Translate

26 jun 2012

Un impresionante documento sobre VdX

Mamá duérmete, yo vigilo


Ás vítimas directas cómpre sumarlle as vítimas silenciosas, @s menores, que reciben o maltrato en silencio e que quedarán marcadas de por vida

11 jun 2012

"Abrir unha barra americana á vella usanza”, esta foi a solución proposta por un mozo para crear emprego, á vista do resultado do referendo celebrado o domingo 3 de xuño, no seu pobo de Guijo de Galisteo (Cáceres). A cidadanía había de decidir se os 30.000 euros debían seguir destinándose aos festexos taurinos ou inverterse en crear emprego. Pese a que o municipio de Guijo de Galisteo decidiu o emprego, a paixón festeira das dúas aldeas dependentes del, Valrío e Batán, inclinou a balanza a favor dos touros, así que os rexedores decidiron que “Farían en cada pobo o desexo de cada pobo”. Ler o artigo enteiro

SUNDAY, 10 JUNE 2012

Fraude moral


Teresa Barro
Es fraude moral afirmar, como lo hizo recientemente en público la máxima dirigente de una de las grandes instituciones financieras del mundo internacional, que el sufrimiento de los griegos en estos momentos no le importa porque no se puede comparar con el de los que sufren hambre o carecen de agua en África. La táctica de ¨alejar¨ el sufrimiento ayuda a quedar bien sin hacer nada, y ayuda, sobre todo, a seguir imponiento con impunidad la pobreza y el sufrimiento que esas instituciones y otras semejantes han causado. La sustitución de un sufrimiento por otro más lejano y que nadie va a comprobar si se alivia o no, es fraudulenta e inmoral.
También es fraude moral afirmar que no hay recursos para cubrir la deuda de los países de la Unión Europea que han caído víctimas de la espoliación económica en gran escala. Dicen que no alcanza  con lo que tributan los ciudadanos, cuando los que eso afirman son los que se han enriquecido con esa deuda provocada por ellos y rara vez o nunca pagan impuestos y seguirían sin pagarlos aunque se unificase el sistema fiscal.
Y fraude moral es decir que no hay dinero para las pensiones ni para la sanidad pública cuando los que eso afirman cobran pensiones que, si se sumasen a los salarios que reciben y no recortan, cubrirían con creces la deuda de las naciones.
Junio de 2012

5 jun 2012

“DECIDIR NOS HACE LIBRES”



Ante el anuncio por parte del Gobierno del Partido Popular de reformar  la actual Ley orgánica 2/2010 de Salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, las organizaciones de mujeres abajo firmantes MANIFESTAMOS:
  • Nuestra total indignación ante el retroceso en el reconocimiento de los derechos sexuales y reproductivos de las mujeres que supondría la posible reforma de la ley.
  • Nuestra absoluta negativa a aceptar un recorte en la libertad y autonomía de las mujeres en relación a su sexualidad y a decidir sobre su maternidad. Si no podemos decidir no somos libres.
  • Nuestro desacuerdo con el fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideológico- por el que se quiere llevar a término la reforma.
  • Nuestra repulsa porque la vulneración de los derechos de las mujeres se convierta en el sello ideológico del PP.................

22 may 2012

Ateo sen compromiso, en Sermos Galiza

Ateo sen compromiso



Canto aprendín de Aba en tanto que foi a miña alumna de interpretación. Nas prácticas construía máscaras dun realismo impresionante: as máis acertadas nos modos e na linguaxe eran as da “casada-ata-as-tetas-de-todo, e as dos monseñores. Con estes últimos gañaría a Palma, ou o Can do festival de Cans.
Ninguén coma ela para coller a esencia viscosa do fanatismo relixioso, ninguén para estruturar o discurso maquiavélico, mentireiro e tremendamente afectado deses espécimes. Ninguén coma ela para testemuñar a lobotomía cerebral das criaturas a través dos púlpitos. Nas manifestacións feministas coreaba con gañas “imos queimar a conferencia episcopal, por machista e patriarcal”. As súas amigas parroquiás rifábanlle pero ela defendíase con que só as feministas son quen de meterse con estes aproveitados e sinverghonzas, agás as feministas ninghén se mete coa igrexa. ler todo

PRESENTACIÓN DO CONSEJO ANDALUZ  DE PARTICIPACIÓN DAS MULLERES


En 2011 a Plataforma forma parte do Consejo Andaluz de Participación de las Mujeres, 
Órgano Consultivo da Xunta de Andalucía creado grazas ao empeño do Instituto 
Andaluz da Muller e a Consellería para la Igualdad y Bienestar Social.


La Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres lleva más de veinte
años luchando por una sociedad más justa, en la que los derechos de las mujeres,
que son derechos humanos, sean respetados en todos los países del mundo. Nuestro
posicionamiento es claro, siempre vamos a estar del lado de las mujeres y especialmente del lado de las excluidas, las olvidadas, las que de forma más sangrante sufren las injusticias derivadas de un sistema patriarcal mundial.
Ler toda a presentación



21 may 2012

As Letras Galegas en Berlín

María Xosé Queizán


Onte celebramos as Letras Galegas no cine Babilon, situado na praza de Rosa Luxemburgo, organizado pola excelente profesora de galego da Universidade, Marta Estévez. Concentrou a unhas 800 persoas. Proxectouse o Documental Linguas Cruzadas de María Yáñez e Monica Ares. Interesante exposición da situacion bilingüismo entre a mocidade na Galicia actual. Despois do visionado, Marta, organizadora do acto, presentoume para dirixir o coloquio. Coa sala chea dun público atento e solidario discutimos sobre o tema. Estaba o alumnado entregado de Marta, xente Galega que vive en Berlín e alemana. Marta ía traducindo ao alemán para o público que non comprendía. Foi unha alegría coa que non contaba. Era fantástico e inesperado ter máis público en Berlín que na Galiza. Interromperon o coloquio por necesidade da sala, e un grupo seguimos falando tomando unhas birras. O Luns 21 terei a oportunidade de velos novamente, pois convidáronme a impartir unha conferencia na Universidade. En Berlín valórase e deféndese o galego.


Tamén relacionado artigo en Sermos Galiza

11 may 2012


NACER É CONXUNTURAL, MORRER NON DEBE SELO


O Senado de Arxentina aprobou unha Lei de Morte Digna (preferiría chamala Voluntaria) que garante o dereito @s enferm@s terminais a rexeitar tratamentos ou reanimacións para prolongar a vida.
As leis, ben sabemos, non sempre se cumpren, e o que é peor, non se demandan. Por iso, mentres non exista unha Lei de Eutanasia racional, cómpre facer un testamento vital, por se nos coincide perder o sentidiño á beira de persoas irracionais que non o demanden.

9 may 2012

Non sen remorsos pero o por fin unha denuncia consegue o efecto desexado 

O concurso cancelado

Comunicado de MNG, ao que nos sumamos FIGA, contra a elección da Raíña das Festas 2012 do Concello de Sarria, concurso que degrada e volve a utilizar o corpo da muller como obxecto de consumo.


