Translate

5 dic 2010

Comezamos ben...
Blogue sen controlador@s, desculpen a desinformación; así que cheguemos a un acordo sobre as horas extras dedicadas ao feminismo e a loitar pola democracia desde o ano 1975, reanudaremos a nosa tarefa.
(Brincadeira das editoras, claro está)

Tamén permaneceremos a espera de novas nos seguintes espazos: Festa da palabra silenciada e Strómboli.

Non se esqueza de votar na nosa enquisa do mes; a súa participación representa un estímulo para nós.

Cando arranxemos o asunto pecuniario (hahahahaha) abordaremos novas seccións e debates nos que precisaremos a súa a colaboración.

Grazas por continuar alerta.


Feministas Independentes Galegas, FIGA


E, antes de despedir esta acelerada entrada, unha homenaxe ao humor inxenuo das nosas antecesoras, a AGM.



1 comentario: