Amanat, Malala e a revolución
pendente
por Mónica Bar
Malala saíndo da clínica londinense onde foi atendida |
O día 7 comezou o xuízo contra eses
energúmenos. Sucedeu en Nova Delhi, seis homes, cinco adultos e un
menor, violan sen piedade, ata no estado de inconsciencia, a unha
estudante de medicina indú de 23 anos. Golpános a ela e ao seu
acompañante con barras de ferro e despois de lle arrancarlle os
intestinos, bótannos aos dous á rúa, espid@s, onde permanecerán
media hora pedindo auxilio sen que ninguén lles bote conta. As
imaxes foron captadas polas cámaras de vixilancia dun hotel, fronte
o que detiveron o autocar. O asasinato foi premeditado polas 6 bestas
e comandado polo chofer do autobús escolar.
Podemos pensar con alivio, “que lonxe
estamos desa barbarie”; porque segundo as estatísticas, na India
violan a 70 rapazas diariamente, aproximadamente unha cada 20
minutos; e só o 25 por cento dos imputados resulta condenado. Claro
que a India ten 1200 millóns de habitantes, case o dobre que a
poboación total de Europa.
En Pakistán, recordemos o atentado
contra Malala Yusufzai (15 anos),
como comenta Yashmina Shawki nun artigo (“¿Qué pasa en
Pakistán?”, LvdG, 8/I) os Talibáns ademais
de plantear graves problemas de seguridade nas provincias da raia con
Afganistán, están propiciando un abafante clima de violencia contra
as mulleres,
do
que son exemplo as violacións e a súa oposición á escolarización
das nenas.
Noutros países de Oriente, as
violacións colectivas son un arma disuasoria contra as mulleres que
acceden a vida pública. Hai uns días recordaba as denuncias dunhas
periodistas no Cairo que narraban a sensación de sentirse
acurraladas en plena manifestación na Praza Tahrir, á vista de todo
o mundo; ou diante das cámaras, por unha horda de lobos bípedos
contra os que nada puideron facer. Actúan á luz do día; son
depredadores doctos nese tipo de caza e actúan impunemente co
beneplácito do sistema.
As mesmas actitudes depredadoras
vémolas pola rúa a cotío, ao mellor non tan sórdidas, pensamos,
alí son como alimañas. Tal vez entre esas violacións e a da rúa
Coruña, en Vigo (por non ir máis lonxe) este fin de ano, radica en
que a muller foi asistida a tempo pola Policía.
Pero non hai cámaras que graben os
ataques no ámbito privado, nin micrófonos que recollan as ameazas
das que son obxecto as mulleres na gaiola doméstica.
Como tampouco houbo vixilancia nas
casas das 53 mulleres (e 6 criaturas) asasinadas polos seus homes.
Ninguén, inclúo a veciñanza, acudiu a chamada desas discusións
violentas porque “iso non vai con nós”. Mentres non tomemos
conciencia colectivamente desta tortura socialmente aceptada, isto
non se soluciona.
O positivo, @s indignad@s da India. A
violencia salguinaria dos delincuentes, a neglixencia da policía e a
pasividade dos gobernantes sublevaron as masas. Incluso unha
asociación de avogad@s pareceulles inmoral defender aos
delincuentes; non coñezo esa obxeción de conciencia no noso
territorio. Tampouco temos antecedentes de que a violación dunha
rapaza se convirta nun asunto de estado; nin das enormes, masivas
manifestacións de protesta esixindo cambios na lexislación que
permitan un castigo exemplar para esa violencia contra as mulleres.
Porque a verdadeira revolución terá que comezar polo fundamental e
imprescindible: unha revolución sexual, algo tamén pendente tamén
por estes pagos.ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario