Translate

31 dic 2011

Festa da palabra 27



A piques de saír á rúa, FIGA celebra a chegada do novo ano 2012 con novos alicerces científicos para a nosa revolución en marcha. Benvido pois este monográfico da Festa da palabra silenciada das Nobel científicas*, que promete ser diverso e polémico.

*Ilustración da cuberta de Eva Carrera




19 dic 2011

Hipersexualización 2



Comentaba o outro día a hipersexualización da sociedade actual.
Esquecín un dato ben gráfico e aparente: A intervención nos beizos que fan moitas mulleres para ampliar os beizos, sobre todo as que aparecen publicamente, as modelos e actrices.
Se nos fixamos, eses labios grandes e grosos semellan os labios maiores dunha vulva. A través da exuberancia e o vulto carnoso e vermello no rostro proclaman a vizo do sexo. ler artigo


10 dic 2011

Sentido común dun feminista

En torno ao debate abolicionista na Franza (sempre nos teñen que adiantar, a pesar do goberno conservador) o xornalista Iñaki Gabilondo pregúntase -igual que moit@s de nós- como unha sociedade civilizada acepta con mansedume esta lacra social que denigra tanto aos machos como ás femias, entregándose a unha actividade que pon en evidencia os peores instintos da especie humana.

http://blogs.elpais.com/la-voz-de-inaki/2011/12/no-a-la-prostitucion.html

2 dic 2011



The culture of masculinity costs all too much to ignore

If men committed as little crime as women it would help pay for the deficit. They can change: testosterone need not mean violence





HIPERSEXUALIZACIÓN

María Xosé Queizán

        A sociedade actual está hipersexualizada. O sexo está magnificado e, ao mesmo tempo, vulgarizado. Permanentemente en escena, na arte, no teatro, no cine, na publicidade, fíxose imprescindible. Se hai 40 ou 50 anos as películas remataban cun bico da parella, hoxe comezan cun coito. ler todo o artigo

24 nov 2011

"Una hostia a tempo te pone a andar"

"La violencia no es el camino, pero una hostia a tiempo te pone a andar".
Deste xeito celebran algúns locais comerciais o Día internacional contra a violencia de xénero. A poucos metros do Museo MARCO, de Vigo, un dos puntos de arranque do "Enlaza Vigo contra a VdX", no escaparate dunha tenda que vende camisetas para progres e xente nova desenfadada, con frases cheas de inxenio, podemos aprezar esta broma de tan mal gusto que unha vez máis nos confirma a falta de conciencia social incluso a niveis progres que se lles presupón unha maior intolerancia contra a inxustiza.

17 nov 2011


O CONTRATO SEXUAL, por María Xosé Queizán

Unha das miñas teimas en relación co Feminismo é a permanencia na sociedade patriarcal do Privado e o Público. 1Cando na Ilustración xorde a teoría do Contrato, un enorme avance que vai sustentar a liberdade persoal, unha liberdade civil igual que é protexida polo Estado. Pero o mesmo Rousseau, impulsor do Contrato, exclúe del ás mulleres. Establécense dous Contratos: O Público, pertence á esfera masculina, a esfera da Polis é a da liberdade. Un home que só vivise a vida privada non era plenamente humano. 2 Na esfera pública é onde as cousas teñen valor. ler todo o artigo

11 nov 2011

25 oct 2011

O patriarcado, por Teresa Barro


O patriarcado é 
un sistema autoritario que estabelece desigualdade e xerarquía nata. Ora, mesmo porque é un sistema, pódese estudar, ver cáles son as columnas que o sosteñen e botalas abaixo. ler o artigo

24 oct 2011

Un pesadelo que non cesa: o terrorismo machista

MANIFESTO DE FIGA


Feministas Independentes Galegas, (FIGA) quere expoñer a súa indignación ante os criterios adoptados polo Goberno, Institucións políticas, Partidos, Asociacións e demais compoñentes políticos e sociais, ante a declaración do cese da violencia etarra.
Puidemos ler e escoitar declaracións deste tipo:
É o fin dunha vida incerta, insegura.
Nace un novo tempo político.
Punto final do pesadelo
Cese da violencia que foi a aspiración da sociedade española durante décadas.
A democracia termina por triunfar sobre os fanáticos que sementaron o terror.
Non haberá un guarda civil, un político, un empresario, un obreiro... máis, asasinado.
Agora é o momento da esperanza e da memoria.

