Todo comezaría co que ninguén ignoraba, pero que houbo de sacar a luz ABC:
Una hija y el yerno de Méndez Ferrín, empleados en la RAG que preside
Día 09/01/2013
La Real Academia Galega, financiada con dinero público, los contrató para llevar
la web de la institución tras el acceso al cargo de Ferrín en 2010
Crisis en la RAG: un drama en cuatro tiempos
XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS, LVdG 9/3/13
El primer tiempo de este drama se inicia el 18 de enero, cuando, a raíz de algunas informaciones, el pleno de la Academia plantea diversas críticas relativas a su organización interna, la política de personal, la información presupuestaria y el cumplimiento de sus funciones. Y he de decir que este inicial rebumbio suena a tiro de gracia, ya que no deja de ser mala suerte que, en medio de la que está cayendo, la inmensa mayoría de los gallegos se enteren de que hay una Real Academia Gallega por este motivo tan pedestre, o porque se buscan subvenciones para subsistir, o porque todo se gestiona allí al estilo de las cajas, de los partidos, de algunos ayuntamientos o de la catedral de Santiago. Y eso, en una institución que vive exclusivamente de los presupuestos públicos, es intolerable.Pero el meollo del drama no está en el detonante, sino en el fondo de una institución que lleva mucho tiempo perdida en un elitismo cultural extemporáneo, que ya no conecta en nada con la realidad social de Galicia, que se enreda en un modelo de cooptación que la estantigua en su propia anemia, y que ya no es referente de nada ni para nada. A pesar de ser siempre oficialista, y una gran reserva de vacas sagradas, la RAG no pudo evitar que tanto el poder autonómico como la universidad y la sociedad fuesen llenando el país de instituciones -CCG, ILGA, IRP y otras- que, aun sin ser dechados de aciertos y virtudes, le fueron minando la autoridad, la imagen y su ámbito competencial, hasta convertirla en ese jarrón chino que nadie sabe dónde poner, ni nadie se atreve a arrumbar de forma elegante y conveniente.El tercer tiempo va de esgrima florentina, ya que lo único que sabemos de todos los académicos y autoridades concernidas es que nadie tiene intención de herir ni ambición de poder. Y eso no puede ser. Si hay problemas hay que destriparlos, sajarlos y sanarlos, y de ese oficio y circunstancia nadie puede salir ni impoluto ni neutro. Nos deben un debate sin treguas ni componendas, y unas conclusiones amplias, clarificadoras y orientadas a la reforma. Y si después de esto no hay vencedores y vencidos, estaremos ante lo peor que puede suceder: un tongo indecente en el que quedan escondidas y abortadas las verdaderas razones del conflicto.El cuarto tiempo es el protagonizado por quienes, después de presentadas las dimisiones que meten el problema en la fragua y lo ponen al rojo vivo, pretenden volverlo al pilón sin darle un solo martillazo. Las dimisiones de las más altas instancias, que no dependen de autoridad jerárquica, no son revocables. Y proponerle otra cosa a Méndez Ferrín es como devaluar su personalidad y pasar de lo más serio -una jugada maestra- a la pura trapallada. Porque el quinto tiempo de este drama sería el más trágico: haber empezado la movida, y hacer un cierre en falso.Demisión do presidente da RAG Ferrín
Cabana atribuye a una ´brutal campaña´ la renuncia de Ferrín
El académico culpa a la "extrema derecha madrileña y algún sector de la izquierda" de la salida del intelectual
26.02.2013 | 13:44Artigo de Carlos Negro en Praza Pública "Doce segundos de silencio": http://praza.com/opinion/882/doce-segundos-de-silencio/
Máis reaccións:
http://www.lavozdegalicia.es/temas/crise-na-rag http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/03/02/monteagudo-executiva-da-rag-debe-resolver-unha-crise-ela-provocou/0003_201303G2P39992.htm
Os documentos que seguen teñen por obxectivo mostrar o proceso iniciado desde a proposta de María Xosé Queizán como candidata a ocupar unha Cadeira vacante na RAG. A orde das cartas é a seguinte:
1.- Carta expositiva da proposta redactada pola comisión do Consello Municipal de Muller, a súa vez aprobada por unanimidade polo Pleno Municipal do Concello de Vigo.
2.- Carta do Consello da Muller de Vigo, a cada un e unha d@s Académic@s, coa intención de romper (infrutuosamente, ata o momento) co silencio administrativo.
