Translate

Mostrando entradas con la etiqueta campañas feministas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta campañas feministas. Mostrar todas las entradas

29 may 2013

Plataforma Galega polo dereito ao aborto

Manifesto do Consello Municipal da muller de Vigo*

Opoñémonos á irresponsable modificación da lei do aborto proxectada polo Ministro de Xustiza, como unha nova inxerencia nas nosas liberdades individuais. Acusámolo de priorizar o dereito do disparate científico do “concibido non nacido” por riba da saúde das mulleres.
A limitación do suposto de malformación implica unha condena tamén contra o potencial ser humano condenado á marxinalidade e o sufrimento.
Criminalizar ás mulleres polo feito de interromper o embarazo neste suposto, supón unha forma máis de violencia.
Consideramos que restrinxir o dereito de elección sobre un feito de tanta relevancia humana como social, como é a maternidade, non pode depender do dogma dun individuo e dun goberno, que paradoxalmente recorta en sanidade, dependencia e servizos sociais, como constatamos nos últimos tempos.
A reforma proposta polo Ministro de Xustiza equipara a lexislación española á normativa máis atrasada de Europa, como é a de Irlanda ou Malta.
Calquera modificación da lei vixente que permite o dereito a interrupción voluntaria do embarazo supón non só un atranco á nosa liberdade persoal senón un atentado contra a igualdade nos dereitos das mulleres.
Polo noso dereito a decidir, pola nosa igualdade, pola nosa saúde, non á modificación da Lei de aborto.

*Aprobado por todos os grupos agás PP e Mulleres en Igualdade.CMM. 
Vigo. 15 de maio, 2013

O Consello aproba a entrada do CMM na Plataforma Galega polo dereito ao aborto


Reportaxe gráfica da Plataforma Galega polo dereito ao aborto; actos en Compostela e Vigo, 28 de maio, 2013