
Un cometido fundamental do Feminismo é acabar co Contrato Sexual.
1 María Xosé Queizán, Anti natura, Ed. Xerais, 2008
2 Hannah Arendt, La condición humana, Ediciones Paidós Ibérica, 2001
3 Carole Pateman, El contrato sexual, Anthropos, 1995
O patriarcado por Teresa Barro
O patriarcado é
un sistema autoritario que estabelece desigualdade e xerarquía nata. Ora, mesmo porque é un sistema, pódese estudar, ver cáles son as columnas que o sosteñen e botalas abaixo.
A familia patriarcal é a célula básica do sistema. Os patróns que a rexen son os que se repiten en todas as esferas. E na familia encontramos unha desas columnas que sosteñen o sistema e implantan superioridade e inferioridade natas, inxusticia radical e atrabiliaridade. Na familia patriarcal o varón nace festexado e a muller desprezada porque o varón vai ser o que dé continuidade á Familia transmitindo o apelido. O sistema patriarcal está cheo de perversidades e aberración, e unha destas aberracións é a de que sexa o varón, que ten un papel mínimo na criación dos fillos, o que de o nome á familia e non a muller, que é principal criadora. Neste século XXI no que estamos vivindo en case todos os países do mundo non só os fillos levan o apelido do pai, senon que a muller tamén colle ese apelido e deixa o dela. Na maioría dos países considerados adiantados os fillos só teñen un apelido, o do pai.
As consecuencias son moitas. A principal, a de darlle ao varón o mando da familia e o protagonismo total na sociedade. Nun sistema no que a Familia ten como obxetivo fundamental reproducirse, e no que o ser humano nace para adaptarse a esa familia xa feita, o varón asegura a continuidade do sistema inserindo a nova familia que el faga na familia da que el procede. É o creador de estirpe, de liñaxe, de ascendencia, e ese é o centro de poder no patriarcados.
As mulleres terían que botar abaixo ese pilar do sistema. Os fillos deberían coller o apelido da nai e levalo polo menos até que sexan maiores de idade e podan escoller. Iso traería grandes cambios que favorecerían ás mulleres e aos fillos e deixaría coxo dun pe ao sistema patriarcal.
-------------------------------------------------------
Carta ao Consello Municipal da Muller, sobre a súa proposta de Candidatura da RAG
http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com/2011/10/carta-ao-consello-municipal-da-muller.html
Wafa Sultan
Sicóloga árabe-americana.
Entrevista en el canal Al Yazeera de la Televisión de Qatar.
21 de febrero del 2006
Texto transcrito por Rosa María Rodríguez
Wafa Sultan:
El enfrentamiento que estamos presenciando en el mundo, no es un enfrentamiento entre religiones o un enfrentamiento entre civilizaciones. Es un enfrentamiento entre dos polos opuestos, entre dos eras. Es un enfrentamiento entre una mentalidad que pertenece a la Edad Media y otra mentalidad que pertenece al Siglo XXI.
Es un enfrentamiento entre la civilización y el retraso,
Entre lo civilizado y lo primitivo, entre la barbarie y lo racional.
Es un enfrentamiento entre la libertad y la opresión, Entre la democracia y la dictadura.
Es un enfrentamiento entre derechos humanos, por una parte, y la violación de esos derechos por la otra.
Es un enfrentamiento entre aquellos que tratan a las mujeres como bestias y aquellos que las tratan como seres humanos.
Lo que vemos hoy día no es un enfrentamiento entre civilizaciones.
Las civilizaciones no se enfrentan sino que compiten.
Yo entiendo por lo que dice que lo que ocurre hoy día ¿Es un enfrentamiento entre la cultura del Occidente, y el retraso y la ignorancia de los musulmanes?
Si, eso es lo que quiero decir.
¿Quien fue el que apareció con el concepto de "enfrentamiento entre civilizaciones"?
¿No fue Samuel Hunttington? No fue Bin Laden.
Me gustaría discutir este asunto si no le importa...
