A CARGA DOS MAMELUCOS
A carga dos mamelucos perante o Congreso durante a concentración do 25-S costounos 300.000 euros, segundo a axencia EFE. A actuación policial, de estado de sitio, invadiu lugares privados, tratando @s manifestantes como delincuentes. Menos mal que da Audiencia Nacional saíu unha sentencia tan didáctica como perspicaz que puxo @s autores do lance no seu sitio.
As dereitas revólvense insultando e chamando á orde; pero é o papel da esquerda...? O mundo ao revés. @s de fóra (do Congreso) representan o país mentres @s de dentro, a clase política, ensaian estratexias para desbancarse entre si cos iPads e iPhones que o Parlamento lles regalou -será que non lles dá o soldo para mercalo- para estar ben conectad@s, entre eles que a wiffi non dá para máis. ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario