Translate

30 jul 2012

AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS


AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS

Nun momento de tribulación para as mulleres galegas, e españolas en xeral, nos que o Goberno do PP quere facernos retroceder legalmente a tempos do pasado, retirando os progresos conseguidos, temos a alegría de constatar o avance global das mulleres, do que os nosos adiantos e melloras foron un aliciente.
Refírome aos Xogos Olímpicos de Londres, nos que se constata a gran evolución das deportistas. Constatamos que as mulleres son o 46% do total. Moitas máis que en Pequín. Por Primeira vez, nos EEUU hai máis deportistas mulleres que homes. Tamén supón un gran logro que por primeira vez acudan mulleres de países musulmáns, como Qatar, Túnez ou Arabia Saudita, onde se agarda que unha delas actúe sen yihad. As relacións diplomáticas tiveron moito que ver nesta incorporación feminina, co que se demostra que o deporte ten un valor democratizador. Foron tamén moitas as mulleres que tiveron a honra de portar a bandeira dos respectivos países.
Desde o punto de vista racista, aínda que @s atletas negr@s xa son moi considerados deportivamente, puidemos ver como de países negros, levaban a bandeira unha loura e un louro. Son detalles que din moito das actitudes democráticas globais.
Espero que dure pouco este goberno cavernícola, fundamentalista e machista en España. Sería surrealista que aínda lle fósemos pedir axuda ás musulmanas!!!

María Xosé Queizán

Por obra e graza do ES


Cando escoitamos falar de “desproteción do concibido”, non parece que nos encontremos ante un Ministro dun Estado aconfesional e moderno senón ante un pastor ortodoxo inspirado pola Musa da Conferencia Episcopal. Gallardón agarda preservar os dereitos do concibido permitindo que ést@ naza con taras e malformacións. Un suposto evitou 16133 nacementos crueis entre 2005 e 2010.
Concibido por quen? Por obra e graza do espírito Santo? Esa cruzada da protección ao feto volve ser directamente proporcional ao sometemento das mulleres. De que ética e de que xustiza fala Gallardón cando quere obrigar a vivir a un ser que nunca gozará do seu desenvolvemento autónomo?
Recentemente lin unha carta no xornal El País dun relevante neurólogo que explicaba as tremendas dores que padece desde o seu nacemento unha criatura con malformacións como a espiña bífida, algo máis corrente do que pensamos.
Nin sequera desde o naturalismo máis extremo se explica a idea do ministro. Ata os animais domésticos resolven os erros da natureza desfacéndose das crías malformadas. ler todo o artigo
.