Translate

Mostrando entradas con la etiqueta feminismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feminismo. Mostrar todas las entradas

28 ene 2014

Publicación do monográfico 30 anos de Festa

Presentación da revista en Vigo


Como sempre, agardamos os vosos comentarios e observacións, eu xa adianto o primeiro: 

O Consello de redacción deste nº 29 estivo formado por Marga Marcuño, Manoli Pena, Ledicia Costas e eu mesma, Mónica Bar; e presidido pola súa directora María Xosé Queizán.

Vémonos no "De Catro a Catro", o Venres 7 de marzo, as 20:00 horas. 

Unha proposta cultural-lúdica-gastronómica! ;-)




6 mar 2013

A sindicalista Carmen Segurana, distinguida co Premio Ernestina Otero 2013 polo Consello Municipal da Muller


Comeza a súa andaina no Club de Amigos da UNESCO”, traballará na clandestinidade no sindicato CC.OO. Desde finais dos 60 impulsa en Vigo o Movemento Democrático de Mulleres (que emerxe no ano 65) como tarefa prioritaria. A organización comeza a ter moita forza en Galicia noutros lugares de Galicia como Ourense e as mulleres conseguen chegar preparar un congreso constituínte para o 12 de marzo do 72.

Levará a cabo un interesante labor de concienciación de mulleres formando grupos de apoio aos presos comunistas. 
Participará nas mobilizacións obreiras de Vigo a finais do 70 e en campañas feministas como as do divorcio e a legalización do aborto e os método anticonceptivos. Desde o MDM distribúese o voceiro artesanal "A muller e a loita".

Máis información:
Bar Cendón, Mónica (2010): "O Feminismo reformista: o Movemento Democrático de Mulleres", en Feministas Galegas, claves dunha revolución en marcha. Vigo. Edicións Xerais.

17 ene 2013

Novas de violencia

A xerarquía das noticias presenta casos ruíns onde unha malleira dun home á súa parella, comparte espazo cun ataque dunha vaca ao coidador dun mercado de gando. Qué tipo de consideración ten a prensa sobre a violencia machista? Para mostra un botón: no xornal de Luns a Venres, 17/01/12.

24 jul 2012

Mateino porque era teu


Vaise recoñecendo que a violencia de xénero revela os máis escuros instintos da especie humana, ata o punto de que ningunha persoa decente se atrevería a desculpala, polo menos, en abstracto. Pero pode suceder que ata persoas decentes e seres sensibles se paren a indagar o motivo real para bater, violar ou asasinar ás mulleres ou fill@s.

Tamén decentes se consideran os creativos que deseñan camisetas para a xuventude con frases como “...una hostia a tiempo te pone a andar”, o produto -polo visto, moi exitoso- dunha tenda de prendas “progres e cachondas” ler todo o artigo

.