Los musulmanes son los que comenzaron a utilizar esa expresión. Son los musulmanes los que iniciaron el enfrentamiento de las civilizaciones. El Profeta del Islam dijo:
"Se me ha ordenado combatir a la gente hasta que crean en Alá y su Mensajero".
Cuando los musulmanes dividieron a la gente entre musulmanes y no musulmanes,
y llamaron a combatir a los otros hasta que crean en lo que ellos mismos creen,
ellos iniciaron este enfrentamiento y comenzaron esta guerra. Para detener esta guerra, ellos deben revisar sus libros islámicos y su curricula, que están llenos de llamados al "takfir" y a combatir a los infieles.
Mi colega ha dicho que él nunca ofende las creencias de otras personas. ¿Qué civilización le permite a él dar a otras personas nombres que ellos mismos no han elegido?
Una vez que los llama "Al Dmma" (súbditos de segunda clase) En otra ocasión los llama "el pueblo del libro".
Y en otra oportunidad los compara con monos y cerdos, o llama a los cristianos "aquellos que provocan la ira de Alá".
¿Quién le dijo que ellos son el "pueblo del libro"?
Ellos no son el pueblo del libro, ellos son el pueblo de muchos libros.
Todos los libros científicos útiles que ustedes tienen hoy son de ellos, son el fruto del pensamiento libre y creativo.
1
¿Con qué derecho los llaman "aquellos que han provocado la ira de Alá" O "aquellos que se han apartado del camino"?
¿Y luego viene aquí y dice que su religión le ordena abstenerse de ofender las creencias de otros?
Yo no soy cristiana, musulmana o judía. Yo soy un ser humano seglar. No creo en lo sobrenatural, pero respeto el derecho de otros a creer en eso.
Imán: -¿Eres hereje?
Wafa Sultan: Usted puede decir lo que quiera. Soy una mujer seglar que no cree en lo sobrenatural...
Imán: -Si eres una hereje no tiene caso refutar lo que dices ya que has blasfemado contra el Islam, El Profeta y el Coram...
Wafa Sultan: Esos son asuntos personales que a usted no le conciernen. Hermano, usted puede creer en las piedras mientras no me las arroje a mí. Usted es libre de adorar lo que quiera, pero las creencias de otras personas no son asunto suyo, ya sea que crean que el Mesías es Dios, hijo de María, o que Satanás es Dios, hijo de María. Dejemos que la gente tenga sus creencias.
Los judíos han sobrevivido la tragedia del Holocausto, y han obligado al mundo a respetarlos, con sus conocimientos no con el terror, con su trabajo, no con gritos y lamentos.
La humanidad le debe la mayoría de los descubrimientos y la ciencia del siglo XIX y XX a científicos judíos, 15 millones de personas diseminados por el mundo y unidos, y se ganaron sus derechos a través del trabajo y del conocimiento.
No hemos visto a un solo judío explotar en un restaurante alemán, no hemos visto a un solo judío destruyendo una iglesia. No hemos visto a un solo judío protestar matando gente.
Los musulmanes han convertido 3 estatuas de Buda en escombros. No hemos visto a un solo budista incendiando una mezquita, asesinando a un musulmán, o quemando una embajada.
Sólo los musulmanes defienden su fe incendiando iglesias, matando gente y destruyendo embajadas. Ese camino no conducirá a ningún resultado.
Los musulmanes deben preguntarse qué pueden hacer por la humanidad, antes que exigirle a la humanidad que los respeten.
BERLUSCONI : QUEN LLO ÍA DICIR!
Queixámonos as feministas do escaso uso das leis que nos defenden. Se a Lei de Igualdade e de Violencia fosen cumpridas, a situación da poboación “rosa” (Berlusconi dixit) sería mellor.
As leis son de grande utilidade. É o caso de Berlusconi. Este personaxe, que sería rocambolesco, de non ser un corrupto, un puteiro e un machista trasnoitado, modifica as leis para que non poidan condenalo por delictos de índole económica.
Parece que non lle vai ser posible cambiar o delicto de abuso de poder e prostitución de menores polo que tres maxistradas o van levar ao tribunal. Tres xuízas “rosa”, tres mulleres nas que se verá obrigado a ver moito máis que sexo, poden conseguir condenalo. Non se presentou ao xuízo, pero terá que facelo.