3.- Carta de María Xosé Queizán ao Consello Municipal da Muller
4.- Outros: Artigo de Fran P. Lorenzo sobre o "silencio das académicas"
5.- De cómo comezou todo: Para cando a cadeira da RAG para MXQ? (A Nosa Terra, xullo 2010).
4.- Outros: Artigo de Fran P. Lorenzo sobre o "silencio das académicas"
5.- De cómo comezou todo: Para cando a cadeira da RAG para MXQ? (A Nosa Terra, xullo 2010).
1
Carta aberta as académicas e académicos da RAG
A escritora e feminista María Xosé Queizán foi elixida polo Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 14 de setembro de 2010, como digna candidata para formar parte da ilustre institución que vostedes forman. O Consello, axente das políticas de igualdade, levou a consenso a proposta de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega, na actualidade, integrada soamente por catro mulleres, logo do recente pasamento de Olga Gallego Domínguez.
A resolución do Consello valorou o labor extenso a prol da nosa cultura e a nosa lingua, de María Xosé Queizán, consolidada nas súas diversificadas facetas como intelectual, docente e activista a prol dos dereitos das mulleres na nosa sociedade e que damos por feito, a Institución que vostedes forman, terán a ben considerar.

A actividade de María Xosé Queizán comeza de ben nova, con colaboracións no xornal, El pueblo gallego, de Vigo. Continuou publicando artigos en prensa no prestixioso semanario Triunfo, e ben entrados os anos de democracia, plasmou o seu estilo satírico e incisivo nas páxinas de Faro de Vigo, La Voz de Galicia e A Nosa Terra.
A preocupación de María Xosé pola lingua galega, en paralelismo coa desigualdade á que estaba sometida a muller na nosa terra, inspirou un dos máis brillantes e, desde logo, pioneiro ensaio A muller en Galicia que o desleixo político nestes ámbitos o poñen novamente de actualidade.
A escritora entrou no ámbito novelístico coa súa obra A orella no buraco, iniciándose na rota dun movemento literario vangardista, impregnado das correntes en boga en Francia, que dará como froito a nova narrativa galega. O alento dismitificador desta literatura concretouse no seu escrito “A nova narrativa e a loita contra o sentimentalismo”, publicado en Grial no ano 1979, que como ben dixo Queizán: “lonxe de ser un produto importado, ten os alicerces nas nosas raíces históricas”.
Non existe xénero nin modalidade literaria que non tentaran a María Xosé Queizán. Nos noventa estréase na poesía con Metáfora da metáfora, ao que seguirán outros títulos como Despertar das amantes, Fora de min e, máis recentemente, Cólera. Da súa poesía conceptual, á de proclamas revolucionarias, pasando pola de compromiso social polos seres marxinados do sistema, e as que ela denomina “exiliadas da palabra”.
Co xénero teatral mergúllase nos mitos clásicos para deconstruílos e emprazalos na realidade histórica galega, como na súa Antígona, a forza do sangue; e enfrontará temas de actualidade como na sarcástica comedia Neuras, levada a escena recentemente.
Detrás da súa obra, da imaxe pública de María Xosé Queizán, está o quefacer discreto; a súa atención desinteresada a demandas sociais; o seu activismo cultural que a levou a percorrer miles de quilómetros polos camiños galegos, como os seus antecesores das Irmandades da fala, “militando” pola nosa cultura e a lingua galega, nas máis recónditas aldeas, e tamén fóra das nosas fronteiras. Un compromiso de militancia íntimo e radical que moi a miúdo relegouna ás marxes dos focos e dos galardóns.
Estas brevísimas pinceladas que apenas reflicten o valor humano e intelectual de María Xosé Queizán, pretenden ser unha chamada á porta desa Institución que o pobo galego precisa e coa que as mulleres e os homes galegos gustarían de sentirse identificados.

En Vigo, 30 de setembro de 2010
Adhírete coa tua sinatura e apoia a candidatura de María Xosé Queizán (blogue da Concellería de Igualdade de Vigo)
2
Esta carta e o seu dossier adxunto non debería ter existido, pois a estas alturas estamos seguras de que todas e todos vostedes son coñecedores do seu contido, e sen dúbida, aínda que ningún de vostedes fora quen de propoñela para as cadeiras que veñen de decidir, valoran a importancia de María Xosé Queizán para a cultura galega.
Non debería ter existido porque consideramos que, en boa lóxica, nun organismo de utilidade pública como a RAG, ademais da discreción debería imperar a receptividade ante propostas serias e ben avaladas; e, moito máis, despois da xuntanza na Vicealcaldía do Concello de Vigo co mesmo Presidente da entidade.
Non obstante, e comprometidas coa causa que justificadamente perseguimos, e dado o silenciamento deste asunto por parte da Institución, e cada un dos seus integrantes (con algún deles, houbo contacto directo), consideramos oportuno seguir o curso do protocolo que iniciamos e sumariar os pasos dados ata este momento a cada un ou unha de vostedes.
- Elección de María Xosé Queizán no Consello Municipal da Muller, como proposta para cubrir unha das cadeiras vacantes na RAG.
- Ábrese unha páxina pública de apoios.
- A proposta consolídase co apoio do Pleno Municipal do Concello de Vigo.
- Representantes do CMM e a Concelleira de Igualdade reúnense co Presidente da Real Academia Galega, ao que lle transmitimos o contido da nosa proposta agardando sexa transmitida ao resto das e dos integrantes da Academia.
Ata este punto chegamos sen comprender as razóns deste oscurantismo por parte da RAG ante a nosa proposta justificada, avalada e recoñecida; xenerosa coa cultura galega, e adecuada ao devir dos tempos.
Sen outro particular, reciban sempre os nosos mellores desexos de prosperidade cultural.
A Comisión de apoio a ingreso de María Xosé Queizán na RAG.
Consello Municipal da Muller de Vigo
Queridas amigas e compañeiras feministas: Recibín unha alegría cando souben que no Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo, me propuxerades para formar parte da Real Academia Galega. Dixen xa daquela que o voso recoñecemento era máis importante para min que o ingreso nesa alta Institución. Ademais vos afanaches para conseguir moitos apoios, comezando polo concello da miña cidade, que tanto me gorentou, e outros concellos, asociacións e persoas galegas a quen lle debo recoñecemento.
Estou en débeda con tod@s, e non podía defraudarvos. Pero, pasado un tempo, supoño que vos decataches do que eu xa era consciente: que non se ía producir tal ingreso. Porén pídovos a liberdade para expresarme e declarar os meus desexos.
Nunca quixen nin quero entrar na Academia. Cónstame que ante esta declaración haberá quen lembre a Fábula de Esopo, da raposa e as uvas. Non é o meu caso. Pero tampouco me importa que non o crean. Levo toda a vida soportando atribucións arteiras e menoscabos sen que iso afectase á miña saúde, o meu optimismo e o meu goce cultural.
Non me vexo na Academia e tampouco teño tempo para esa ocupación. Son abondas xa as miñas ansias e preocupacións, entre as que están as literarias, as culturais e o activismo feminista.
Sei que as amigas e compañeiras feministas confiaban no labor que podía levar a cabo nesa Real Institución a favor das mulleres galegas, no eido lingüístico e cultural. Cónstame que nese lugar só se pode entrar para traballar polo intereses dos académicos. Trátase dunha Casa, ( onde por certo habitou a gran sabia e feminista Emilia Pardo Bazán, que, mesmo querendo, non conseguiu entrar na Academia. Tampouco entrou Rosalía de Castro) onde predomina o imaxinario masculino. A teoría feminista, que comeza cun precursor no s.XVII, Pullain de la Barre, segue no s.XVIII con Olimpe de Gouches e Mary Wollstonecraft. coaVindicación dos dereitos da Muller, Condorcet, Benito Feixó oe Martín Sarmiento, J.Stuart Mill, F. Engels, Augusto Bebel, Pierre Bordeaux ou o actual Carl Djerassi, por citar homes, e tantas filósofas, comezando por Simone de Beauvoir, Kate Millet, Clara Campoamor, M. Le Doeuff. até as milleiras que na actualidade forman un ricocorpus da teoría, liberadora e crítica, feminista é ignorada nese contexto. Os libros onde se amosa esa herdanza intelectual, non deben figurar nas bibliotecas nin nas mentes dos ilustres académicos.
Afirmo que non hai acritude nas palabras anteriores. Mesmo se negan a Lei de Igualdade e a propia democracia, teño un vínculo coa Academia co que sempre me identificarei: a lingua galega. Porén, sei que os argumentos que veño de expoñer non son ofensivos para os distinguidos académicos. Consideran que o suxeito de ver e saber é masculino.