A metade da humanidade, as mulleres, que SOMOS HUMANAS, aínda que non sexamos consideradas coma tal, ao ler e escoitar declaracións deste tipo, sentímonos desfechadas e ofendidas. Ignoran as autoridades o peor flaxelo que padece esta sociedade, a persecución, a dor, o sufrimento das mulleres. Non teñen en conta o número de mulleres asasinadas acotío polos seus esposos ou compañeiros. Prescinden das criaturas asasinadas polos propios pais ou padrastos, para vingarse das nais.
De que democracia ousan falar?
As víctimas de ETA, mereceron grandes pompas fúnebres, e mesmo leis que os amparen e perpetúen a súa dor.
As víctimas do terrorismo patriarcal, só merecen UN MINUTO DE SILENCIO diante dos seus respectivos concellos. Despois, o seu nome pasa ao anonimato.
Son víctimas do poder masculino, do dominio que, en maior ou menor medida, exercen todos os homes sobre as SÚAS mulleres. Estes criminais non pertencen a unha organización armada nin a un ideario particular; pertencen a un sistema universal chamado patriarcado, un comportamento que se sucede desde os primates aos homes actuais, e que se foi adaptando a todos os sistemas e épocas, favorecido polas relixións, os sistemas reaccionarios e os beneficios e privilexios que obteñen del todos e cada un dos homes.
Paréceme escoitar as protestas: non todos os homes se comportan así! Certo. Non o fan. Algúns porque son pacíficos e conciliadores; algúns porque se solidarizan coas compañeiras. Pero, en xeral, débese á necesaria complementariedade:
Frente á dominación é precisa a submisión.
A supervivencia, o instinto de conservación das mulleres levounas a agacharse, tras dos burkas ou tras un “hai que sabelo levar”. Cando as esposas- esposadas se rebelan, se enfrontan ou pensan en fuxir, acostuma saír a fera patriarcal instalada no sistema límbico dos cerebros masculinos.
Como é posible que homes amantes da liberdade, da xustiza, da solidariedade humana, diríamos, non se alporicen ante tanto crime contras mulleres e só consideren as víctimas masculinas e públicas?
Mellor que falar de perversión e misoxinia deliberadas, será constatar a CEGUEIRA. Resulta que as mulleres paren homes incapacitados para ver, para considerar persoas e cidadás ás mulleres, mesmo se viven, se alimentan, gozan, se empoderan, reciclan e perpetúan, grazas a elas. Así é. Non as ven. Por iso, cando as violan, maltratan e asasinan, non as contan, nin as reputan nin as respectan.
A división, unha liña sempre imprecisa, entre dereitas e esquerdas, neste caso non conta en absoluto.
Desde o ano 2003 temos estatísticas do número de crimes cometidos contra as mulleres, no núcleo sentimental, na sacrosanta familia, no espacio do amor e do apoio mutuo.
Desde o ano 2003 ETA matou 16 persoas. No mesmo período foron recoñecidas como asasinadas con diferentes métodos 617 mulleres. Desde que ETA cometeu o 1º atentado, o machismo acabou coa vida de 3.060 mulleres, contando a unha media de 60 por ano.
Sigan facendo contas. Saian de España a Europa, EEUU, Canadá, os países “democráticos”. Recorran despois Asia e América do Sur. Intérnense no inferno feminino africano e sumen. Sintan como se lles quebra a calculadora, como as cifras gritan e desbordan o contable, o concibible. Despois disto, se afirman que as mulleres somos humanas, digan se poden durmir tranquilamente.
Poderán. Xa verán como non falan desta masacre nos mitins electorais.

FIGA


ETA pode pedir perdón ás súas víctimas. É un número asumible.



20 oct 2011

Subvencións da Xunta para o integrismo católico

Información da revista ANDAINA:

O PP reparte o dinheiro público do departamento de Igualdade entre entidades integristas católicas

