Translate

7 mar 2013

8 de marzo. Consello Municipal da Muller de Vigo


CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
        ACTIVIDADES E ACTOS EN VIGO ORGANIZADOS POLO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
Con motivo da conmemoración do 8 de Seguranamarzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo organizan unha serie de actividades e actos na cidade.
Aínda que a información completa a tedes no programa e cartel que se xunta, destacamos as seguintes iniciativas:
 Venres , 8 de marzo:
10:00 h. Sesión plenaria do Consello Municipal da Muller
Sesión aberta ao público ata completar aforo.
22:00 h. Entrega do Premio Ernestina Otero a Carmen Segurana (convite adxunto)
O premio concederase no transcurso dunha cea no Hotel Coia. As reservas deberán realizarse ata o día 7 de marzo, chamando ao tlf. 654 401 709 (Ángeles Arias) ou no tlf. 607 328 503 (Concepción Regueiro)
O prezo do menú (23 €) será recollido o día da cea no hotel Coia.


 Sábado, 9 de marzo na praza da Constitución:
12:30 h. Percorrido do I Roteiro en  feminino "Sons de Mulleres" guiado por María Casar.
17:00-20:00 h. Espazo lúdico de Igualdade. Actividades e xogos para as crianzas.
20:00-24:00 h. Festa pola Igualdade na praza da Constitución: música tradicional, soul, blues, canción de autora, rap

 OUTRAS ACTIVIDADES:
Maratón de chíos pola Igualdade!  Animádevos a participar no maratón en twitter enviando os teus chíos pola Igualdade do 4 ao 8 de marzo co hashtag #VigoIguala

Información completa do maratón no enlace: http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=386
Tapas de Igualdade . Desde o 4 ao 8 de marzo poderanse degustar as "tapas de igualdade" creadas para a ocasión polos Asociación de Comerciantes e Hosteleiros/as de Vigo Vello.

Durante os días 8 e 9 de marzo o Consello Municipal da Muller portará o facho que simboliza a Rosalía de Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario