Translate

21 may 2012

As Letras Galegas en Berlín

María Xosé Queizán


Onte celebramos as Letras Galegas no cine Babilon, situado na praza de Rosa Luxemburgo, organizado pola excelente profesora de galego da Universidade, Marta Estévez. Concentrou a unhas 800 persoas. Proxectouse o Documental Linguas Cruzadas de María Yáñez e Monica Ares. Interesante exposición da situacion bilingüismo entre a mocidade na Galicia actual. Despois do visionado, Marta, organizadora do acto, presentoume para dirixir o coloquio. Coa sala chea dun público atento e solidario discutimos sobre o tema. Estaba o alumnado entregado de Marta, xente Galega que vive en Berlín e alemana. Marta ía traducindo ao alemán para o público que non comprendía. Foi unha alegría coa que non contaba. Era fantástico e inesperado ter máis público en Berlín que na Galiza. Interromperon o coloquio por necesidade da sala, e un grupo seguimos falando tomando unhas birras. O Luns 21 terei a oportunidade de velos novamente, pois convidáronme a impartir unha conferencia na Universidade. En Berlín valórase e deféndese o galego.


Tamén relacionado artigo en Sermos Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario