Translate

Mostrando entradas con la etiqueta violencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia. Mostrar todas las entradas

29 may 2013

Plataforma Galega polo dereito ao aborto

Manifesto do Consello Municipal da muller de Vigo*

Opoñémonos á irresponsable modificación da lei do aborto proxectada polo Ministro de Xustiza, como unha nova inxerencia nas nosas liberdades individuais. Acusámolo de priorizar o dereito do disparate científico do “concibido non nacido” por riba da saúde das mulleres.
A limitación do suposto de malformación implica unha condena tamén contra o potencial ser humano condenado á marxinalidade e o sufrimento.
Criminalizar ás mulleres polo feito de interromper o embarazo neste suposto, supón unha forma máis de violencia.
Consideramos que restrinxir o dereito de elección sobre un feito de tanta relevancia humana como social, como é a maternidade, non pode depender do dogma dun individuo e dun goberno, que paradoxalmente recorta en sanidade, dependencia e servizos sociais, como constatamos nos últimos tempos.
A reforma proposta polo Ministro de Xustiza equipara a lexislación española á normativa máis atrasada de Europa, como é a de Irlanda ou Malta.
Calquera modificación da lei vixente que permite o dereito a interrupción voluntaria do embarazo supón non só un atranco á nosa liberdade persoal senón un atentado contra a igualdade nos dereitos das mulleres.
Polo noso dereito a decidir, pola nosa igualdade, pola nosa saúde, non á modificación da Lei de aborto.

*Aprobado por todos os grupos agás PP e Mulleres en Igualdade.CMM. 
Vigo. 15 de maio, 2013

O Consello aproba a entrada do CMM na Plataforma Galega polo dereito ao aborto


Reportaxe gráfica da Plataforma Galega polo dereito ao aborto; actos en Compostela e Vigo, 28 de maio, 2013

17 ene 2013

Novas dos xornais

Detenido en Lleida por violar a su hijastra y otras dos menoresen El Mundo

La Policía Nacional ha detenido en Lleida a un hombre acusado de agredir sexualmente a su hijastra menor de edad en repetidas ocasiones, así como a otras dos menores amigas de la misma.
Según ha informado el Ministerio de Interior, el presunto agresor, de origen sudamericano y que lleva varios años viviendo en España,agredió sexualmente a su hijastra desde los 12 años, cuando aún vivían en su país de origen, hasta los 15 años, cuando vivían ya en España, concretamente en Palma de Mallorca. ler máis

Novas de violencia

A xerarquía das noticias presenta casos ruíns onde unha malleira dun home á súa parella, comparte espazo cun ataque dunha vaca ao coidador dun mercado de gando. Qué tipo de consideración ten a prensa sobre a violencia machista? Para mostra un botón: no xornal de Luns a Venres, 17/01/12.

