Manifesto do Consello Municipal da
muller de Vigo*
Opoñémonos á irresponsable
modificación da lei do aborto proxectada polo Ministro de Xustiza,
como unha nova inxerencia nas nosas liberdades individuais. Acusámolo
de priorizar o dereito do disparate científico do “concibido non
nacido” por riba da saúde das mulleres.
A limitación do suposto de
malformación implica unha condena tamén contra o potencial ser
humano condenado á marxinalidade e o sufrimento.
Criminalizar ás mulleres polo feito de
interromper o embarazo neste suposto, supón unha forma máis de
violencia.
Consideramos que restrinxir o dereito
de elección sobre un feito de tanta relevancia humana como social,
como é a maternidade, non pode depender do dogma dun individuo e dun
goberno, que paradoxalmente recorta en sanidade, dependencia e
servizos sociais, como constatamos nos últimos tempos.
A reforma proposta polo Ministro de
Xustiza equipara a lexislación española á normativa máis atrasada
de Europa, como é a de Irlanda ou Malta.
Calquera modificación da lei vixente
que permite o dereito a interrupción voluntaria do embarazo supón
non só un atranco á nosa liberdade persoal senón un atentado
contra a igualdade nos dereitos das mulleres.
Polo noso dereito a decidir, pola nosa
igualdade, pola nosa saúde, non á modificación da Lei de aborto.
*Aprobado por todos os grupos agás PP e
Mulleres en Igualdade.CMM.
Vigo. 15 de maio, 2013
Vigo. 15 de maio, 2013
O Consello aproba a entrada do CMM na Plataforma Galega polo dereito ao aborto
Reportaxe gráfica da Plataforma Galega polo dereito ao aborto; actos en Compostela e Vigo, 28 de maio, 2013