Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Lei. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lei. Mostrar todas las entradas

12 nov 2012

Matrimonium

Matrimonium ou contubernium
Mónica Bar Cendón

O veredicto do TC sobre o recurso de inconstitucionalidade da Lei 13/2005, de “matrimonio homosexual”, desatou controversias no bloque da dereita. Así, mentres uns debatían sobre a parida das peras e das mazás da Botella, outros proclamábanse abertamente defensor@s da Lei, denantes de aprobarse.
Os máis extremistas escúdanse no inadecuado do nome e activan unha campaña co slogan “Yo no lo llamaré matrimonio”, como se a súa preocupación fose etimolóxica.
O certo é que o termo Matrimonium varía segundo as culturas. Na antiga Roma durante moito tempo só era factible a voda entre Patricios, os plebe@s e escravos quedaban fóra do “privilexio” de casar. Se cadra porque ademais de non ser libres, tampouco posuían bens, polo que o intercambio material non tiña obxecto. Segundo puiden pescudar, na lingua árabe, á unión en matrimonio chámase `aqd nikāḩ’, que significa “contrato de penetración”. O que leva implícito o repudio, cando este non se consuma segundo as pretensións do home.
Esta idea tamén de apareamento é a impulsada desde o sector máis ultraconservador da nosa sociedade: ler máis