Do Diario Liberdade extraida da info do noso blogue
“Rebaño de María”, “Sí a la vida”, “Red Madre”, “Siervas de la Pasión”, “Betania de Jesús Nazareno”, “Ayuda a la Vida”… som algumhas das entidades extremistas que recebem neste ano o dinheiro público galego destinado à Igualdade.
A quantidade total repartida pola Conselharia da Presidência, Administraçons Públicas e Igualdade, em maos do PP, é de 916.000,00 euros, que som distribuídos nas entre um bom número de entidades amigas, algumhas ligadas à extrema-direita anti-abortista e dependentes do Vaticano ou, no mínimo, abertamente confessionais. Bastante visível em boa parte das organizaçons premiadas é o seu papel de reforço de linhas de trabalho social antifeministas e patriarcais, sendo que algumha delas até pode estar envolvida em atividades ilegais.
‘Rebaño de María’, organizaçom católica investigada por adopçons ilegais, entre as subsidiadas
De facto, entre as entidades subisidiadas estám as “Hermanas Terciarias Franciscanas del Rebaño de María”, que estám a ser investigadas por suposto envolvimento em adopçons ilegais em Lugo, dentro da “Operaçom Carioca” contra a prostituiçom e a entrega ilegal de bebés. Lembremos que essa operaçom destapou um escándalo de prostuiçom e corrupçom com altos comandos da Guarda Civil acusados.
A residência “Hogar Madre Encarnación”, propriedade do tal “Rebaño de María” situada na cidade das muralhas, e que se dedica ao acolhimento de mulheres grávidas, pode ter cometido irregularidades em processos de entrega de bebés geridos pola própria Junta da Galiza. Nada disso impediu que agora a Junta da Galiza tenha aprovado entregar 18 mil euros ao “Rebaño de María”... ler máis

10 oct 2011

CARTA AO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER


Queridas amigas e compañeiras feministas: Recibín unha alegría cando souben que no Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo, me propuxerades para formar parte da Real Academia Galega. Dixen xa daquela que o voso recoñecemento era máis importante para min que o ingreso nesa alta Institución. Ademais vos afanaches para conseguir moitos apoios, comezando polo concello da miña cidade, que tanto me gorentou, e outros concellos, asociacións e persoas galegas a quen lle debo recoñecemento...
http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com/p/asunto-academia.html

3 oct 2011

80 anos de parabéns a Clara Campoamor

Cúmprense oitenta anos desde aquela xornada na que a deputada do Partido Radical, Clara Campoamor, conseguiu vencer as reticencias de varóns das Cortes Republicanas (da dereita e da esquerda, incluso do seu partido) para permitir ás mulleres españolas o acceso ao sufraxio activo. Foron longas negociacións, traicións e plantes como o da súa única semellante, a socialista Victoria Kent, que desconfiaba da independencia de criterio das mulleres, dominadas pola igrexa. 
Neste aniversario gabámonos da valentía de Clara Campoamor co seu taxante e innegociable: "unha muller, un voto". Unha aposición semellante, claro que só no aspecto gramatical, saía estes días da boca do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño -"un home, un cargo"-, en relación á acumulación de cargos públicos de polític@s do PSOE. Pero o máis grave do asunto non é a expresión, xa de por si excluínte e trasnoitada, senón o silencio e a falta de réplica das mulleres  e os homes do seu partido, sobre todo dos que presumen de feministas nos mitins. Alí si que repiten ata a o empalago aquilo de "compañeiras, compañeiros, mozos e mozas..." Que pasaría se Caamaño trocase o xénero: "unha muller, un cargo"? Probablemente sairían como feras todos eles e, o peor, elas, tamén indignadas polo lapso. Pero non é doado confundirse a prol do sector marxinado.
Desde a óptica feminista a docilidade coa que aceptamos ser obviadas, soa a renuncio, a baixada da garda ideolóxica; unha especie de insensibilidade ante a "norma excluínte", que se nos pode vir enriba como castelo de naipes, cando máis seriamente deberíamos apuntalar os nosos dereitos. 

23 sept 2011

Crimes de Estado


Carta aberta a Amnistía Internacional
Comparto a vosa dor por Davis pero gustaríame que compartírades a mesma dor por cada muller que asasina a parella día día ou semana a semana. A "normalidade" fai que non merezan a mesma importancia que un preso no 
corredor da morte. Pensade que esas mulleres viven en situacións peores, que o seu corredor da morte está inzado de ofensas, de menosprezo, de traballo excesivo, de depresión. De querer escapar espéralle a morte. Ás 
veces, só porque si. Porque quen manda, manda. Estas vítimas, asasinadas normalmente no "privado" só merecen Un Minuto de Silencio ás portas do respectivo Concello. Non merecen a vosa piedade nin a vosa atención? Con afecto, MXQ

