Translate

11 ene 2013

Amanat, Malala e a revolución pendente

Amanat, Malala e a revolución pendente
por Mónica Bar

Malala saíndo da clínica londinense onde foi atendida
O día 7 comezou o xuízo contra eses energúmenos. Sucedeu en Nova Delhi, seis homes, cinco adultos e un menor, violan sen piedade, ata no estado de inconsciencia, a unha estudante de medicina indú de 23 anos. Golpános a ela e ao seu acompañante con barras de ferro e despois de lle arrancarlle os intestinos, bótannos aos dous á rúa, espid@s, onde permanecerán media hora pedindo auxilio sen que ninguén lles bote conta. As imaxes foron captadas polas cámaras de vixilancia dun hotel, fronte o que detiveron o autocar. O asasinato foi premeditado polas 6 bestas e comandado polo chofer do autobús escolar.
Podemos pensar con alivio, “que lonxe estamos desa barbarie”; porque segundo as estatísticas, na India violan a 70 rapazas diariamente, aproximadamente unha cada 20 minutos; e só o 25 por cento dos imputados resulta condenado. Claro que a India ten 1200 millóns de habitantes, case o dobre que a poboación total de Europa.
En Pakistán, recordemos o atentado contra Malala Yusufzai (15 anos), como comenta Yashmina Shawki nun artigo (“¿Qué pasa en Pakistán?”, LvdG, 8/I) os Talibáns ademais de plantear graves problemas de seguridade nas provincias da raia con Afganistán, están propiciando un abafante clima de violencia contra as mulleres, do que son exemplo as violacións e a súa oposición á escolarización das nenas.
Noutros países de Oriente, as violacións colectivas son un arma disuasoria contra as mulleres que acceden a vida pública. Hai uns días recordaba as denuncias dunhas periodistas no Cairo que narraban a sensación de sentirse acurraladas en plena manifestación na Praza Tahrir, á vista de todo o mundo; ou diante das cámaras, por unha horda de lobos bípedos contra os que nada puideron facer. Actúan á luz do día; son depredadores doctos nese tipo de caza e actúan impunemente co beneplácito do sistema.
As mesmas actitudes depredadoras vémolas pola rúa a cotío, ao mellor non tan sórdidas, pensamos, alí son como alimañas. Tal vez entre esas violacións e a da rúa Coruña, en Vigo (por non ir máis lonxe) este fin de ano, radica en que a muller foi asistida a tempo pola Policía.
Pero non hai cámaras que graben os ataques no ámbito privado, nin micrófonos que recollan as ameazas das que son obxecto as mulleres na gaiola doméstica.
Como tampouco houbo vixilancia nas casas das 53 mulleres (e 6 criaturas) asasinadas polos seus homes. Ninguén, inclúo a veciñanza, acudiu a chamada desas discusións violentas porque “iso non vai con nós”. Mentres non tomemos conciencia colectivamente desta tortura socialmente aceptada, isto non se soluciona.
O positivo, @s indignad@s da India. A violencia salguinaria dos delincuentes, a neglixencia da policía e a pasividade dos gobernantes sublevaron as masas. Incluso unha asociación de avogad@s pareceulles inmoral defender aos delincuentes; non coñezo esa obxeción de conciencia no noso territorio. Tampouco temos antecedentes de que a violación dunha rapaza se convirta nun asunto de estado; nin das enormes, masivas manifestacións de protesta esixindo cambios na lexislación que permitan un castigo exemplar para esa violencia contra as mulleres. Porque a verdadeira revolución terá que comezar polo fundamental e imprescindible: unha revolución sexual, algo tamén pendente tamén por estes pagos.ler máis