por María
Xosé Queizán, 24/12/12
Cando
era nena e ía de visita a Santiago, onde vivían @s García,
familiares da miña nai por parte de nai, xa tiven ocasión de ver,
baixando pola Algalia, a dúas mulleres estrañas, collidas do
ganchete, coa cara enfariñada, pintadas como no entroido e vestidas
dun xeito estrafalario. Dábanme medo porque sabía que non era
carnaval, que non pretendían asustar a ninguén nin tampouco facer
rir, que o estupor que causaban en min non era manifestado polo resto
da xente.
Seguín
véndoas cando fun maior. Malia os cambios que se producen nas
cidades cos anos, esta cerimonia permanecía. Se me cadraba pasar
polo Toural ou pola Alameda ás Dúas en Punto, outro dos nomes que
recibían as Marías, presentábanse como espectros envellecidos. A
regularidade da súa aparición tiña o carácter dun contrato, coma
se o Concello negociase os seus servicios para unha actuación, coa
finalidade de divertir a visitantes e turistas. Pero non. Viñan de
seu. ler máis en feminismo.eu
No hay comentarios:
Publicar un comentario