Coidadoras
Onte celebrábase o día
internacional das persoas discapacitadas e, simultaneamente recibimos
a seguinte machetada do goberno Rajoy. Este mes (xa hai que ser
fodidos), deixa de pagarse a cotización das persoas coidadoras, non
profesionais, man de obra barata (98% mulleres, segundo o IGE,
Instituto Galego de Estatística) que podía aliviar a durísima
tarefa de facerse cargo dunha persoa dependente. O custe era elevado,
ao parecer, preto de 300 millóns de euros -iso está por ver- pero
aínda así resulta unha miseria comparado cos pagos a fondo perdido
regalados as entidades financieiras que non conceden un fodido
crédito para as “familias”, as pemes e @s autónom@s.
A pastasmal Lei de
dependencia paseouse polas portadas dos xornais e os Boes pero sen
achegarse a resolver o esencial do problema social de centos de miles
de fogares.
Na Galiza calcúlanse
uns 120.000 dependentes (datos de 2011). As
cifras oficiais xa sabemos que cómpre multiplicalas por dúas, en
calquera caso a cargo desas persoas encóntranse unhas 119.000
mulleres, e uns 1000 homes, que non estaban no paro porque moit@s
delas, polo menos, cotizaban á SS.
Tirando
de cifras estatais de hoxe mesmo, resulta que das 205.678
persoas que deixaron de cotizar á Seguridade Social en novembro,
85.233 son coidador@s familiares d@s dependentes.
Imaxinen
a situación: @s xubilad@s sen a suba prometida do IPC, as coidadoras
sen SS, moit@s delas tiveron previamente que renunciar ao seu posto
de traballo, para dedicarse á persoa dependente. Non poden regresar
ao mundo laboral por razóns obvias, non hai ofertas e de habelas,
non benefeciarían a persoas adultas, a franxa de idade máis
numerosa de coidadoras oscila entre os 40 e os 65 anos.
As
amas de casa son coidadoras a tempo completo, durante moitos anos ou
toda a vida, como a xeración que me precedeu.
Esa
caridade de paga para mantelas atadas ao fogar, esa merda de
cotización, ou aquel salario da liberdade, que non cubre nin o 10%
das horas que invertimos n@s
demais; é inaceptable. Este desprezo soberano sobre as nosas vidas
deberíanos levar a cuestionar moi seriamente (estou pensando nas
xeracións futuras, claro está) qué estamos dispostas a hipotecar
para que o sistema patriarcal siga estragando os nosos recursos
físicos e intelectuais.
Espero
que a miña sexa a última xeración gaseada por este sistema vil e
despiadado.
Mónica B.C
Mónica B.C