Translate

12 ene 2012

Onde van os cartos da prostitución?

Do xornal De Luns a Venres:
LV / Axencias
Segundo a ONG arxentina contra a prostitución La Alameda, unha rede de proxenetas financiou a campaña electoral do actual alcalde bonaerense, Mauricio Macri. A revelación sae á luz tras a denuncia que puxo a filla de Raúl Luis Martins Coggiola, ao parecer un dos responsables da rede, contra o seu pai. A organización fixo pública unha foto na que Macri e a súa muller aparecen supostamente dentro dun cabaré que Martins posúe en México, onde se practica “a trata de persoas e promoción da prostitución”.
Segundo a denunciante, Macri pagou a campaña para que os bordeis que posúe en Bos Aires exerzan a súa actividade sen ser molestados polas forzas da orde, das que terían un trato de favor. 
Na trama tamén estaría implicado un xuíz bonaerense.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Onde van os cartos da prostitución?


Ningún negocio como o da prostitución é quen de seducir a elementos que a sociedade ten por respectables, porque nos representan, nos protexen, nos curan. Sen embargo, podemos aprezar na lista dos xa imputados en tramas de burdeis ou supostos cómplices: a concelleiros, membros da policía municipal, da Garda Civil, médicos; as súas caras van saíndo á luz grazas ao traballo valente e meticuloso da xuíza que instrúe o caso da operación Carioca, en Lugo.


Pero, sen chegar a operacións da envergadura do Carioca e enlazando coa noticia que encabeza esta reflexión, onde van parar as fortunas que xera a prostitución? Habería que pararse a pensar que fan os concellos nos que se instalan os prostíbulos, os "tablaos", os pisos de citas? Por qué unha cidade civilizada como Vigo, segue a ter taxis que anuncias prostíbulos? Costa crelo pero todos os partidos demócratas que estiveron a fronte da Alcaldía desta cidade seguen a permitir o maltrato das mulleres dentro das casas de citas, dentro dos burdeis, dentro dos taxis que serven de cómplices aos traficantes de mulleres; calan, MINUTO DE SILENCIO para a foto, e non fan nada. 
Non fan nada porque existe unha clara complicidade co sistema de explotación porque xera cartos, moitos cartos que financia caprichos, algunha fonte de pésimo mal gusto, e as veces, (espero que aquí non) campañas electorais. 


M.Bar
Un roteiro con moita historia... das mulleres de Vigo


Recuperando a nosa memoria; un interesantísimo proxecto das MNG
que debería ter deixado
pegadas (físicas) nos recantos vigueses.

31 dic 2011

Festa da palabra 27



A piques de saír á rúa, FIGA celebra a chegada do novo ano 2012 con novos alicerces científicos para a nosa revolución en marcha. Benvido pois este monográfico da Festa da palabra silenciada das Nobel científicas*, que promete ser diverso e polémico.

*Ilustración da cuberta de Eva Carrera




19 dic 2011

Hipersexualización 2



Comentaba o outro día a hipersexualización da sociedade actual.
Esquecín un dato ben gráfico e aparente: A intervención nos beizos que fan moitas mulleres para ampliar os beizos, sobre todo as que aparecen publicamente, as modelos e actrices.
Se nos fixamos, eses labios grandes e grosos semellan os labios maiores dunha vulva. A través da exuberancia e o vulto carnoso e vermello no rostro proclaman a vizo do sexo. ler artigo


10 dic 2011

Sentido común dun feminista

En torno ao debate abolicionista na Franza (sempre nos teñen que adiantar, a pesar do goberno conservador) o xornalista Iñaki Gabilondo pregúntase -igual que moit@s de nós- como unha sociedade civilizada acepta con mansedume esta lacra social que denigra tanto aos machos como ás femias, entregándose a unha actividade que pon en evidencia os peores instintos da especie humana.

http://blogs.elpais.com/la-voz-de-inaki/2011/12/no-a-la-prostitucion.html

2 dic 2011



The culture of masculinity costs all too much to ignore

If men committed as little crime as women it would help pay for the deficit. They can change: testosterone need not mean violence





HIPERSEXUALIZACIÓN

María Xosé Queizán

        A sociedade actual está hipersexualizada. O sexo está magnificado e, ao mesmo tempo, vulgarizado. Permanentemente en escena, na arte, no teatro, no cine, na publicidade, fíxose imprescindible. Se hai 40 ou 50 anos as películas remataban cun bico da parella, hoxe comezan cun coito. ler todo o artigo

24 nov 2011

"Una hostia a tempo te pone a andar"

"La violencia no es el camino, pero una hostia a tiempo te pone a andar".
Deste xeito celebran algúns locais comerciais o Día internacional contra a violencia de xénero. A poucos metros do Museo MARCO, de Vigo, un dos puntos de arranque do "Enlaza Vigo contra a VdX", no escaparate dunha tenda que vende camisetas para progres e xente nova desenfadada, con frases cheas de inxenio, podemos aprezar esta broma de tan mal gusto que unha vez máis nos confirma a falta de conciencia social incluso a niveis progres que se lles presupón unha maior intolerancia contra a inxustiza.

17 nov 2011


O CONTRATO SEXUAL, por María Xosé Queizán

Unha das miñas teimas en relación co Feminismo é a permanencia na sociedade patriarcal do Privado e o Público. 1Cando na Ilustración xorde a teoría do Contrato, un enorme avance que vai sustentar a liberdade persoal, unha liberdade civil igual que é protexida polo Estado. Pero o mesmo Rousseau, impulsor do Contrato, exclúe del ás mulleres. Establécense dous Contratos: O Público, pertence á esfera masculina, a esfera da Polis é a da liberdade. Un home que só vivise a vida privada non era plenamente humano. 2 Na esfera pública é onde as cousas teñen valor. ler todo o artigo

11 nov 2011

25 oct 2011

O patriarcado, por Teresa Barro


O patriarcado é 
un sistema autoritario que estabelece desigualdade e xerarquía nata. Ora, mesmo porque é un sistema, pódese estudar, ver cáles son as columnas que o sosteñen e botalas abaixo. ler o artigo