Translate

22 may. 2012

Ateo sen compromiso, en Sermos Galiza

Ateo sen compromiso



Canto aprendín de Aba en tanto que foi a miña alumna de interpretación. Nas prácticas construía máscaras dun realismo impresionante: as máis acertadas nos modos e na linguaxe eran as da “casada-ata-as-tetas-de-todo, e as dos monseñores. Con estes últimos gañaría a Palma, ou o Can do festival de Cans.
Ninguén coma ela para coller a esencia viscosa do fanatismo relixioso, ninguén para estruturar o discurso maquiavélico, mentireiro e tremendamente afectado deses espécimes. Ninguén coma ela para testemuñar a lobotomía cerebral das criaturas a través dos púlpitos. Nas manifestacións feministas coreaba con gañas “imos queimar a conferencia episcopal, por machista e patriarcal”. As súas amigas parroquiás rifábanlle pero ela defendíase con que só as feministas son quen de meterse con estes aproveitados e sinverghonzas, agás as feministas ninghén se mete coa igrexa. ler todo

No hay comentarios:

Publicar un comentario