Translate

12 ene 2012

Un roteiro con moita historia... das mulleres de Vigo


Recuperando a nosa memoria; un interesantísimo proxecto das MNG
que debería ter deixado
pegadas (físicas) nos recantos vigueses.

31 dic 2011

Festa da palabra 27



A piques de saír á rúa, FIGA celebra a chegada do novo ano 2012 con novos alicerces científicos para a nosa revolución en marcha. Benvido pois este monográfico da Festa da palabra silenciada das Nobel científicas*, que promete ser diverso e polémico.

*Ilustración da cuberta de Eva Carrera




19 dic 2011

Hipersexualización 2



Comentaba o outro día a hipersexualización da sociedade actual.
Esquecín un dato ben gráfico e aparente: A intervención nos beizos que fan moitas mulleres para ampliar os beizos, sobre todo as que aparecen publicamente, as modelos e actrices.
Se nos fixamos, eses labios grandes e grosos semellan os labios maiores dunha vulva. A través da exuberancia e o vulto carnoso e vermello no rostro proclaman a vizo do sexo. ler artigo


10 dic 2011

Sentido común dun feminista

En torno ao debate abolicionista na Franza (sempre nos teñen que adiantar, a pesar do goberno conservador) o xornalista Iñaki Gabilondo pregúntase -igual que moit@s de nós- como unha sociedade civilizada acepta con mansedume esta lacra social que denigra tanto aos machos como ás femias, entregándose a unha actividade que pon en evidencia os peores instintos da especie humana.

http://blogs.elpais.com/la-voz-de-inaki/2011/12/no-a-la-prostitucion.html

2 dic 2011



The culture of masculinity costs all too much to ignore

If men committed as little crime as women it would help pay for the deficit. They can change: testosterone need not mean violence





HIPERSEXUALIZACIÓN

María Xosé Queizán

        A sociedade actual está hipersexualizada. O sexo está magnificado e, ao mesmo tempo, vulgarizado. Permanentemente en escena, na arte, no teatro, no cine, na publicidade, fíxose imprescindible. Se hai 40 ou 50 anos as películas remataban cun bico da parella, hoxe comezan cun coito. ler todo o artigo

24 nov 2011

"Una hostia a tempo te pone a andar"

"La violencia no es el camino, pero una hostia a tiempo te pone a andar".
Deste xeito celebran algúns locais comerciais o Día internacional contra a violencia de xénero. A poucos metros do Museo MARCO, de Vigo, un dos puntos de arranque do "Enlaza Vigo contra a VdX", no escaparate dunha tenda que vende camisetas para progres e xente nova desenfadada, con frases cheas de inxenio, podemos aprezar esta broma de tan mal gusto que unha vez máis nos confirma a falta de conciencia social incluso a niveis progres que se lles presupón unha maior intolerancia contra a inxustiza.

17 nov 2011


O CONTRATO SEXUAL, por María Xosé Queizán

Unha das miñas teimas en relación co Feminismo é a permanencia na sociedade patriarcal do Privado e o Público. 1Cando na Ilustración xorde a teoría do Contrato, un enorme avance que vai sustentar a liberdade persoal, unha liberdade civil igual que é protexida polo Estado. Pero o mesmo Rousseau, impulsor do Contrato, exclúe del ás mulleres. Establécense dous Contratos: O Público, pertence á esfera masculina, a esfera da Polis é a da liberdade. Un home que só vivise a vida privada non era plenamente humano. 2 Na esfera pública é onde as cousas teñen valor. ler todo o artigo

11 nov 2011

25 oct 2011

O patriarcado, por Teresa Barro


O patriarcado é 
un sistema autoritario que estabelece desigualdade e xerarquía nata. Ora, mesmo porque é un sistema, pódese estudar, ver cáles son as columnas que o sosteñen e botalas abaixo. ler o artigo

24 oct 2011

Un pesadelo que non cesa: o terrorismo machista

MANIFESTO DE FIGA


Feministas Independentes Galegas, (FIGA) quere expoñer a súa indignación ante os criterios adoptados polo Goberno, Institucións políticas, Partidos, Asociacións e demais compoñentes políticos e sociais, ante a declaración do cese da violencia etarra.
Puidemos ler e escoitar declaracións deste tipo:
É o fin dunha vida incerta, insegura.
Nace un novo tempo político.
Punto final do pesadelo
Cese da violencia que foi a aspiración da sociedade española durante décadas.
A democracia termina por triunfar sobre os fanáticos que sementaron o terror.
Non haberá un guarda civil, un político, un empresario, un obreiro... máis, asasinado.
Agora é o momento da esperanza e da memoria.