Quen llo ía dicir? As leis prohíbenlle abusar, como estaba afeito, das menores nas súas festas lascivas. Como se atreven?, pregúntase a antítese de Cabalieri. Como é posible que o vaian xulgar uns corpos, unhas seres inferiores, que non teñen palabra, nas que ninguén acredita? Unha ofensa. Nin nos peores soños puido imaxinalo.
Isto é posible porque existen, tamén en Italia, unhas leis que protexen as menores. Aquí temos a Lei de Igualdade e contra a Violencia de xénero, que, en Galicia, en lugar de cumprilas e respectalas, ignóranas e saltan por riba propoñendo A Lei de Familia, contraria ás que están vixentes, que pretende recluír as mulleres no sexo e poñernos a parir como fixo Franco. Daquela conviña recuperar os homes que morreran na guerra. Hoxe cómpre solucionar o problema demográfico en Galicia. Dándolle estatuto de persoa ao embrión, impulsan os embarazos e dificultan que as mulleres decidan, confabulados coas monxas e institucións relixiosas. Ou sexa que tamén temos un Berlusconi anulando leis na Xunta de Galicia. Se Berlusconi trata a menores como adultas, aquí queren tratar o embrión como persoa e ás mulleres como útero onde albergalo.
A REVOLUCIÓN DÓ S.XXI: OS PAÍSES ÁRABES
Sei, e a historia mo confirma, que o avance da humanidade non se detén. Nos últimos séculos o progreso é máis rápido e máis intenso. Desde que na Ilustración substituíron a Deus pola razón, a humanidade baixou os ollos do ceo á terra, e colleu as rendas da existencia afastada de destinos divinos.
A ciencia comezou a dar as respostas e no s.XIX, axudados pola técnica, inseparable, produciron os inventos que ían modificar e mellorar a vida e o benestar das persoas. O motor conseguirá a Revolución Industrial, acabará co Antigo Réxime, e a velocidade será o impulso fundamental, tamén do século vindeiro, para acelerar, non só os vehículos, senón as mentes.
Con ese estímulo no s.XX, produciuse a Revolución da Información, e o mundo fíxose Internacional como desexaba a Esquerda que cantaba emocionada “Viva a Internacional”. A información no momento real recibe o nome de Globalización. O mundo enteiro pode estar informado no momento no que suceden os acontecementos. As mentes do mundo enteiro coñecen o mesmo a través dos medios de comunicación, especialmente a TV e Internet. Estar informado é ser libre.
Estaba agardando os froitos deste magnífico poder. E chegou. Non esperaba que fosen os países árabes, eses homes que sempre nolos mostran prostrados ante Alá, os que fosen dar a badalada no s.XXI.
Que emoción ver as mulleres e homes de Tunes, de Exipto, de Libia, de Marrocos, de Siria etcétera iniciar unha revolución popular e democrática, que vai continuar como un regueiro de pólvora polos países árabes. Mentres nós loitamos por mellorar o nosos sistema e as nosas leis eles descobren a democracia e queren dereitos humanos para vivir. As mulleres sacarán o velo de seu como as paisanas galegas o pano negro. De momento saíron á rúa un millón de exipcias o 8 de marzo, así como noutros países.
Convócanse por Facebook, demostrando que Internet é un arma revolucionaria actual. Serve para informarse e mobilizarse. Haberá os seus máis e os seus menos, na súa ascendencia, como é normal. Xa nos sorprenderon, alegraron e avivaron a esperanza no 2011 do s. XXI. Isto lévanos a aspirar a que a Revolución do s.XXI sexa a de Democracia.
María Xosé Queizán
LIBIA
En Tunes a revolución puido ser de xasmíns, como en Portugal de cravos; en Exipto, co propio esforzo, o pobo foi quen de expulsar a Mubarak. Cando é así, todo o, chamado, mundo occidental queda feliz. Pero nen todas as policías e os exércitos son tan humanitarios, nin os dictadores son iguais. A outros pobos, como o libio, estalle resultando máis difícil a liberación do déspota que os domina. Gadafi é un dictador cruel e megalómano, un tirano afeito a obediencia do pobo grazas á súa corte de perversos adictos e familiares e un exército obediente. Non dubida en organizar unha guerra civil e masacrar ao seu pobo coa aviación e uns tanques dos que o pobo carece. O seu trunfo está asegurado. El mesmo comparouse con Franco.
