8 de marzo, 100 anos despois da súa declaración universal
Pleno municipal do 8 de marzo do Concello de Vigo, con participación de membras do Consello Municipal da Muller, Concelleiras e ex Concelleiras:
- Luisa Ocampo (MNG), o feminismo é a nosa política anti patriarcal e antineoliberal. ler texto completo
- Rosa Fontaíña (Rede de mulleres contra os malos tratos), as mulleres seguen a estar desprotexidas ante as institucións e ante a xustiza real. ler texto completo
- María Xosé Queizán (FIGA), a cultura para as mulleres e o veneno, un veneno que nos e nos oprime a través das mensaxes degradantes da publicidade e dos Media. ler texto completo
- Iolanda Veloso (Concelleira de Igualdade, BNG), estamos dispostas, como mulleres políticas, a asumir os nosos compromisos para cambiar a situación de inferioridade das mulleres.
- Lucía Molares (PP), considérome feminista e agradezo o aprendido nos anos de concelleira grazas a feministas como María Xosé Queizán e as demais aquí presentes.
- Laura López recoñeceu que as leis do do PSOE en materia de Igualdade e Violencia de Xénero vense mermadas no seu efecto na súa execución
Noutras intervencións dirixíronse as denuncias en ámbitos sociais concretos: Aurea González, de Dorna, manifestou o seu descontento sobre o difícil papel das avoas sobre as que recaen, a falta de garderías, a atención d@s net@s. Unha representante das vocalías da muller recalcou a dobre precariedade que viven as mulleres traballadoras nestes momentos de crise.
http://www.europapress.es/galicia/noticia-consello-municipal-da-muller-vigo-critica-pervivencia-desigualdad-perpetua-precariedad-20110308110044.html