Unha vila en festas, con todos os ingredientes populares; entre eles, o maior anacronismo que se mantén: a ridícula elección dunha raíña das festas e as súas damas de honra.
A pesar de que nos últimos anos o discurso de xénero empezou se inserir nas políticas públicas, resulta interesante preguntarse como estas modificacións contribuíron a superar as relacións historicamente asimétricas entre homes e mulleres. Constatamos que a pesar de existe maior presenza feminina nos espazos públicos de poder, as políticas oficiais moitas veces limitan o discurso das mulleres a programas e proxectos relacionados coa violencia doméstica e a maternidade, aprazando a necesidade de superar realmente a discriminación de xénero.
Doutra banda, é un feito que existe unha fenda entre o discurso e a práctica institucional pois moitas veces a construción de políticas de xénero atópase con resistencias e prácticas culturais discriminatorias. Desde esta realidade é posible entender como a oficialidade segue promovendo espazos como as eleccións de raíñas, onde a muller é concibida como obxecto decorativo, onde o seu corpo está suxeito á valoración e goce da mirada masculina.
Nunha sociedade na que presuntamente se avanza na igualdade de xénero, mantense practicamente intacto o espírito e a estética dun espectáculo que fai pasear, mide e vota o corpo da muller. Nun concurso de beleza o fundamental é o corpo humano, concretamente o corpo da muller, ao que se lle pon un prezo e se comercializa, que é o que sempre fixeron os homes, comercializar con todo aquilo que non poden controlar. Proxéctase así a idea da muller como un obxecto, un marco mental que evidentemente non está só vinculado a este tipo de concursos senón que provén dunha cultura na que se ensina a buscar a propia estima na imaxe. Nestes concursos preséntase a beleza como un medio para ascender socialmente no que se trata de explotar o capital corporal nunha sociedade que despreza o mérito e a preparación. As bases deste tipo de concursos redundan na idea de muller-obxecto, obxecto de desexo.
Nos últimos anos decaeu o interese neste tipo de eleccións da man do avance da igualdade, pero non desapareceu e nalgúns casos como o que nos ocupa «recupérase»... Todo concurso, dinnos, persegue un fin e rexeitan que se poida falar de sexismo. O que se valora, argumentan, é a «beleza», unha beleza diferente á das modelos «ás que se lles esixe unhas tallas moito máis pequenas, con máis curvas»; neste caso é a estética do «pobo». Para rebater as acusacións de machismo, sinálase que tamén hai certames masculinos pero o debate sobre o home obxecto e a exhibición de músculo ten ingredientes moi diferentes que merecería unha análise aparte.
Pero o asunto consiste en que estes torneos non só reproducen as inequidades de xénero, senón que tamén contribúen a manter asimetrías doutra natureza, inseridas nun patrón de poder global fortemente inseridos nos imaxinarios sociais. Estes reinados ademáis de recrear un ideal de beleza feminina buscan reafirmar os valores morais dominantes. Por exemplo, unha raíña nunca poderá aprobar publicamente o aborto, o ateísmo, a conveniencia do divorcio, declararse lesbiana ou afirmar os dereitos sexuais das mulleres... Os certames de beleza , utilizan á muller para afianzar un modelo de poder ou para propor un retorno a certos valores tradicionais inamovibles; fixan no tempo os roles e as funcións que deben ser asumidos polas mulleres.
Por isto solicitamos a suspensión do certame para a elección da Raíña das Festas 2012, por considerar que este anacrónico concurso constitúe unha exaltación do máis rancio machismo e atenta contra a dignidade das mulleres. Consideramos intolerable que desde unha institución pública, como o Concello de Sarria, e cos impostos de cidadáns e cidadás se sosteña unha actividade que nin achega nada ás festas nin foi nunca tradición. Solicitamos así mesmo que o Concello se comprometa a suprimir para sempre do calendario de actividades festivas este tipo de eventos nos que non se mostra respecto ás mulleres. Os tempos da muller floreiro hai tempo que pasaron á historia. Gustaríanos, por iso, que as concelleiras, adherisen á nosa petición e demostrasen así aos seus compañeiros que elas tampouco son mulleres floreiro, nin obxectos decorativos no salón de plenos do Concello de Sarria. Elas non deberían tolerar ser comparsas dun espectáculo tan pouco edificante, con independencia do xénero ou das preferencias políticas.

Mulheres Nacionalistas Galegas

Que vergonza de país:

Curso de prostituta profesional na Comunitat Valenciana


A prostitución é unha violación dos dereitos humanos e polo tanto inasumible nun estado democrático civilizado. Non existe a prostitución libremente elixida. A prostitución é unha  manifestación extrema, real e simbólica da violencia de xénero. Mentres exista a posibilidade de mercar o corpo dunha muller ou de calquera ser humano, seguiremos nun estadío de barbarie.  