Ante este abuso e aniquilación popular, a ONU, despois de moitas deliberacións, de deixar pasa un tempo precioso para salvar vidas libias, por fin tomou a decisión de intervir cos seus avións, sen pisar terra, como quería o pobo revolucionario que botou lumes e saudou ao momento a resolución da ONU. Acabar co material de guerra de Gadafi suporá igualar ao pobo na súa forza para que consiga enfrentarse ao cruel dictador.
Esta decisión humanitaria da ONU, está sendo confundida por Esquerda Unida e outros organismos do máis esquerdoso como unha guerra, comparable á de Irak, por mor do petróleo libio. Un gran erro desde o meu punto de vista que me leva a pensar en mentes dominadas polos dogmas, polo odio aos ianquis, que sabéndoo a penas se queren participar, pola desconfianza das accións occidentais. Sospeitan que van polo petróleo. Non conciben que poidan existir accións humanitarias e que vaian a axudar ao pobo libio.
Gadafi comparouse a Franco. Cando o fascismo, apoiado pola Igrexa e polas forzas fascistas alemanas e italianas, se alzou en España contra o pobo republicano e laico, no ano 36 e aínda no 37, as republicanas pediron axuda ao Frente Popular francés, dirixido polo socialista Leon Blum. Negaron a axuda e incluso pecharon as fronteiras co que a República non puido recibir armamento. Foi sempre considerada unha traizón. Pediron despois axuda á Sociedade de Nacións e faltoulle tempo para dictar unha lei de Non Intervención nos asuntos internos dos países. Deixaron aos republicanos na estacada. O resultado, como laiamos, foi un millón de mortos e unha dictadura que durou preto de 40 anos, até a morte do dictador.
A nosa historia debería facer reconsiderar aos que están en contra da intervención da ONU en Libia. A resolución da ONU, ademais crea un precedente. Cando un dictador dirixa as súas armas e poder contra o propio pobo, as Nacións Unidas vai impedilo. Ou sexa, que o abandono do pobo español ao levantamento e posterior masacre fascista de Franco, no mundo actual xa non sería posible, Mágoa que haxa xente, que se considera de esquerdas que, en lugar de celebrar estes logros do avance humanitario, só saiba ver maldade e cobiza en todas as accións. Pensa mal e acertarás é unha frase abominable.
Repasade a historia. Houbo e aínda haberá moita matanza pero ímonos humanizando. Só o optimismo é de esquerdas
Agardo que o pobo libio consiga vencer a Gadafi, que teña a serenidade de non matalo para poder facerlle o xuízo que merece e necesitamos.
María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
Onte, 8 de marzo congratulábame das revolucións que se están levando a cabo en certos países árabes, e o que isto ía repercutir na vida das mulleres. Hoxe leo no xornal que numerosas mulleres saíron á rúa para celebrar o Día Internacional da Muller, reclamando igualdade e paridade á hora de constituír as novas democracias. Non son vidente, trátase de resultados racionais.
En Túnez, en poucos días, xa prepararon un programa de apoio ás mulleres no futuro democrático, que conta cunha ministra para Muller e a Familia, Lilia Labidi. O seu ministerio prepara iniciativas para que a futura Constitución democrática sexa “igualitaria no que respecta á política de xénero”
En O Cairo, centenares de mulleres concentráronse na praza Tahrir, que aínda hai pouco que levantaron as tendas de campaña onde durmían @s revolucionari@s que se negaban a abandonala mentres non deixara o poder o dictador Hosni Mubarak. Onte, 8 de marzo, mulleres e homes concentráronse para participar na marcha dun millón de mulleres co fin de reclamar a igualdade de dereitos entre ambos os xéneros. Quen nolo diría hai ben pouco!
Nun comunicado lembraron que durante a revolución, as mulleres fixeron escudos humanos, formaron parte dos comités de defensa dos barrios e se enfrentaron aos matóns de Mubarak. Están xa previdas, polas experiencias femininas noutras revolucións, que despois do seu esforzo e heroísmo, mándanas para casa e non lles permiten compartir o poder. Oxalá, e nunca mellor usada a palabra árabe, que elas sexan máis arteiras e impidan que iso ocorra.
E Estambul, tamén centos de mulleres se manifestaron para reivindicar máis dereitos sociais e laborais e denunciar a violencia machista. Igual que aquí, coa diferencia de que alí son moitas máis as mulleres asasinadas. No sur do país, informan, con estructuras aínda feudais, son as propias mulleres as obrigadas a suicidarse para limpar o honor familiar.
En Arxel, o día da Muller foi celebrado non só polas parlamentarias e representantes públicas, senón que as mulleres saíron en masa ás rúas e invadiron os cafés, as pizzerías, os lugares públicos para celebralo e reunirse entre elas.
Se onte, 8 de marzo, as viguesas nos laiábamos de certos retrocesos ocasionados pola crise e polo goberno do noso país, hoxe celebramos con alegría o movemento das mulleres nos países árabes. O Feminismo está de festa.
Nós, e as activistas que nos precederon na historia, son a causa e o modelo para estas que se incorporan. Somos o modelo porque vivimos nunha sociedade global, na sociedade da información, no tempo de internet. Os nosos adiantos son o espello no que se ven. Por iso é previsible que a súa revolución leve a velocidade do s.XXI. Convocáronse por Facebook. Podemos concluír que estar informadas é ser libres.
Vigo 9 de marzo de 2011
REVOLUCIÓN NOS PAÍSES ÁRABES
MXQ
Ninguén o esperaba. Quen pensou hai so uns días que a masa da poboación en países como Túnez, Exipto... e os que virán, ían saír á rúa para reclamar democracia? Como sempre resulta que os pobos non poden ser identificados cos gobernos que manteñen, cando se trata de dictaduras. Que non todos os musulmáns son islamistas radicais adoradores de Mahoma, que dentro das dictaduras- sempre me acordarei da franquista que me tocou vivir- non todas as persoas son adictas ao réxime.
Máis nos asombra a disposición do exército de poñerse do bando popular en lugar de obedecer as ordes do dictador que sumiría o país nun baño de sangue. Podían pór cravos no fusil como os portugueses
Que fixeran as democracias dos países occidentais ou norteamericanos? Calar. Non cuestionarse os sistemas opresores mentres puidesen tirar algunha prebenda e durmir tranquilos. Agora, algúns din satisfacerse da chegada da democracia, pero non moveron un dedo. Outros preferirían que nada cambiase. Argumentan, para desculparse, que o islamismo máis escurantista pode facerse co poder. Recórdame os argumentos que esgrimiron para coutar a lei, proposta por Clara Campoamor nas Cortes republicanas, que lle daría o voto ás mulleres.
Para ser demócrata hai que camiñar dentro da democracia. Que millóns de persoas saian á rúa para reivindicala é a mellor noticia do novo ano. Iso xa non ten volta atrás. Tardaremos en ver as mulleres sen velos e túnicas, porque os prexuízos patriarcais son os últimos que se logran vencer. Nestes lares, despois de termos unha Constitución democrática, tardamos anos en conseguir unha lei de Igualdade, que aínda non e efectiva na práctica. Non levamos velo pero os velatorios non cesan. Sete no primeiro mes do 2011.
Ao mellor conseguen os cambios antes do que pensamos. Teñen exemplos. Navegar por internet impulsa as mentes á liberación. Oxalá!
O CASO JULIEN ASSANGE
María Xosé Queizán
Este periodista, fundador de Wikileaks, que acaba de revolucionar os media con milleiros de documentos confidenciais do Departamento de Estado dos EE.UU., paralelamente é requirido pola Xustiza sueca con cargos de violencia sexual. A coincidencia fai pensar (sobre todo a aqueles a quen os delictos supostamente cometidos en Suecia parécenlle anecdóticos e de escasa importancia), que son falsos e pretenden apagar a imaxe do heroe actual a quen a revista Rolling Stone lle dedica o Star do ano.
