Odiei a palabra aborto pero repetila ata a saciedade nos anos oitenta actuaba como revulsivo contra unha sociedade empapada de beatería. Tamén a odio porque era utilizada polas dereitas para desacreditar ao feminismo.
Lémbrome dunhas concentracións feministas pola despenalización da interrupción voluntaria do embarazo en 1985. Formaban parte dunha campaña pola liberdade sexual e reprodutiva nunha praciña, xustamente perante o Congreso (como onte) mentres dentro se debatía a lei de interrupción que foi aprobada ese mesmo ano. Pero daquela non chegaban ao centenar de mulleres e este 25-S foron miles. ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario