EN DEFENSA DA IGUALDADE: NON A LEI DE FAMILIA
A Plataforma de organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal e anticonstitucional.
A lei supón un grave recorte dos dereitos da muller, sitúandoa de novo en labores de nai e coidadora (de nenas e nenos, adolescentes, persoas discapacitadas, dependentes e maiores), establecendo a maternidade como rol vital e controlando desta maneira a súa vida afectiva e sexual.
A Xunta, alegando motivos económicos, evitou progresar no desenvolvemento de leis e decretos como a “Lei galega 7/2004 para a igualdade de homes e mulleres”, a “lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”, a “lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia”, a “lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia”, ou o “decreto 15/2010 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia”, que xa recollen medidas concretas de apoio á familia, á atención de mulleres en situación de exclusión, de socialización das cargas familiares, de permitir compatibilizar vida familiar e laboral. ler texto completo
No hay comentarios:
Publicar un comentario