Translate

30 abr. 2012


LETANÍA DIALÉCTICA
DA CONFERENCIA EPISCOPAL

O re mus.........
Loado sexas Útero: Alma mater, berce do Espírito.
Per sécula seculorum.
-Das que queren gobernar os seus úteros.
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Copón feminino, albergue do ser.
Per sécula seculorum.
- Das que frustran os seus embarazos
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Pazo divino, trono rexio do feto.
Per sécula seculorum
- Das que estragan o óvulo con sangue menstrual.
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Lar de fetos tarados que irán ao ceo.
Per sécula seculorum
- Das que se fan probas para coñecer a saúde do embrión.
Liberanos Domine!
Loado sexas Útero: Gruta sublime. Deposito do principio activo masculino.
Per sécula seculorum
- D@s que poñen condóns nas mangueiras de inseminar.
Liberanos Domine!
Loado sexas Pene: Órgano viril que cuspe no Útero a sagrada semente.
Per sécula seculorum
- Das lesbianas que realizan sexo contra natura.
Liberanos Domine!
Loado sexas Pene: Símbolo patriarcal armado para ordenar a familia.
Per sécula seculorun
- Das que queren liberarse do poder do pene dominante
Á Fogueira!! Á Morte
Loado sexa o pene familiar, económico, estatal que mantén a orde mundial per sécula seculorum!!
AAAAMEEN
http://www.publico.es/espana/431154/sanidad-estudia-retirar-el-aborto-de-la-cartera-basica-de-servicios

No hay comentarios:

Publicar un comentario