Pretendín demostrarlle a toda a cidadanía que me propuxo que a Academia será o último que cambie na sociedade. Aínda que vaian introducindo algunha muller a conta gotas coma quen regala unha flor.
Hoxe, día 14 de Setembro de 2011, no 1º Concello Municipal da Muller da nova lexislatura, pídovos a liberdade para declarar que non quero nin quererei entrar na Real Academia Galega, así como que me desculpen ante todas as institucións e persoas que me apoiaron.
Reitero as grazas e ofrezo a miña solidariedade e o afecto de sempre.
do Blogue de Fran P.Lorenzo
O silencio revela sempre unha estratexia ou un xeito de actuar. As pausas na música ou as crebas nun diálogo acaban por dicir sempre máis do que representan na partitura ou no texto. Por iso o silencio da Real Academia Galega fronte ao debate aberto arredor do seu masculinísimo plenario é atronador, abrouxa. Porque dunha parte estimula a lóxica indignación da sociedade galega, á que representa, e da outra vaise enchendo de leituras, se cadra incorrectas, pero que teñen a ver co desprezo, a distancia, a inoperancia ou a falta de comunicación.
Neste punto hai un outro silencio que aínda resulta máis magoante, que é o das propias académicas, as xa eleitas, as que un día, con orgullo, miramos avanzar polo corredor dun paraninfo e falarlles, coa voz de todas as mulleres deste país, aos ínclitos señores da pílula azul. Eu persoalmente lembro esa fachenda, a sensación de gañarmos unha batalla cativa pero grande ao tempo, o orgullo, como dixen atrais, de racharmos unha inxustiza.
Non hai nada máis revolucionario ca unha muller no seo dunha institución resesa como a RAG, integrada por homes ancorados nas súas inercias sexistas. E confortábame a ollada displicente, paternalista, de moitos deles. Nunca tanta saia, nunca tantos brincos nin tanto rouge en tan alta institución. E dicía eu para min: “toma aí, fulanito, velaí as tés, atura iso vellouco..!”. E falaba para o adentro: “Non querías unha poeta? pois toma poeta, a mellor, toma lingüista, toma catedrática…”. Foi así, xa digo. Por iso o silencio das académicas, amén de inexplicábel, éme un pouco doloroso porque asemella unha capitulación, un alleamento, unha sorte de cómplice renuncia.
Ignoro os acordos e trasacordos que hai entre elas e o resto dos académicos. E a alguén, seguramente a elas, pareceranlles ousadas estas consideracións. Pero se a súa presenza, o día do seu ingreso, foi revolucionaria acho que son elas, as académicas, as que deben erguer agora a bandeira, as que deben impulsar as candidaturas das outras mulleres. Son as nosas infiltradas aí dentro, son elas as que deben turrar da porta. Se isto fora unha guerra, e guerra é, desde a alborada dos tempos, elas son a Resistencia, representan a todas as que combaten fóra, na rúa ou na rede.
Amolaríame ser inxusto con esas catro mulleres, Margarita, Luz, Xohana e Rosario. Ao mellor penso que poden facer máis e non é verdadeiramente así. Se cadra élles difícil acadaren un consenso, ou non teñen o corpo para luitas intestinas ou non consideran que o feminismo sexa xa unha arma válida para lermos o presente, como eu acredito. Tampouco non lles pido que acampen na porta de Tabernas 12 nin que lle tiren a Méndez Ferrín á cabeza un zapato de tacón para denunciaren a inxustiza sexista. Pero si me decepciona o seu silencio, confésoo. Porque o silencio e a invisibilidade son as armas ancestrais que o sistema patriarcal, que tan ben representa a RAG, utilizou e utiliza para anular as mulleres e neutralizar o seu poder. O poder téñeno elas, na man, un xesto. E coñecen a palabra, seino ben. Admíroas por iso, de feito. Son donas da palabra e son mulleres. E a voz delas leva dentro todas as voces das que alí, hoxe, non poden falar nin estar. É unha responsabilidade pero tamén un orgullo. E con ese orgullo quixeramos hoxe, todas e todos, ouvilas falar.
5
Para cando a cadeira da RAG para María Xosé Queizán?
