Translate
13 oct 2011
10 oct 2011
CARTA AO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
Queridas amigas e compañeiras feministas: Recibín unha alegría cando souben que no Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo, me propuxerades para formar parte da Real Academia Galega. Dixen xa daquela que o voso recoñecemento era máis importante para min que o ingreso nesa alta Institución. Ademais vos afanaches para conseguir moitos apoios, comezando polo concello da miña cidade, que tanto me gorentou, e outros concellos, asociacións e persoas galegas a quen lle debo recoñecemento...http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com/p/asunto-academia.html
3 oct 2011
80 anos de parabéns a Clara Campoamor
Cúmprense oitenta anos desde aquela xornada na que a deputada do Partido Radical, Clara Campoamor, conseguiu vencer as reticencias de varóns das Cortes Republicanas (da dereita e da esquerda, incluso do seu partido) para permitir ás mulleres españolas o acceso ao sufraxio activo. Foron longas negociacións, traicións e plantes como o da súa única semellante, a socialista Victoria Kent, que desconfiaba da independencia de criterio das mulleres, dominadas pola igrexa. Neste aniversario gabámonos da valentía de Clara Campoamor co seu taxante e innegociable: "unha muller, un voto". Unha aposición semellante, claro que só no aspecto gramatical, saía estes días da boca do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño -"un home, un cargo"-, en relación á acumulación de cargos públicos de polític@s do PSOE. Pero o máis grave do asunto non é a expresión, xa de por si excluínte e trasnoitada, senón o silencio e a falta de réplica das mulleres e os homes do seu partido, sobre todo dos que presumen de feministas nos mitins. Alí si que repiten ata a o empalago aquilo de "compañeiras, compañeiros, mozos e mozas..." Que pasaría se Caamaño trocase o xénero: "unha muller, un cargo"? Probablemente sairían como feras todos eles e, o peor, elas, tamén indignadas polo lapso. Pero non é doado confundirse a prol do sector marxinado.
Desde a óptica feminista a docilidade coa que aceptamos ser obviadas, soa a renuncio, a baixada da garda ideolóxica; unha especie de insensibilidade ante a "norma excluínte", que se nos pode vir enriba como castelo de naipes, cando máis seriamente deberíamos apuntalar os nosos dereitos.
23 sept 2011
Crimes de Estado
Carta aberta a Amnistía Internacional
Comparto a vosa dor por Davis pero gustaríame que compartírades a mesma dor por cada muller que asasina a parella día día ou semana a semana. A "normalidade" fai que non merezan a mesma importancia que un preso no corredor da morte. Pensade que esas mulleres viven en situacións peores, que o seu corredor da morte está inzado de ofensas, de menosprezo, de traballo excesivo, de depresión. De querer escapar espéralle a morte. Ás veces, só porque si. Porque quen manda, manda. Estas vítimas, asasinadas normalmente no "privado" só merecen Un Minuto de Silencio ás portas do respectivo Concello. Non merecen a vosa piedade nin a vosa atención? Con afecto, MXQ
12 sept 2011
O ERRO INFINITO
María Xosé Queizán
Continúo pensando que as insólitas revolucións que se están levando a cabo nos países árabes son os sucesos históricos máis relevantes do inicio do s.XXI. E digo inicio porque os cambios, desde o descubrimento do motor, estiveron marcados pola velocidade, e desde internet, abriron os espacios nunha internacional feita realidade.
Mesmo así, os avances conviven con reductos reaccionarios. Mentres Túnez, Exipto, agora Libia e mañá, esperemos, Siria e outros, se liberan dos dictadores medievais, crueis e coránicos, para iniciar unha vía democrática e laica, permanecen masas islamistas, onde domina a parte irracional e primitiva do cerebro, que devecen por matar infieis, como fixeron os cristiáns con eles na época medieval. Sempre hai supremas organizacións, como Al Qaeda, ou outrora a Igrexa Católica, que se benefician da súa influencia dogmática, e premian as masacres da alienación co perdón dos pecados e un lugar preferente no ceo. Así rescatan persoas Purificadas ( ás mulleres, mira por onde!, permíteselles a entrada na corte de suicidas que cometerán atentados inmolándose) para os actos terroristas. En España, onde campan ás súas anchas e toman as rúas para orar, nunha postura abondo irreverente, foron adoutrinad@s unha manchea de mentes portadoras de odio relixioso.
Por moi paradoxal que pareza, é máis doado acabar cun dictador e as súas armas bélicas, que coa reprodución ideolóxica da fe e os dogmas relixiosos tradicionais. Isto me leva a pensar que logo escoitaremos críticas sobre a permanencia de certos costumes ou o uso do velo feminino, nos países árabes que fixeron o cambio democrático. Serán de persoas que ven a palla no ollo alleo e ignoran a trabe no propio. Despois de 37 anos da morte do noso dictador, e durante 36 anos de “democracia”, aínda non conseguimos que os gobernos, con varias lexislaturas de ideoloxía socialista, acabaran co vergonzoso Concordato co Vaticano que permite recibir o Papa con honores de xefe de Estado e diñeiro público.