11 ene 2013

Amanat, Malala e a revolución pendente

Amanat, Malala e a revolución pendente
por Mónica Bar

Malala saíndo da clínica londinense onde foi atendida
O día 7 comezou o xuízo contra eses energúmenos. Sucedeu en Nova Delhi, seis homes, cinco adultos e un menor, violan sen piedade, ata no estado de inconsciencia, a unha estudante de medicina indú de 23 anos. Golpános a ela e ao seu acompañante con barras de ferro e despois de lle arrancarlle os intestinos, bótannos aos dous á rúa, espid@s, onde permanecerán media hora pedindo auxilio sen que ninguén lles bote conta. As imaxes foron captadas polas cámaras de vixilancia dun hotel, fronte o que detiveron o autocar. O asasinato foi premeditado polas 6 bestas e comandado polo chofer do autobús escolar.
Podemos pensar con alivio, “que lonxe estamos desa barbarie”; porque segundo as estatísticas, na India violan a 70 rapazas diariamente, aproximadamente unha cada 20 minutos; e só o 25 por cento dos imputados resulta condenado. Claro que a India ten 1200 millóns de habitantes, case o dobre que a poboación total de Europa.
En Pakistán, recordemos o atentado contra Malala Yusufzai (15 anos), como comenta Yashmina Shawki nun artigo (“¿Qué pasa en Pakistán?”, LvdG, 8/I) os Talibáns ademais de plantear graves problemas de seguridade nas provincias da raia con Afganistán, están propiciando un abafante clima de violencia contra as mulleres, do que son exemplo as violacións e a súa oposición á escolarización das nenas.
Noutros países de Oriente, as violacións colectivas son un arma disuasoria contra as mulleres que acceden a vida pública. Hai uns días recordaba as denuncias dunhas periodistas no Cairo que narraban a sensación de sentirse acurraladas en plena manifestación na Praza Tahrir, á vista de todo o mundo; ou diante das cámaras, por unha horda de lobos bípedos contra os que nada puideron facer. Actúan á luz do día; son depredadores doctos nese tipo de caza e actúan impunemente co beneplácito do sistema.
As mesmas actitudes depredadoras vémolas pola rúa a cotío, ao mellor non tan sórdidas, pensamos, alí son como alimañas. Tal vez entre esas violacións e a da rúa Coruña, en Vigo (por non ir máis lonxe) este fin de ano, radica en que a muller foi asistida a tempo pola Policía.
Pero non hai cámaras que graben os ataques no ámbito privado, nin micrófonos que recollan as ameazas das que son obxecto as mulleres na gaiola doméstica.
Como tampouco houbo vixilancia nas casas das 53 mulleres (e 6 criaturas) asasinadas polos seus homes. Ninguén, inclúo a veciñanza, acudiu a chamada desas discusións violentas porque “iso non vai con nós”. Mentres non tomemos conciencia colectivamente desta tortura socialmente aceptada, isto non se soluciona.
O positivo, @s indignad@s da India. A violencia salguinaria dos delincuentes, a neglixencia da policía e a pasividade dos gobernantes sublevaron as masas. Incluso unha asociación de avogad@s pareceulles inmoral defender aos delincuentes; non coñezo esa obxeción de conciencia no noso territorio. Tampouco temos antecedentes de que a violación dunha rapaza se convirta nun asunto de estado; nin das enormes, masivas manifestacións de protesta esixindo cambios na lexislación que permitan un castigo exemplar para esa violencia contra as mulleres. Porque a verdadeira revolución terá que comezar polo fundamental e imprescindible: unha revolución sexual, algo tamén pendente tamén por estes pagos.ler máis

3 dic 2012

MXQ entrevista 25 novembro




María Xosé Queizán: ''Recordo perfectamente cando as mortas as contabamos só as feministas'' en Sermos Galiza 

BETI VÁZQUEZ

"O sistema era absolutamente patriarcal. Non pintaban nada. Estaban recluídas no mundo doméstico. Eran nais e esposas". No documental Digna rabia, a escritora describía con estas palabras a situación de opresión que as mulleres soportaron desde o levantamento fascista de xullo do 36 e até 1975, cando o ditador Franco morreu, na cama. A partir desa data comezou a súa militancia no movemento feminista, primeiro na AGM, Asociación Galega da Muller, e despois en Feministas Independentes Galegas, FIGA. ler máis


12 sept 2012

@S FILL@S COMO INSTRUMENTO DE VINGANZA DO AGRESOR
 por Ana María Perez del Campo, Yolanda Besteiro e VVAA

.../... A vinganza centrada n@s fill@s -calquera que sexa o seu sexo e idade- é a arma por excelencia do agresor sexista. O drama comeza coa imposición da presencia do “padre” a un fillo, que o rexeita por temor, sufrendo un auténtico secuestro anímico; a seguir a malvada especulación da síndrome de alienación parental, o inexistente SAP, persistentemente negada poa comunidade científica internacional; a morea de chantaxes emocionais con que disfrazar a fraudulenta petición da custodia compartida, todo ilo apuntando ao obxectivo final de frustrar na práctica a vida independente da muller. ler todo o artigo en Público

24 jul 2012

Mateino porque era teu


Vaise recoñecendo que a violencia de xénero revela os máis escuros instintos da especie humana, ata o punto de que ningunha persoa decente se atrevería a desculpala, polo menos, en abstracto. Pero pode suceder que ata persoas decentes e seres sensibles se paren a indagar o motivo real para bater, violar ou asasinar ás mulleres ou fill@s.

Tamén decentes se consideran os creativos que deseñan camisetas para a xuventude con frases como “...una hostia a tiempo te pone a andar”, o produto -polo visto, moi exitoso- dunha tenda de prendas “progres e cachondas” ler todo o artigo

.

12 jul 2012


TERRORISMO MACHISTA
María Xosé Queizán
As mulleres viven un terror oculto na súa vida cotiá. O medo e a desprotección impide que non denuncien os malos tratos e só afloren poucos casos. Isto denuncia Inmaculada Montalbán, presidenta do Observatorio contra a Violencia machista.
Descenderon as denuncias a respecto do ano 2011. Ler todo o artigo