12 sept 2011

O ERRO INFINITO

María Xosé Queizán


Continúo pensando que as insólitas revolucións que se están levando a cabo nos países árabes son os sucesos históricos máis relevantes do inicio do s.XXI. E digo inicio porque os cambios, desde o descubrimento do motor, estiveron marcados pola velocidade, e desde internet, abriron os espacios nunha internacional feita realidade.
            Mesmo así, os avances conviven con reductos reaccionarios. Mentres Túnez, Exipto, agora Libia e mañá, esperemos, Siria e outros, se liberan dos dictadores medievais, crueis e coránicos, para iniciar unha vía democrática e laica, permanecen masas islamistas, onde domina a parte irracional e primitiva do cerebro, que devecen por matar infieis, como fixeron os cristiáns con eles na época medieval.
            Sempre hai supremas organizacións, como Al Qaeda, ou outrora a Igrexa Católica, que se benefician da súa influencia dogmática, e premian as masacres da alienación co perdón dos pecados e un lugar preferente no ceo. Así rescatan persoas Purificadas ( ás mulleres, mira por onde!, permíteselles a entrada na corte de suicidas que cometerán atentados inmolándose) para os actos terroristas. En España, onde campan ás súas anchas e toman as rúas para orar, nunha postura abondo irreverente, foron adoutrinad@s unha manchea de mentes portadoras de odio relixioso.
            Por moi paradoxal que pareza, é máis doado acabar cun dictador e as súas armas bélicas, que coa reprodución ideolóxica da fe e os dogmas relixiosos tradicionais. Isto me leva a pensar que logo escoitaremos críticas sobre a permanencia de certos costumes ou o uso do velo feminino, nos países árabes que fixeron o cambio democrático. Serán de persoas que ven a palla no ollo alleo e ignoran a trabe no propio. Despois de 37 anos da morte do noso dictador, e durante 36 anos de “democracia”, aínda non conseguimos que os gobernos, con varias lexislaturas de ideoloxía socialista, acabaran co vergonzoso Concordato co Vaticano que permite recibir o Papa con honores de xefe de Estado e diñeiro público.
En Vigo, e non ha ser unha excepción, mantense desde hai 50 anos, a pesar das múltiples reclamacións de certa cidadanía,  a Cruz dos Caídos, frente por frente dun goberno municipal socialista. Mentres España non sexa un estado laico, non será democrático. Aínda nos van adiantar as Constitucións das novas democracias árabes.
            Aspiramos a unha democracia real, a un ensino eficiente e xeral que incremente os coñecementos da cidadanía, non só para servir no mercado capitalista, senón para acabar con mitos e teas de araña fanáticas, e abrir as mentes a espacios libres e gratificantes. Dixo Bertolt Brecht: A causa principal da pobreza cognoscitiva é a riqueza imaxinaria. O principal obxectivo do coñecemento non consiste en abrir a porta da sabedoría infinita, senón en poñer coto ao erro infinito. 

27 may 2011

Presa por conducir

Manal al Sharif es asesora de seguridad informática y tiene 32 años. El 21 de mayo conducía un coche en compañía de su hermano, Muhammad al Sharif, cuando unos agentes de tráfico les dieron el alto. Inmediatamente les detuvieron aunque a las pocas horas fueron liberados tras hacerles firmar unas declaraciones en las que se comprometían a que Manal al Sharif no volvería a conducir en Arabia Saudí. En la madrugada del día siguiente los dos fueron detenidos de nuevo e interrogados: Muhammad quedó libre pero Manal fue trasladada a una prisión de mujeres de Dammanm, donde permanece recluida. Manal participaba en la campaña “Women 2 Drive” (Mujeres al volante) contra la prohibición de  que las mujeres conduzcan en Arabia Saudí. Se trata de una campaña pacífica en la cual las mujeres se graban conduciendo y hacen públicas en la web las imágenes. Manal había subido a YouTube un vídeo de este tipo.  
Las mujeres de Arabia Saudí se enfrentan a una severa discriminación tanto en la ley como en la práctica. Se les niega el derecho al voto, y deben obtener el permiso de un tutor varón para poder viajar, realizar un trabajo remunerado, cursar estudios superiores o casarse. La violencia de género es, según se cree, generalizada.

Firma esta carta demandando la liberad de Manal al Sharif, considerada por Amnistía Internacional como presa de conciencia, detenida por cuestionar leyes y políticas discriminatorias.

17 may 2011

En defensa da igualdade, non á Lei de familia

Asina a petición pública

A CAMAREIRA DO MEU AMOR.