A metade da humanidade, as mulleres, que SOMOS HUMANAS, aínda que non sexamos consideradas coma tal, ao ler e escoitar declaracións deste tipo, sentímonos desfechadas e ofendidas. Ignoran as autoridades o peor flaxelo que padece esta sociedade, a persecución, a dor, o sufrimento das mulleres. Non teñen en conta o número de mulleres asasinadas acotío polos seus esposos ou compañeiros. Prescinden das criaturas asasinadas polos propios pais ou padrastos, para vingarse das nais.
De que democracia ousan falar?
As víctimas de ETA, mereceron grandes pompas fúnebres, e mesmo leis que os amparen e perpetúen a súa dor.
As víctimas do terrorismo patriarcal, só merecen UN MINUTO DE SILENCIO diante dos seus respectivos concellos. Despois, o seu nome pasa ao anonimato.
Son víctimas do poder masculino, do dominio que, en maior ou menor medida, exercen todos os homes sobre as SÚAS mulleres. Estes criminais non pertencen a unha organización armada nin a un ideario particular; pertencen a un sistema universal chamado patriarcado, un comportamento que se sucede desde os primates aos homes actuais, e que se foi adaptando a todos os sistemas e épocas, favorecido polas relixións, os sistemas reaccionarios e os beneficios e privilexios que obteñen del todos e cada un dos homes.
Paréceme escoitar as protestas: non todos os homes se comportan así! Certo. Non o fan. Algúns porque son pacíficos e conciliadores; algúns porque se solidarizan coas compañeiras. Pero, en xeral, débese á necesaria complementariedade:
Frente á dominación é precisa a submisión.
A supervivencia, o instinto de conservación das mulleres levounas a agacharse, tras dos burkas ou tras un “hai que sabelo levar”. Cando as esposas- esposadas se rebelan, se enfrontan ou pensan en fuxir, acostuma saír a fera patriarcal instalada no sistema límbico dos cerebros masculinos.
Como é posible que homes amantes da liberdade, da xustiza, da solidariedade humana, diríamos, non se alporicen ante tanto crime contras mulleres e só consideren as víctimas masculinas e públicas?
Mellor que falar de perversión e misoxinia deliberadas, será constatar a CEGUEIRA. Resulta que as mulleres paren homes incapacitados para ver, para considerar persoas e cidadás ás mulleres, mesmo se viven, se alimentan, gozan, se empoderan, reciclan e perpetúan, grazas a elas. Así é. Non as ven. Por iso, cando as violan, maltratan e asasinan, non as contan, nin as reputan nin as respectan.
A división, unha liña sempre imprecisa, entre dereitas e esquerdas, neste caso non conta en absoluto.
Desde o ano 2003 temos estatísticas do número de crimes cometidos contra as mulleres, no núcleo sentimental, na sacrosanta familia, no espacio do amor e do apoio mutuo.
Desde o ano 2003 ETA matou 16 persoas. No mesmo período foron recoñecidas como asasinadas con diferentes métodos 617 mulleres. Desde que ETA cometeu o 1º atentado, o machismo acabou coa vida de 3.060 mulleres, contando a unha media de 60 por ano.
Sigan facendo contas. Saian de España a Europa, EEUU, Canadá, os países “democráticos”. Recorran despois Asia e América do Sur. Intérnense no inferno feminino africano e sumen. Sintan como se lles quebra a calculadora, como as cifras gritan e desbordan o contable, o concibible. Despois disto, se afirman que as mulleres somos humanas, digan se poden durmir tranquilamente.
Poderán. Xa verán como non falan desta masacre nos mitins electorais.

FIGA


ETA pode pedir perdón ás súas víctimas. É un número asumible.