AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS
Nun momento de tribulación para as mulleres galegas, e españolas en xeral, nos que o Goberno do PP quere facernos retroceder legalmente a tempos do pasado, retirando os progresos conseguidos, temos a alegría de constatar o avance global das mulleres, do que os nosos adiantos e melloras foron un aliciente.
Refírome aos Xogos Olímpicos de Londres, nos que se constata a gran evolución das deportistas. Constatamos que as mulleres son o 46% do total. Moitas máis que en Pequín. Por Primeira vez, nos EEUU hai máis deportistas mulleres que homes. Tamén supón un gran logro que por primeira vez acudan mulleres de países musulmáns, como Qatar, Túnez ou Arabia Saudita, onde se agarda que unha delas actúe sen yihad. As relacións diplomáticas tiveron moito que ver nesta incorporación feminina, co que se demostra que o deporte ten un valor democratizador. Foron tamén moitas as mulleres que tiveron a honra de portar a bandeira dos respectivos países.
Desde o punto de vista racista, aínda que @s atletas negr@s xa son moi considerados deportivamente, puidemos ver como de países negros, levaban a bandeira unha loura e un louro. Son detalles que din moito das actitudes democráticas globais.
Espero que dure pouco este goberno cavernícola, fundamentalista e machista en España. Sería surrealista que aínda lle fósemos pedir axuda ás musulmanas!!!
María Xosé Queizán
No hay comentarios:
Publicar un comentario