2 may 2012



DSK

A chegada do redundante violador, consentido e absolto polo Xusticia, DSK, exdirector do FMI, á festa de aniversario do deputado socialista francés Julien Dray, provocou unha espantada. A socialista Ségolène Royal, abandonou o lugar, así como persoas da equipa de Hollande. A pregunta é: foi invitado por alguén ou se presentou alí co descaro que o caracteriza?
Hoxe sabemos que a camareira do hotel yanqui que fixo a denuncia, volve abrir o caso, esta vez por vía particular, xa que a xustiza oficial prevaricou, dada a figura do violador. Cando se presentou na festa socialista de París, DSK xa sabía que estaba novamente procesado. Unha chulería máis do nefasto individuo. Se chegasen a condenalo, amigas, facemos unha festa!
MXQ  

30 abr 2012


LETANÍA DIALÉCTICA
DA CONFERENCIA EPISCOPAL

O re mus.........
Loado sexas Útero: Alma mater, berce do Espírito.
Per sécula seculorum.
-Das que queren gobernar os seus úteros.
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Copón feminino, albergue do ser.
Per sécula seculorum.
- Das que frustran os seus embarazos
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Pazo divino, trono rexio do feto.
Per sécula seculorum
- Das que estragan o óvulo con sangue menstrual.
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Lar de fetos tarados que irán ao ceo.
Per sécula seculorum
- Das que se fan probas para coñecer a saúde do embrión.
Liberanos Domine!
Loado sexas Útero: Gruta sublime. Deposito do principio activo masculino.
Per sécula seculorum
- D@s que poñen condóns nas mangueiras de inseminar.
Liberanos Domine!
Loado sexas Pene: Órgano viril que cuspe no Útero a sagrada semente.
Per sécula seculorum
- Das lesbianas que realizan sexo contra natura.
Liberanos Domine!
Loado sexas Pene: Símbolo patriarcal armado para ordenar a familia.
Per sécula seculorun
- Das que queren liberarse do poder do pene dominante
Á Fogueira!! Á Morte
Loado sexa o pene familiar, económico, estatal que mantén a orde mundial per sécula seculorum!!
AAAAMEEN
http://www.publico.es/espana/431154/sanidad-estudia-retirar-el-aborto-de-la-cartera-basica-de-servicios

26 abr 2012


¿Es el consenso deseable o tiránico?  


Dar valor a la oposición y cultivar la diferencia de opinión o de visión es esencial para evitar la tiranía, sea familiar, social, política o económica.  La familia en la que sólo cuenta la opinión y los deseos de uno es una familia tiránica. Y los sistemas políticos que funcionan sin oposición son también tiránicos.

Nova publicación de Teresa Barro no seu "Viento de marzo"

12 abr 2012

"Borrascas en familia"



Ás veces, sucede que o pasotismo lexislativo resulta menos pernicioso que o hiperactivismo lexislativo.
Cando se reformou a Lei de aborto, no goberno Zapatero, moitas feministas levábanse as mans á cabeza porque sabían que non deixaría de ser unha triste reforma da Lei do 85 do goberno González e que aínda quedaría un percorrido longo ata a meta do feminismo do "aborto libre e gratuíto". Que mellor non meneala.
A historia confirma os reparos das feministas e xa temos polémica servida co xusticieiro Gallardón, que recollendo con pinzas a terminoloxía feminista, percebe que as mulleres embarazadas (como todas) sufrimos violencia estructural. Aplícase o conto e a depilar a lei de aborto que, moi probablemente quedará como a do 85, con reservas. 
Que entramos nunha borrasca en familia (dicía a meteoróloga Pemán) de conservadurismo xa o notamos polas leis desenvoltas pola Xunta desde o 2010. Curiosamente, algunhas como a da lei de apoio á muller embarazada, teñen como coartada un epígrafe da Lei de Igualdade do ano 2004. Leamos todo o artigo...

Por Mónica Bar

9 abr 2012

O FEMINISMO ISLÁMICO NON EXISTE


A arxelina Wassyla Tamzali é partidaria de chamar as cousas polo seu nome. En «El burka como excusa» (Saga editorial) Tamzali aconsella aos dirixentes que aborden o problema máis aló da conxuntura política. Veterán loitadora polos dereitos das mulleres, indígnalle ver como o anterior Goberno español freou a prohibición "dese sudario" porque identificaba la iniciativa coa dereita. ler toda a entrevista en Mujeres en red.