Coinciden dous aspectos: a defensa da liberdade de expresión, coa que coincidimos plenamente. E a defensa da liberdade sexual e persoal das mulleres. Nesta última non todos coinciden. A proba é que lle sobran valedores que pagaron a fianza para saír da cadea en Londres, a pesar de que a Fiscala sueca, dado que o australiano viaxa moito, consideraba que hai alto risco de fuxida. Magnates, millonarias, directores de cine, e até un premio Nobel, xuntaron facilmente os 286.000 euros de fianza.
Que sexa un gran periodista, igual que Polanski é un gran director de cine, non é ningún obstáculo para que cometan delictos coas mulleres, e no caso do director, con menores. Se sabemos que pasa nas mellores familias!
O pobre Assange, como pasou con Polanski, vai pasar o Nadal “recluído” nunha impoñente mansión, rodeado dun inmenso bosque. Iso si, terá que presentarse ás seis da tarde cada día na comisaría máis próxima.
Só é un presunto delincuente sexual. Agora ben, se non houbese unha causa razoada para imputalo, parece difícil que fose ingresado na cadea e que agora estea en liberdade vixiada. Por certo que o avogado que conseguiu sacalo dixo con fachenda: “non vai regresar nunca á cela dunha cadea victoriana que foi ocupada no seu día por Oscar Wilde”! Aquí véselle o plumeiro. Wilde foi encerrado por homosexual e non por violador.
Un acusado de violación pode saír da cadea como unha Star.
Defensa dos dereitos humanos
María Xosé Queizán, FIGA
Vemos estes días os novos anuncios nos xornais galegos:
María, ladra, roubo como unha profesional. Garántolle o pracer de mil euriños no peto do seu pantalón.
Se ten un “amigo” que lle debe cartos, non dubide en chamarme. Dou as mellores pancadas do mundo por un módico prezo.
Son cachonda e seductora. Por 50 euros métolle os dedos nos ollos ao seu xefe. Ascenso confirmado.
Sei que os pringados que andan a pedir e dormen nos portais moléstanche tanto coma a min. Mátoos con xiringa mentres dormen por 30 euros.
Odio ás putas. Se sentes o mesmo, únete. Se tes morbo, nolas beneficiamos antes de darlle o seu merecido.
Promoción de Nadal. Por 20 euros, 5 negros churrascados na propia manta.
Se abominas destes anuncios por qué permites que ata o alumnado dos centros escolares, teña que ler os vergonzosos anuncios que denigran as mulleres nos seus taboleiros, ofrecendo por poucos euros, non só o corpo, senón os servicios máis noxentos aos homes.
Aquí algún exemplo real:
A lei do mercado. Un mercado que o vindeiro ano, se nolo propoñemos, ten que desaparecer.
Nos anuncios anteriores, os que pagaran, eran persoas abominables.
Nos da prostitución tamén.
Defendamos os dereitos humanos. O mellor desexo para o Aninovo.
.............................................
Orde de afastamento
MBC, FIGA
Quen cre na efectividade desa orde? Os feitos indican que unha pena tan ridícula como afastar ao delincuente o único que conduce é a intensificar o instinto brutal do individuo, non a castigalo como merece.
Hoxe, 7 de decembro véspera do XXXII cabodano da chegada da democracia ao Estado, tendo como data emblemática a aprobación da Constitución, recíbese a noticia dunha nova asasinada por violencia machista. E suman máis de 67 este ano, segundo as cifras oficiais, sempre inferiores ás reais.
O individuo é novamente unha ex parella da víctima, ao que se lle interpuxo unha “orde de afastamento”, debido as denuncias da muller.
Polas cifras aportadas, só pesaba sobre once dos asasinos esa orde. Sen embargo, as once mortas habían de conformarse con esa vergoñenta medida para manterse a salvo dos seus asasinos.
Non sei con que convencemento pero, aínda así, alentamos a denuncia porque é o único xeito legal de que a xustiza faga o seu traballo.