Translate

14 oct. 2012

VOLVE O SANTORAL



En tempos electorais, coincidindo coa chamada “crise”, os políticos andan a voltas coas cifras como tendeiros. Os números non casan coas necesidades cívicas.
Parten da escaseza sen indicar como se motivou e se mantén. Non din que os negociantes fraudulentos que esgotaron as arcas do Estado seguen enriquecidos; que mesmo se foron descubertos e condenados a prisión, nunca devolveron o furtado, e mesmo poden presentarse ás eleccións para seguir roubando con todas as da lei; que
se as persoas con alto poder económico contribuísen aos presupostos de modo equivalente á poboación asalariada, outra crise cantaría.
O fascismo sempre aproveitou as crises para suprimir dereitos e impor as ideoloxías conservadoras, valorando o privado sobre o público, non só na economía, senón na importancia da familia e da relixión.
Por Real Decreto vén de ser condecorada coa Gran Cruz da Orden do Mérito da Guarda Civil, a Virxe do Pilar, patroa do Corpo. Non dá para alucinar? Pois hai máis: Nomearon Doctor da Igrexa Universal a San Juan de Ávila, coa presencia de Rouco Varela e Cospedal e Soraya con mantilla. Volve o santoral e o nacional-catolicismo!
Quen fala da crise de valores?

12- de outubro. Malia a gran cruz, parabéns ás Pilar

MXQ

No hay comentarios:

Publicar un comentario