Translate

26 jul 2012

Carta @s Señores Fetistas con poder



"O aborto por malformacion do feto non será legal"
A.Ruiz Gallardon--Ministro de ¿Xustiza?.

Señores Fetistas con poder:
Se queren voltar a un estado embrionario no campo dos dereitos e libertades da cidadania, teñen vostedes todo o dereito e libertade para facelo. Pero non nos obriguen, neste caso ás mulleres a voltar a épocas de oscurantismo,"pecado mortal",morte,inferioridade, mal vivir...á irracionalidade en definitiva.
Tiñamos unha Lei do Aborto que nos custou moito conseguir e ata pode que conquerir nalguns casos. Podería ser mellorada como tudo nesta vida.ler toda a carta


24 jul 2012

Mateino porque era teu


Vaise recoñecendo que a violencia de xénero revela os máis escuros instintos da especie humana, ata o punto de que ningunha persoa decente se atrevería a desculpala, polo menos, en abstracto. Pero pode suceder que ata persoas decentes e seres sensibles se paren a indagar o motivo real para bater, violar ou asasinar ás mulleres ou fill@s.

Tamén decentes se consideran os creativos que deseñan camisetas para a xuventude con frases como “...una hostia a tiempo te pone a andar”, o produto -polo visto, moi exitoso- dunha tenda de prendas “progres e cachondas” ler todo o artigo

.

23 jul 2012

DECLARACIÓN DE FIGA

Non existen palabras para definir o furor que nos provoca a pretensión de Gallardón, influído por Rouco Varela e toda a Conferencia Episcopal, de suprimir o suposto legal da “malformación do feto” para poder interromper o embarazo.
 A idea é aberrante:
Desde o punto de vista ético: é inhumano traer ao mundo seres subnormais, tarados ou deformes, condenados á minusvalía, á soidade, ao sufrimento, á diferencia ou a unha vida vexetativa. En definitiva, ao infortunio.
Desde o punto de vista socio-económico: Son unha carga social e un lastre económico. O seu adestramento é máis caro e non vai repercutir na produción e contribución á sociedade. Nunca serán persoas autónomas.
Desde o punto de vista feminista supón un retroceso nos dereitos conseguidos nos últimos anos. Tamén unha ofensa como persoas. O Goberno pretende suprimirnos toda capacidade humana de decisión para relegarnos a úteros que deben albergar seres desgraciados que amargarán a vida das nais obrigadas a parilos e crialos, sempre, porque nunca se emanciparán.
        Estaremos pendentes, non só das reaccións, senón das accións políticas e legais dos partidos e sindicatos ao respecto.
        FIGA