Caderno homenaxe a Margot Chamorro
Translate
Mostrando entradas con la etiqueta feminista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feminista. Mostrar todas las entradas
27 nov 2014
3 dic 2013
Ciclo de Historias vividas e contadas polas súas protagonistas
Entrevistas a catro mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo
Martes, 2 de abril ás 19:00 h. Mónica Bar entrevista a ... Aurita González . Presidenta da Asociación de Mulleres Dorna.
Martes, 16 de abril ás 19:00 h. María Quintero entrevista a ... Mary Quintero. Fotógrafa profesional.
Martes, 14 de maio ás 19:00 h. Mª Xosé Porteiro entrevista a ... Carmen Segurana. Sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres en Galicia.
Martes, 28 de maio ás 19:00 h. Mª José del Río entrevista a ... Antía Cal . Mestra e fundadora no 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.

10 nov 2013
Victoria Sau
Sentimos dar a triste nova do falecemento de Victoria Sau, na máis escura e secuestrada intimidade familiar, segundo nos informan fontes próximas a feminista.
Victoria Sau foi un referente para o feminismo español, sicóloga, socióloga, pensadora feminista, soubo encetar o feminismo coa lóxica e a realidade da vida cotiá.
Nese contexto desenvolveu as súas reflexións sobre a sexualidade, a familia, a (inexistente) maternidade, o matrimonio e o feminismo, como marco de referencia para entender e explicar o principal sistema de opresión, intrínseco a calquera cultura e sociedade: o patriarcado.
Victoria Sau compartiu con nós debates e amenas charlas das que poderíamos salientar a súa aguda iconoclasia e sentido do humor.
Quédanos a súa extensa e imprescindible bibliografía, que non pode estar máis de actualidade.
Nos próximos post daremos conta do seu labor na festa.
BIBLIOGRAFIA:
Victoria Sau foi un referente para o feminismo español, sicóloga, socióloga, pensadora feminista, soubo encetar o feminismo coa lóxica e a realidade da vida cotiá. Nese contexto desenvolveu as súas reflexións sobre a sexualidade, a familia, a (inexistente) maternidade, o matrimonio e o feminismo, como marco de referencia para entender e explicar o principal sistema de opresión, intrínseco a calquera cultura e sociedade: o patriarcado.
Victoria Sau compartiu con nós debates e amenas charlas das que poderíamos salientar a súa aguda iconoclasia e sentido do humor.
Quédanos a súa extensa e imprescindible bibliografía, que non pode estar máis de actualidade.
Nos próximos post daremos conta do seu labor na festa.
«Sólo que leyeran lo que yo he leído, todo el mundo sería feminista»
BIBLIOGRAFIA:
- Manifiesto para la liberación de la mujer, Barcelona, Ed. 19, 1974.
- Mujer, matrimonio y esclavitud (1975)
- Mujeres lesbianas (1980)
- Diccionario ideológico feminista, Barcelona, Icaria, 1981-Reed. 2001.
- Diccionario ideológico feminista II Barcelona, Icaria, 2009.
- Ser mujer, fin de una imagen tradicional, Barcelona, Icaria, 1986.
- Aportaciones para una lógica del feminismo, Barcelona, La Sal, 1986.
- "Feminismo: la revolución total", en Jornadas sobre Feminismo Socialista, Madrid, 1984.
- Reflexiones feministas para Principios de siglo, 2000.
- El vacío de la maternidad, Icaria, 2009
- Psicología diferencial del sexo y el género, Barcelona, Icaria, 2009
18 may 2013
Adeus a Luisa Fernández
Hoxe
deixounos María Luísa Fernández, unha persoa moi querida para o
movemento feminista desta cidade. Vencellada ao Partido Comunista
desde o ano 1972 esta monfortina, dirixente histórica de Esquerda
Unida, xogou un rol primordial en diversos movementos sociais, no
Colectivo antisida, Imán, na Asociación
de axuda aos presos Concepción Arenal, na Marcha Mundial das
Mulleres e do Colectivo Violeta.
Coincidín
con Luísa durante moitos anos, en centos de accións de denuncia nas
rúas, nalgunha homenaxe, encontros feministas. Perdinme a súa
amizade, por iso soamente falo do que vin e oín dela.
Sempre dando a cara, en
primeira liña, coa pancarta, repartindo panfletos, o que fixera
falta. O seu labor discreto faime pensar no enorme traballo
integrador e solidario que desenvolveu sen facer ruído. E con
optimismo, acreditaba fondamente no que estaba a facer. Un amigo do
Colectivo antisida falaba do seu entusiasmo, do seu liderato
afectivo, case maternal.
Non
sei cal sería a súa sensación ao verse nos carteis da rúa como
candidata á alcaldía de Vigo, nas municipais do 2007. Ter que saír
dese anonimato debeulle custar un grande esforzo . Algunhas persoas
que viviron eses momentos de cheo comentaban a modestia de Luísa,
case pedindo desculpas, quitándose toda a importancia, e que o
partido estaba moi moi mal. Ela mesma repartía os programas de
Esquerda Unida polas rúas.
Os
movementos sociais quedan orfos; un duro golpe, inesperado,
fulminante. Como encher a túa ausencia?
Actuando
como ela o faría e fixo sempre, con coherencia, saíndo a rúa e
gritando contra a desigualdade, contra a violencia de xénero, e
contra a inxustiza social. Alí estaremos contigo, loitadora,
camarada, feminista.
(Na foto, Luísa Fernández con María Xosé Queizán, na inauguración do Rueiro de mulleres deseñado polas MNG, en Vigo)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)