Translate

6 mar 2013

A sindicalista Carmen Segurana, distinguida co Premio Ernestina Otero 2013 polo Consello Municipal da Muller


Comeza a súa andaina no Club de Amigos da UNESCO”, traballará na clandestinidade no sindicato CC.OO. Desde finais dos 60 impulsa en Vigo o Movemento Democrático de Mulleres (que emerxe no ano 65) como tarefa prioritaria. A organización comeza a ter moita forza en Galicia noutros lugares de Galicia como Ourense e as mulleres conseguen chegar preparar un congreso constituínte para o 12 de marzo do 72.

Levará a cabo un interesante labor de concienciación de mulleres formando grupos de apoio aos presos comunistas. 
Participará nas mobilizacións obreiras de Vigo a finais do 70 e en campañas feministas como as do divorcio e a legalización do aborto e os método anticonceptivos. Desde o MDM distribúese o voceiro artesanal "A muller e a loita".

Máis información:
Bar Cendón, Mónica (2010): "O Feminismo reformista: o Movemento Democrático de Mulleres", en Feministas Galegas, claves dunha revolución en marcha. Vigo. Edicións Xerais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario