Translate

18 mar 2011

Mujeres na Informática e na Telecomunicación


O obxetivo principal desta exposición é visibilizar o papel dla muller neste campo científico, e mostrar algunhas das súas aportacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, tanto na actualidade como ao longo da Historia...


http://divulgamat2.ehu.es/divulgamat15/index.php?option=com_content&view=article&id=12190&Itemid=45&limitstart=1

9 mar 2011

MULLERES ÁRABES, Artigo de María Xosé Queizán


Risco de reformas contrarias ás mujeres no mundo árabe
AMECO Press, Xoves 10 de marzo de 2011, Redacción



Revolucionarias, si pero sin poder
(Fonte: Fundación Matria)
http://www.fundacionmatria.org/nav/noticias/noticia_0013.html

8 mar 2011

8 de marzo, 100 anos despois da súa declaración universal


Pleno municipal do 8 de marzo do Concello de Vigo, con participación de membras do Consello Municipal da Muller, Concelleiras e ex Concelleiras:

  • Luisa Ocampo (MNG), o feminismo é a nosa política anti patriarcal e antineoliberal. ler texto completo
  • Rosa Fontaíña (Rede de mulleres contra os malos tratos), as mulleres seguen a estar desprotexidas ante as institucións e ante a xustiza real. ler texto completo
  • María Xosé Queizán (FIGA), a cultura para as mulleres e o veneno, un veneno que nos e nos oprime a través das mensaxes degradantes da publicidade e dos Media. ler texto completo
  • Iolanda Veloso (Concelleira de Igualdade, BNG), estamos dispostas, como mulleres políticas, a asumir os nosos compromisos para cambiar a situación de inferioridade das mulleres.
  • Lucía Molares (PP), considérome feminista e agradezo o aprendido nos anos de concelleira grazas a feministas como María Xosé Queizán e as demais aquí presentes.
  • Laura López recoñeceu que as leis do do PSOE en materia de Igualdade e Violencia de Xénero vense mermadas no seu efecto na súa execución

Noutras intervencións dirixíronse as denuncias en ámbitos sociais concretos: Aurea González, de Dorna, manifestou o seu descontento sobre o difícil papel das avoas sobre as que recaen, a falta de garderías, a atención d@s net@s. Unha representante das vocalías da muller recalcou a dobre precariedade que viven as mulleres traballadoras nestes momentos de crise.


http://www.europapress.es/galicia/noticia-consello-municipal-da-muller-vigo-critica-pervivencia-desigualdad-perpetua-precariedad-20110308110044.html

19 feb 2011

Carta aberta as académicas e académicos da RAG

A escritora e feminista María Xosé Queizán foi elixida polo Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 14 de setembro de 2010, como digna candidata para formar parte da ilustre institución que vostedes forman. O Consello, axente das políticas de igualdade, levou a consenso a proposta de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega, na actualidade, integrada soamente por catro mulleres, logo do recente pasamento de Olga Gallego Domínguez.

A resolución do Consello valorou o labor extenso a prol da nosa cultura e a nosa lingua, de María Xosé Queizán, consolidada nas súas diversificadas facetas como intelectual, docente e activista a prol dos dereitos das mulleres na nosa sociedade e que damos por feito, a Institución que vostedes forman, terán a ben considerar.


CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER

Festa da palabra nº 26 ACTUALIZAR A ROSALÍA, e Festa dixital, nº 2

16 feb 2011

Desiguais na desigualdade, por Carme Adán
Sobre a crise económica e o efecto sobre as mulleres


"...estas mulleres loitaban polo recoñecemento nas institucións e proclamaban leis de igualdade, aínda que nunca esquecían que as tarefas do coidado seguían nas súas mans. Cansadas da tripla xornada viron como a cadea de coidado desprazábase as mulleres dos países pobres que, poñéndolle rostro feminino a inmigración, viñan a facerse cargo de nenos e vellos. Nos seus países de orixe quedaban as súas nais coidando dos seus fillos e agardando os cartos para alimentar a toda a familia extensa. Tamén estaban aquelas que nos estados en proceso de desenvolvemento traballaban en situación de semiescravitude, xunto as súas fillas e fillos, para que o empresariado podidese presumir das bondades da deslocalización. No efecto arquipélago da distribución da desigualdade, as máis pobres dos países máis ricos sufriron especialmente as practicas abusivas dos bancos e agora, por exemplo, na crise das subprime dous terzos das hipotecas executadas son de mulleres. Sen emprego e endebedadas, con menor poder adquisitivo, con maiores dificultades no mercado laboral, con maiores índices de pobreza, sen poder nin recoñecemento, con dificultade de acceso aos escasos servizos públicos e asumindo en solitario a cadea de coidado teñen que escoitar os discursos sobre a demografía ou as novas leis de familia. Acaso algunha vez deixaron as mulleres aparcado o coidado humano por moito que a economía da especulación non o contabilice entre os seus beneficios?..." Artigo en o Xornal

