Translate

27 dic. 2010

Desexos para o novo ano (frívolos) ou non tanto...

Para que no novo ano existan cueiros para a incontinencia masculina e as cremas dos homes non só reforcen a súa enerxía senon que tamén restauren os "síntomas de envellecemento e flacidez".
Ai, que mundiño este...

18 dic. 2010

O CASO JULIEN ASSANGE

O CASO JULIEN ASSANGE
María Xosé Queizán

Este periodista, fundador de Wikileaks, que acaba de revolucionar os media con milleiros de documentos confidenciais do Departamento de Estado dos EE.UU., paralelamente é requirido pola Xustiza sueca con cargos de violencia sexual. A coincidencia fai pensar (sobre todo a aqueles a quen os delictos supostamente cometidos en Suecia parécenlle anecdóticos e de escasa importancia), que son falsos e pretenden apagar a imaxe do heroe actual a quen a revista Rolling Stone lle dedica o Star do ano.

14 dic. 2010

DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS


Vemos estes días os novos anuncios nos xornais galegos:

María, ladra, roubo como unha profesional. Garántolle o pracer de mil euriños no peto do seu pantalón.
Se ten un “amigo” que lle debe cartos, non dubide en chamarme. Dou as mellores pancadas do mundo por un módico prezo.

Aquí algún exemplo real:

7 dic. 2010

Orde de afastamento


Quen cre na efectividade desa orde? Os feitos indican que unha pena tan ridícula como afastar ao delincuente o único que conduce é a intensificar o instinto brutal do individuo, non a castigalo como merece.

5 dic. 2010

Comezamos ben...
Blogue sen controlador@s, desculpen a desinformación; así que cheguemos a un acordo sobre as horas extras dedicadas ao feminismo e a loitar pola democracia desde o ano 1975, reanudaremos a nosa tarefa.
(Brincadeira das editoras, claro está)

Tamén permaneceremos a espera de novas nos seguintes espazos: Festa da palabra silenciada e Strómboli.

Non se esqueza de votar na nosa enquisa do mes; a súa participación representa un estímulo para nós.

Cando arranxemos o asunto pecuniario (hahahahaha) abordaremos novas seccións e debates nos que precisaremos a súa a colaboración.

Grazas por continuar alerta.


Feministas Independentes Galegas, FIGA


E, antes de despedir esta acelerada entrada, unha homenaxe ao humor inxenuo das nosas antecesoras, a AGM.