No noso país e nos que nos rodean sería impensable a detención e ingreso en prisión de Strauss-Kahn.. É posible na democracia americana. Algo que debe servir para recapacitar a aqueles que aforran calquera compromiso dicindo que todo é culpa dos americanos, como fan os conservadores con Zapatero.
Por estes lares, que unha camareira de hotel,  inmigrante africana, negra, denuncie de abuso sexual e intento de violación a un dos homes máis importantes do mundo, sería surrealista. A propia traballadora nin sequera o intentaría ao saber de antemán que a súa palabra non ía ter valor nin creto. Porén, a camareira dun hotel de Nova York fíxoo, confiando nas leis estrictas do país para tales delictos, acusou de intentar forzala a actos sexuais, oral e anal, a Satruss-Kahn, no seu cuarto, onde entrara para limpar.
O autor da agresión e intento de violación, é, nada menos que o Director do F.M.I., máxima autoridade no ámbito económico, que aspiraba a Presidente da República Francesa, polo partido socialista.
Foi detido a punto, cando xa tomara precipitadamente, un avión de Air France para marchar ao seu país. Foi sacado do avión, esposado e conducido á comisaría. Sometido a unha roda de recoñecemento, a vítima identificouno como o agresor.
Non foi aceptada a fianza que estaban dispostos a pagar os seus avogados, 1 millón de dólares. Unha cifra importante para o director do FMI, pero que non lle serviu de nada para impedir que se faga xustiza. Está no cárcere co traxe de penado. Daría algo por ver unha foto.
O partido socialista francés e os compañeiros do FMI, falan de momento da presunción de inocencia. 
Solidariedade coa vítima, desde hoxe a Camareira do meu amor.

María Xosé Queizán

25 abr 2011

19 abr 2011

III ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2011


organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

DATAS: 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
+ INFO NOS TELÉFONOS   986 22 23 28   ///   606 92 91 37

11 abr 2011

Artigo de Carme Chaparro:
Es una de las armas más poderosas y antiguas de los ejércitos. Pero también esa de la que ninguna milicia presume.
Libia, Afganistán, Somalia, Uganda, El Congo, Iraq. Tres docenas de guerras y conflictos rugientes ocurren en el mundo en estos instantes. Aunque en esos territorios lo más peligroso no es ser soldado. Sino mujer. En los últimos 50 años han muerto más mujeres por cuestión de su sexo que hombres en todas las batallas del siglo XX. Les presento a la violación en masa. ler o artigo

10 abr 2011

En defensa da igualdade: non á lei de familia



EN DEFENSA DA IGUALDADE: NON A LEI DE FAMILIA

A Plataforma de organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal e anticonstitucional.
A lei supón un grave recorte dos dereitos da muller, sitúandoa de novo en labores de nai e coidadora (de nenas e nenos, adolescentes, persoas discapacitadas, dependentes e maiores), establecendo a maternidade como rol vital e controlando desta maneira a súa vida afectiva e sexual.
A Xunta, alegando motivos económicos, evitou progresar no desenvolvemento de leis e decretos como a “Lei galega 7/2004 para a igualdade de homes e mulleres”, a “lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”, a “lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia”, a “lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia”, ou o “decreto 15/2010 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia”, que xa recollen medidas concretas de apoio á familia, á atención de mulleres en situación de exclusión, de socialización das cargas familiares, de permitir compatibilizar vida familiar e laboral. ler texto completo

7 abr 2011

Un articulista (máis que) potencialmente perigoso anda solto:


Lean vostedes o artigo de S.Sostres de El Mundo: "Un chico normal"
BERLUSCONI : QUEN LLO ÍA DICIR!

María Xosé Queizán

         Queixámonos as feministas do escaso uso das leis que nos defenden. Se a Lei de Igualdade e de Violencia fosen cumpridas, a situación da poboación “rosa” (Berlusconi dixit) sería mellor.
         As leis son de grande utilidade. É o caso de Berlusconi. Este personaxe, que sería rocambolesco, de non ser un corrupto, un puteiro  e un machista trasnoitado, modifica as leis para que non poidan condenalo por delictos de índole económica. ler máis
        

27 mar 2011

        A REVOLUCIÓN DÓ S.XXI: OS PAÍSES ÁRABES
          por María Xosé Queizán

         Sei, e a historia mo confirma, que o avance da humanidade non se detén. Nos últimos séculos o progreso é máis rápido e máis intenso. Desde que na Ilustración substituíron a Deus pola razón, a humanidade baixou os ollos do ceo á terra, e colleu as rendas da existencia afastada de destinos divinos. Máis

LIBIA          
por María Xosé Queizán

En Tunes a revolución puido ser de xasmíns, como en Portugal de cravos; en Exipto, co propio esforzo, o pobo foi quen de expulsar a Mubarak. Cando é así, todo o, chamado, mundo occidental queda feliz. Pero nen todas as policías e os exércitos son tan humanitarios, nin os dictadores son iguais. A outros pobos, como o libio, estalle resultando máis difícil a liberación do déspota que os domina. Máis


O BNG acada o respaldo unánime do pleno da corporación para declarar Vigo e Galiza como zonas desnuclearizadas

María Méndez e Santi Domínguez
Vigo, 21 de marzo de 2011.- O BNG acadou o apoio unánime da corporación para declarar ao Concello de Vigo como zona desnuclearizada e na adhesión ao acordo do Parlamento de Galiza de 6 de setembro de 2006, para que a Xunta se dirixa ao goberno do Estado co obxectivo de que Galiza sexa de maneira efectiva territorio desnuclearizado.
máis

Ofensiva dos antiabortistas en Galicia

Red Madre, a asociación que o Partido Popular de Galicia apoiou para lograr o financiamento da Xunta ás súas oficinas, é unha das organizacións que convoca manifestacións contra ao aborto. As protestas serán este fin de semana fronte aos concellos de seis cidades do país e estarán apoiadas pola cúpula da Igrexa Católica.http://galiciaconfidencial.com/nova/7445.html

Un informe del Consejo de Estado determina que hay que acabar con la publicidad de la prostitución a través de una ley específica

¿Qué hay detrás los anuncios de contactos?

Argumentos para prohibir un negocio que genera 40 millones de euros de beneficios al año para la prensa

18 mar 2011

Mujeres na Informática e na Telecomunicación


O obxetivo principal desta exposición é visibilizar o papel dla muller neste campo científico, e mostrar algunhas das súas aportacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tanto na actualidade como ao longo da Historia...


http://divulgamat2.ehu.es/divulgamat15/index.php?option=com_content&view=article&id=12190&Itemid=45&limitstart=1

9 mar 2011

MULLERES ÁRABESArtigo de María Xosé Queizán


Risco de reformas contrarias ás mujeres no mundo árabe
AMECO Press, Xoves 10 de marzo de 2011, Redacción



Revolucionarias, si pero sin poder
(Fonte: Fundación Matria)
http://www.fundacionmatria.org/nav/noticias/noticia_0013.html

8 mar 2011

8 de marzo, 100 anos despois da súa declaración universal


Pleno municipal do 8 de marzo do Concello de Vigo, con participación de membras do Consello Municipal da Muller, Concelleiras e ex Concelleiras:

  • Luisa Ocampo (MNG), o feminismo é a nosa política anti patriarcal e antineoliberal. ler texto completo
  • Rosa Fontaíña (Rede de mulleres contra os malos tratos), as mulleres seguen a estar desprotexidas ante as institucións e ante a xustiza real. ler texto completo
  • María Xosé Queizán (FIGA), a cultura para as mulleres e o veneno, un veneno que nos e nos oprime a través das mensaxes degradantes da publicidade e dos Media. ler texto completo
  • Iolanda Veloso (Concelleira de Igualdade, BNG), estamos dispostas, como mulleres políticas, a asumir os nosos compromisos para cambiar a situación de inferioridade das mulleres.
  • Lucía Molares (PP), considérome feminista e agradezo o aprendido nos anos de concelleira grazas a feministas como María Xosé Queizán e as demais aquí presentes.
  • Laura López recoñeceu que as leis do do PSOE en materia de Igualdade e Violencia de Xénero vense mermadas no seu efecto na súa execución

Noutras intervencións dirixíronse as denuncias en ámbitos sociais concretos: Aurea González, de Dorna, manifestou o seu descontento sobre o difícil papel das avoas sobre as que recaen, a falta de garderías, a atención d@s net@s. Unha representante das vocalías da muller recalcou a dobre precariedade que viven as mulleres traballadoras nestes momentos de crise.


http://www.europapress.es/galicia/noticia-consello-municipal-da-muller-vigo-critica-pervivencia-desigualdad-perpetua-precariedad-20110308110044.html