Non me consideraba quen de iniciar publicamente o asunto que encabeza esta reflexión, pola amizade e proximidade ideolóxica que me une a Queizán. Non quixen pero desde hai tempo, nos faladoiros culturetas, nas comidas de homenaxes, nos recantos "ilustrados", sempre privadamente, con aceno, non sei se cualificalo de clandestino ou vergoñento, escoitei a moitas persoas, laiarse da falta de consideración das institucións pola traxectoria intelectual de María Xosé Queizán.
Despois un artigo de Fran Lorenzo, un comentario de Marga Romero, outro de Begoña Caamaño, recordo un artigo en ANT de María Reimóndez, a polémica está servida.
Sempre percibín en María Xosé un desprezo soberano por todo o que significara recoñecemento, premios e homenaxes.
Cantas veces lle escoitei indignarse cando a chamaban para agasallala, e ela: non quero medallas, déanme unha excedencia, ou unha axuda para viaxar ao estranxeiro a investigar sobre... que sei eu. Pero, que conste, para vergoña da Consellería de Educación, nin sequera esta humilde solicitude lle foi concedida durante a súa carreira docente.
Para a escritora feminista, desdeñar os honores nin sequera resulta meritorio, porque a conciencia marca un comportamento involuntario crónico como patente de fábrica. O máis complicado seríalle contradicir esa voz interna. As da súa clase sucumben ante o poder tiránico da firmeza moral sen que ningunha atracción, ningún marmelo puntual lle tente tras o escaparate.
Ser a Incorruptible é unha lousa para unha creadora, para calquera artista que implicitamente busca o recoñecemento, o eloxio ou os cargos para satisfacer o ego orfo, que outros nutren con excelentes remuneracións ou poder político.
Si, unha lousa. Estou convencida de que María Xosé non aspira a ser académica; non querería, de ningún xeito, emborrallar a súa folla de servizos cun mérito calquera. Ela pode que non, pero hai moit@s que pensamos que debería baixar a garda e deixar que sexamos @s demais, quen lle expliquemos á nosa sociedade o que significa María Xosé Queizán para a cultura, a política, o feminismo, a literatura e a lingua galega. Somos nós, a sociedade a que precisamos ser representad@s por persoas da súa talla moral.
Porque na Academia (como na política) debería ollarse, verse, recoñecerse, ampararse, completarse a nosa sociedade, ao lume das ideas e o coñecemento de quen se presupón está, en sabedoría, por riba dela.
Debería estar representada unha sociedade galega moderna, vigorosa, aberta ao mundo, cun amplo horizonte, máis aló dos mitos e lendas, que engaiolan ao turismo, como o marisco ou a tumba do Apóstolo.
Temo que a Academia perpetúe o seu divorcio coa Galiza real, coas súas sas controversias e contradicións. Que bochorno ter que dicilo: como se poden conformar co xabrón dunha subvención doada (imprescindible, por suposto) deixando que se manifeste o funcionariado, ao ter que impartir a súa materia en chinés (se seguimos a este paso).
Tensen as cordas, remóvanse nos asentos como cando corrían diante dos "grises". Para onde vai inevitablemente a nosa lingua? Pero, como non é temática deste artigo, volvo ao obxecto inicial.
Por que renunciar, ao "medrar", aos propósitos da xuventude, cando se aspiraba a unha Academia Galega viva, lúcida, activa, resulta bastante contraditorio, non si?.
Abran as fiestras de Tabernas e que entre a luz, non teman que se deterioren os legados d@s devanceir@s, tamén estes precisan osixenarse.
Non hai revolución na lingua máis radical e fulminante que o feminismo. A RAE resistiuse a ela; na Galiza, algúns dicionarios grazas ás achegas de lingüistas e lexicógrf@s cóbrense lagoas que deixa a lenta inercia da institución das letras.
O éxito, máis que de Queizán, sería da mesma Academia, "de nós, @s inadaptad@s", de quen algún día fixo a revolución fóra do salón. O éxito recaería en tod@s nós, neste momento en que máis cuestionados están os nosos alicerces culturais por un goberno "autofáxico", que infravalora, xustamente, todo o que lle dá razón de ser.
Lanzo desde este artigo que espero, circule como sa spam, unha proposta aberta á sociedade, porque me doe a úlcera de tanto imaxinar que poderían estar a dicir @s rumoros@s.

Mónica Bar Cendón