Translate

2 may 2012



DSK

A chegada do redundante violador, consentido e absolto polo Xusticia, DSK, exdirector do FMI, á festa de aniversario do deputado socialista francés Julien Dray, provocou unha espantada. A socialista Ségolène Royal, abandonou o lugar, así como persoas da equipa de Hollande. A pregunta é: foi invitado por alguén ou se presentou alí co descaro que o caracteriza?
Hoxe sabemos que a camareira do hotel yanqui que fixo a denuncia, volve abrir o caso, esta vez por vía particular, xa que a xustiza oficial prevaricou, dada a figura do violador. Cando se presentou na festa socialista de París, DSK xa sabía que estaba novamente procesado. Unha chulería máis do nefasto individuo. Se chegasen a condenalo, amigas, facemos unha festa!
MXQ  

No hay comentarios:

Publicar un comentario