El presunto asesino de su ex novia en Málaga evitó la cárcel con un curso sobre igualdad

Fue condenado en 2010 a 14 meses de prisión por amenazas y maltrato. A la víctima le denegaron la teleasistencia móvil por considerarla de riesgo bajo a pesar de tener orden de protección. ler máis

europa press / málaga

Día 15/02/2011 - 23.05h

1 feb 2011

REVOLUCIÓN NOS PAÍSES ÁRABES


Ninguén o esperaba. Quen pensou hai so uns días que a masa da poboación en países como Túnez, Exipto... e os que virán, ían saír á rúa para reclamar democracia? Como sempre resulta que os pobos non poden ser identificados cos gobernos que manteñen, cando se trata de dictaduras. Que non todos os musulmáns son islamistas radicais adoradores de Mahoma, que dentro das dictaduras- sempre me acordarei da franquista que me tocou vivir- non todas as persoas son adictas ao réxime.     ler máis
María Xosé Queizán 

31 ene 2011


DA trama dos proxenetas vigueses, irmáns Lorenzo, que tivo de cabeza a ALECRÍN e ás abolicionistas galegas:

Informa: MNG







Das novas en violencia de xénero que de pouco habituais, gostan de ser lidas

21 ene 2011

Vén de presentarse Randea do alento, a novela da Premio Nobel Herta Müller, na librería Andel, de Vigo, coa participación de Fran Alonso, Valentín Arias, María Xosé Queizán e a tradutora, Marga Doval. Achégase o texto da introdución de María Xosé Queizán.


Teño reflexionado sobre o feito de que en momentos de grandes traxedias e sufrimentos colectivos pode haber persoas que encontren a felicidade. Cantas e cantos non se terán namorado nun refuxio antiaéreo protexéndose das bombas, ou nun furgón que os leva á cadea ou a un campo de concentración! Cantas persoas non forxaron na guerra fondas amizades... É marabilloso que as persoas sexan quen de vivir momentos de felicidade e de pracer, rodeadas dos desastres e a dor do contorno, ou de salvar o altruísmo, a amizade, o amor en tempo de odio. Trátase do azar desafiando á necesidade.






10 ene 2011



NON Á CUSTODIA COMPARTIDA IMPOSTA POR VÍA XUDICIAL NOS DIVORCIOS CONTENCIOSOS SEN ACORDO D@S PROGENITORES

Para: Congreso de Diputad@s de España



Porque ante os casos de separación, divorcio e ruptura de parella entendemos que a custodia d@s menores debe desenvolverse sempre de forma responsable, e que o rexime de custodia compartida só pode outorgarse cando amb@s progenitor@s así o acorden, dicimos NON Á CUSTODIA COMPARTIDA NOS PROCESOS CONTENCIOSOS DE SEPARACIÓN, DIVORCIO E RUPTURA DE PARELLA, ANTE A PETICIÓN DE SÓ UNHA DAS PARTES. 


Recollida de firmas: Ler máis e asinar 

27 dic 2010

Desexos para o novo ano (frívolos) ou non tanto...

Para que no novo ano existan cueiros para a incontinencia masculina e as cremas dos homes non só reforcen a súa enerxía senon que tamén restauren os "síntomas de envellecemento e flacidez".
Ai, que mundiño este...

18 dic 2010

O CASO JULIEN ASSANGE

O CASO JULIEN ASSANGE
María Xosé Queizán

Este periodista, fundador de Wikileaks, que acaba de revolucionar os media con milleiros de documentos confidenciais do Departamento de Estado dos EE.UU., paralelamente é requirido pola Xustiza sueca con cargos de violencia sexual. A coincidencia fai pensar (sobre todo a aqueles a quen os delictos supostamente cometidos en Suecia parécenlle anecdóticos e de escasa importancia), que son falsos e pretenden apagar a imaxe do heroe actual a quen a revista Rolling Stone lle dedica o Star do ano.

14 dic 2010

DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS


Vemos estes días os novos anuncios nos xornais galegos:

María, ladra, roubo como unha profesional. Garántolle o pracer de mil euriños no peto do seu pantalón.
Se ten un “amigo” que lle debe cartos, non dubide en chamarme. Dou as mellores pancadas do mundo por un módico prezo.

Aquí algún exemplo real:

7 dic 2010

Orde de afastamento


Quen cre na efectividade desa orde? Os feitos indican que unha pena tan ridícula como afastar ao delincuente o único que conduce é a intensificar o instinto brutal do individuo, non a castigalo como merece.