Translate

10 dic 2011

Sentido común dun feminista

En torno ao debate abolicionista na Franza (sempre nos teñen que adiantar, a pesar do goberno conservador) o xornalista Iñaki Gabilondo pregúntase -igual que moit@s de nós- como unha sociedade civilizada acepta con mansedume esta lacra social que denigra tanto aos machos como ás femias, entregándose a unha actividade que pon en evidencia os peores instintos da especie humana.

http://blogs.elpais.com/la-voz-de-inaki/2011/12/no-a-la-prostitucion.html

1 comentario:

  1. Grazas Iñaki e grazas Mónica(*)por falar e divulgar o abolicionismo na prostitucion.Considero importante o tema da prostitucion de forma voluntaria e libre.Sabemos que é unha minoria(eu respeto as minorias e as maiorias que son respetables).Pero quero darlle voz ás que chegan de outros paises enganadas e que descoñecen calquer idioma do Estado,ás que lles quitan os documentos,ás que son violadas por individuos disfrazados de policias...para que non poidan recurrir aos chamados corpos e forzas de seguridade do Estado...O tema(binomio) do feminismo e prostitucion ven de xa fai tempo.Eu lembroo dende o seu comenzo? nos anos "80"(1980).Algunhas feministas e non teño a menor dubida de que ca mellor vontade,estaban a favor da legalizacion.Eu nunca compartin esa postura.Pois mentras traian a dar unha charla a unha muller italiana? que falaba do ben que lle foi sendo prostituta,estaba pensando na ausenza,no silencio das mulleres obrigadas a prostituirse,que daquela eran galegas.Como ben di Amelia Valcarcel:"O feminismo é un humanismo".Por iso considero que o Feminismo que sempre foi abolicinista,sufraxista,antimilitarista...deberia axudar na erradicacion deste tipo de esclavitude contemporanea que é a prostitucion.Afortunadamente somos cada vez mais as personas(mulleres e varons)que consideramos que isto é un atentado contra a dignidade.Non é nada contra as mulleres obrigadas a exercer a prostitucion.Se comprendemos tan ben a diferencia entre proletari@ e proletariado,porque custa tanto entender a diferenza entre prostitutas e prostitucion??? Quizais por que atinxe especialmente ás mulleres???.Creo que prefiro considerar que é pola cantidade de diñeiro ILEGAL(en todolos sensos da palabra),que move dende fai un tempo.

    (*)Mónica Bar Cendon xa é sabido que é abolicionista.A grata nova é comprobar como unha vez mais Iñaki Gabilondo con tan poucas palabras manifesta ideas tan "clariñas"

    ResponderEliminar