Do xornal De Luns a Venres:
LV / Axencias
Segundo a ONG arxentina contra a prostitución La Alameda, unha rede de proxenetas financiou a campaña electoral do actual alcalde bonaerense, Mauricio Macri. A revelación sae á luz tras a denuncia que puxo a filla de Raúl Luis Martins Coggiola, ao parecer un dos responsables da rede, contra o seu pai. A organización fixo pública unha foto na que Macri e a súa muller aparecen supostamente dentro dun cabaré que Martins posúe en México, onde se practica “a trata de persoas e promoción da prostitución”.
Segundo a denunciante, Macri pagou a campaña para que os bordeis que posúe en Bos Aires exerzan a súa actividade sen ser molestados polas forzas da orde, das que terían un trato de favor.
Na trama tamén estaría implicado un xuíz bonaerense.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Onde van os cartos da prostitución?
Ningún negocio como o da prostitución é quen de seducir a elementos que a sociedade ten por respectables, porque nos representan, nos protexen, nos curan. Sen embargo, podemos aprezar na lista dos xa imputados en tramas de burdeis ou supostos cómplices: a concelleiros, membros da policía municipal, da Garda Civil, médicos; as súas caras van saíndo á luz grazas ao traballo valente e meticuloso da xuíza que instrúe o caso da operación Carioca, en Lugo.
Pero, sen chegar a operacións da envergadura do Carioca e enlazando coa noticia que encabeza esta reflexión, onde van parar as fortunas que xera a prostitución? Habería que pararse a pensar que fan os concellos nos que se instalan os prostíbulos, os "tablaos", os pisos de citas? Por qué unha cidade civilizada como Vigo, segue a ter taxis que anuncias prostíbulos? Costa crelo pero todos os partidos demócratas que estiveron a fronte da Alcaldía desta cidade seguen a permitir o maltrato das mulleres dentro das casas de citas, dentro dos burdeis, dentro dos taxis que serven de cómplices aos traficantes de mulleres; calan, MINUTO DE SILENCIO para a foto, e non fan nada.
Non fan nada porque existe unha clara complicidade co sistema de explotación porque xera cartos, moitos cartos que financia caprichos, algunha fonte de pésimo mal gusto, e as veces, (espero que aquí non) campañas electorais.
M.Bar
No hay comentarios:
Publicar un comentario