Translate

Mostrando entradas con la etiqueta aborto campañas feministas violencia dereitos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aborto campañas feministas violencia dereitos. Mostrar todas las entradas

3 dic 2012

MXQ entrevista 25 novembro




María Xosé Queizán: ''Recordo perfectamente cando as mortas as contabamos só as feministas'' en Sermos Galiza 

BETI VÁZQUEZ

"O sistema era absolutamente patriarcal. Non pintaban nada. Estaban recluídas no mundo doméstico. Eran nais e esposas". No documental Digna rabia, a escritora describía con estas palabras a situación de opresión que as mulleres soportaron desde o levantamento fascista de xullo do 36 e até 1975, cando o ditador Franco morreu, na cama. A partir desa data comezou a súa militancia no movemento feminista, primeiro na AGM, Asociación Galega da Muller, e despois en Feministas Independentes Galegas, FIGA. ler máis


28 sept 2012

Odio falar de aborto


Odiei a palabra aborto pero repetila ata a saciedade nos anos oitenta actuaba como revulsivo contra unha sociedade empapada de beatería. Tamén a odio porque era utilizada polas dereitas para desacreditar ao feminismo.
Lémbrome dunhas concentracións feministas pola despenalización da interrupción voluntaria do embarazo en 1985. Formaban parte dunha campaña pola liberdade sexual e reprodutiva nunha praciña, xustamente perante o Congreso (como onte) mentres dentro se debatía a lei de interrupción que foi aprobada ese mesmo ano. Pero daquela non chegaban ao centenar de mulleres e este 25-S foron miles. ler máis