Translate

30 dic 2012

Falece a Nobel Rita Levi-Montalcini

Con 103 anos de idade, falece na súa casa de Roma, Rita Levi-Montalcini unha das figuras cruciais para a ciencia do século XX. Con estas frase que sintetiza a súa incansable dedicación á investigación: Entrei na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida!” iniciaba o meu artigo na Festa da palabra silenciada (nº 27 “As nobel científicas”, Vigo 2011) dedicada a unha das escasísimas Nobel científicas da historia.
Nunha entrevista a piques de cumprir 100 anos, Rita Montalcini (Turín, 1909) mostraba a súa sagacidade e sentido do humor, avalando as teses que respaldan o descubrimento que premiou a Academia Sueca: o factor de crecemento neuronal (Nerve Growth Factor, NGF). A forza do seu cerebro, curioso e entusiasmado pola ciencia ata o último momento presaxiaban outros cen anos de vida, desafiando ao deterioro fisiolóxico. De aí que recibir esta noticia nos produza unha inmensa desolación, neste momento tan crítico para a ciencia, para a investigación, que en gran medida poría en risco o desenvolvemento do seu legado. ler en feminismo.eu
                                                                                                                                               Mónica Bar

No hay comentarios:

Publicar un comentario