Translate

17 may. 2011


A CAMAREIRA DO MEU AMOR.

No noso país e nos que nos rodean sería impensable a detención e ingreso en prisión de Strauss-Kahn.. É posible na democracia americana. Algo que debe servir para recapacitar a aqueles que aforran calquera compromiso dicindo que todo é culpa dos americanos, como fan os conservadores con Zapatero.
Por estes lares, que unha camareira de hotel,  inmigrante africana, negra, denuncie de abuso sexual e intento de violación a un dos homes máis importantes do mundo, sería surrealista. A propia traballadora nin sequera o intentaría ao saber de antemán que a súa palabra non ía ter valor nin creto. Porén, a camareira dun hotel de Nova York fíxoo, confiando nas leis estrictas do país para tales delictos, acusou de intentar forzala a actos sexuais, oral e anal, a Satruss-Kahn, no seu cuarto, onde entrara para limpar.
O autor da agresión e intento de violación, é, nada menos que o Director do F.M.I., máxima autoridade no ámbito económico, que aspiraba a Presidente da República Francesa, polo partido socialista.
Foi detido a punto, cando xa tomara precipitadamente, un avión de Air France para marchar ao seu país. Foi sacado do avión, esposado e conducido á comisaría. Sometido a unha roda de recoñecemento, a vítima identificouno como o agresor.
Non foi aceptada a fianza que estaban dispostos a pagar os seus avogados, 1 millón de dólares. Unha cifra importante para o director do FMI, pero que non lle serviu de nada para impedir que se faga xustiza. Está no cárcere co traxe de penado. Daría algo por ver unha foto.
O partido socialista francés e os compañeiros do FMI, falan de momento da presunción de inocencia. 
Solidariedade coa vítima, desde hoxe a Camareira do meu amor.

María Xosé Queizán

No hay comentarios:

Publicar un comentario