En Vigo, e non ha ser unha excepción, mantense desde hai 50 anos, a pesar das múltiples reclamacións de certa cidadanía, a Cruz dos Caídos, frente por frente dun goberno municipal socialista. Mentres España non sexa un estado laico, non será democrático. Aínda nos van adiantar as Constitucións das novas democracias árabes.
Aspiramos a unha democracia real, a un ensino eficiente e xeral que incremente os coñecementos da cidadanía, non só para servir no mercado capitalista, senón para acabar con mitos e teas de araña fanáticas, e abrir as mentes a espacios libres e gratificantes. Dixo Bertolt Brecht: A causa principal da pobreza cognoscitiva é a riqueza imaxinaria. O principal obxectivo do coñecemento non consiste en abrir a porta da sabedoría infinita, senón en poñer coto ao erro infinito.
8 jul 2011
Aforro real xa
Algunhas propostas de aforro das administracións públicas:
http://www.d-3.info/foros/eliminacion-del-senado-t352.html#p2353
http://www.d-3.info/foros/eliminacion-del-senado-t352.html#p2353
Guerra á liberdade de eleción
A Xunta saca un plan para que “chegue a termo” o embarazo, contando co apoio loxístico colectivos como Red Madre ou Cáritas Diocesana (informa O Xornal)
30 may 2011
27 may 2011
Presa por conducir
Manal al Sharif es asesora de seguridad informática y tiene 32 años. El 21 de mayo conducía un coche en compañía de su hermano, Muhammad al Sharif, cuando unos agentes de tráfico les dieron el alto. Inmediatamente les detuvieron aunque a las pocas horas fueron liberados tras hacerles firmar unas declaraciones en las que se comprometían a que Manal al Sharif no volvería a conducir en Arabia Saudí. En la madrugada del día siguiente los dos fueron detenidos de nuevo e interrogados: Muhammad quedó libre pero Manal fue trasladada a una prisión de mujeres de Dammanm, donde permanece recluida. Manal participaba en la campaña “Women 2 Drive” (Mujeres al volante) contra la prohibición de que las mujeres conduzcan en Arabia Saudí. Se trata de una campaña pacífica en la cual las mujeres se graban conduciendo y hacen públicas en la web las imágenes. Manal había subido a YouTube un vídeo de este tipo.
Las mujeres de Arabia Saudí se enfrentan a una severa discriminación tanto en la ley como en la práctica. Se les niega el derecho al voto, y deben obtener el permiso de un tutor varón para poder viajar, realizar un trabajo remunerado, cursar estudios superiores o casarse. La violencia de género es, según se cree, generalizada.
Firma esta carta demandando la liberad de Manal al Sharif, considerada por Amnistía Internacional como presa de conciencia, detenida por cuestionar leyes y políticas discriminatorias.
Firma esta carta demandando la liberad de Manal al Sharif, considerada por Amnistía Internacional como presa de conciencia, detenida por cuestionar leyes y políticas discriminatorias.
17 may 2011
A CAMAREIRA DO MEU AMOR.
No noso país e nos que nos rodean sería impensable a detención e ingreso en prisión de Strauss-Kahn.. É posible na democracia americana. Algo que debe servir para recapacitar a aqueles que aforran calquera compromiso dicindo que todo é culpa dos americanos, como fan os conservadores con Zapatero.
Por estes lares, que unha camareira de hotel, inmigrante africana, negra, denuncie de abuso sexual e intento de violación a un dos homes máis importantes do mundo, sería surrealista. A propia traballadora nin sequera o intentaría ao saber de antemán que a súa palabra non ía ter valor nin creto. Porén, a camareira dun hotel de Nova York fíxoo, confiando nas leis estrictas do país para tales delictos, acusou de intentar forzala a actos sexuais, oral e anal, a Satruss-Kahn, no seu cuarto, onde entrara para limpar. O autor da agresión e intento de violación, é, nada menos que o Director do F.M.I., máxima autoridade no ámbito económico, que aspiraba a Presidente da República Francesa, polo partido socialista.
Foi detido a punto, cando xa tomara precipitadamente, un avión de Air France para marchar ao seu país. Foi sacado do avión, esposado e conducido á comisaría. Sometido a unha roda de recoñecemento, a vítima identificouno como o agresor.
Non foi aceptada a fianza que estaban dispostos a pagar os seus avogados, 1 millón de dólares. Unha cifra importante para o director do FMI, pero que non lle serviu de nada para impedir que se faga xustiza. Está no cárcere co traxe de penado. Daría algo por ver unha foto.
O partido socialista francés e os compañeiros do FMI, falan de momento da presunción de inocencia.
Solidariedade coa vítima, desde hoxe a Camareira do meu amor.
Solidariedade coa vítima, desde hoxe a Camareira do meu amor.
María Xosé Queizán
28 abr 2011
25 abr 2011
Grândola, Vila Morena (25 de Abril)
Fermoso himno da revolución dos cravos
que nunca deixa de emocionarnos
19 abr 2011
III ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2011
organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
DATAS: 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
+ INFO NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 /// 606 92 91 37
organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
DATAS: 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
+ INFO NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 /// 606 92 91 37
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






