Desiguais na desigualdade, por Carme Adán
Sobre a crise económica e o efecto sobre as mulleres
"...estas mulleres loitaban polo recoñecemento nas institucións e proclamaban leis de igualdade, aínda que nunca esquecían que as tarefas do coidado seguían nas súas mans. Cansadas da tripla xornada viron como a cadea de coidado desprazábase as mulleres dos países pobres que, poñéndolle rostro feminino a inmigración, viñan a facerse cargo de nenos e vellos. Nos seus países de orixe quedaban as súas nais coidando dos seus fillos e agardando os cartos para alimentar a toda a familia extensa. Tamén estaban aquelas que nos estados en proceso de desenvolvemento traballaban en situación de semiescravitude, xunto as súas fillas e fillos, para que o empresariado podidese presumir das bondades da deslocalización. No efecto arquipélago da distribución da desigualdade, as máis pobres dos países máis ricos sufriron especialmente as practicas abusivas dos bancos e agora, por exemplo, na crise das subprime dous terzos das hipotecas executadas son de mulleres. Sen emprego e endebedadas, con menor poder adquisitivo, con maiores dificultades no mercado laboral, con maiores índices de pobreza, sen poder nin recoñecemento, con dificultade de acceso aos escasos servizos públicos e asumindo en solitario a cadea de coidado teñen que escoitar os discursos sobre a demografía ou as novas leis de familia. Acaso algunha vez deixaron as mulleres aparcado o coidado humano por moito que a economía da especulación non o contabilice entre os seus beneficios?..." Artigo en o Xornal
No hay comentarios:
Publicar un comentario