Translate
17 may 2011
A CAMAREIRA DO MEU AMOR.
No noso país e nos que nos rodean sería impensable a detención e ingreso en prisión de Strauss-Kahn.. É posible na democracia americana. Algo que debe servir para recapacitar a aqueles que aforran calquera compromiso dicindo que todo é culpa dos americanos, como fan os conservadores con Zapatero.
Por estes lares, que unha camareira de hotel, inmigrante africana, negra, denuncie de abuso sexual e intento de violación a un dos homes máis importantes do mundo, sería surrealista. A propia traballadora nin sequera o intentaría ao saber de antemán que a súa palabra non ía ter valor nin creto. Porén, a camareira dun hotel de Nova York fíxoo, confiando nas leis estrictas do país para tales delictos, acusou de intentar forzala a actos sexuais, oral e anal, a Satruss-Kahn, no seu cuarto, onde entrara para limpar. O autor da agresión e intento de violación, é, nada menos que o Director do F.M.I., máxima autoridade no ámbito económico, que aspiraba a Presidente da República Francesa, polo partido socialista.
Foi detido a punto, cando xa tomara precipitadamente, un avión de Air France para marchar ao seu país. Foi sacado do avión, esposado e conducido á comisaría. Sometido a unha roda de recoñecemento, a vítima identificouno como o agresor.
Non foi aceptada a fianza que estaban dispostos a pagar os seus avogados, 1 millón de dólares. Unha cifra importante para o director do FMI, pero que non lle serviu de nada para impedir que se faga xustiza. Está no cárcere co traxe de penado. Daría algo por ver unha foto.
O partido socialista francés e os compañeiros do FMI, falan de momento da presunción de inocencia.
Solidariedade coa vítima, desde hoxe a Camareira do meu amor.
Solidariedade coa vítima, desde hoxe a Camareira do meu amor.
María Xosé Queizán
28 abr 2011
25 abr 2011
Grândola, Vila Morena (25 de Abril)
Fermoso himno da revolución dos cravos
que nunca deixa de emocionarnos
19 abr 2011
III ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2011
organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
DATAS: 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
+ INFO NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 /// 606 92 91 37
organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
DATAS: 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
+ INFO NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 /// 606 92 91 37
17 abr 2011
Alumnado de Barcelona pola laicidade da Universidade
Alumnado de Barcelona solidarízase coas alumnas de Somosaguas
http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com/2011/04/algo-se-esta-mover-na-universidade.html
http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com/2011/04/algo-se-esta-mover-na-universidade.html
Algo se está a mover na universidade. O alumnado de Barcelona maniféstase en solidaridade coas compañeiras reprimidas en Somosaguas
http://www.youtube.com/watch? v=T5Ru51f4c9c
http://www.youtube.com/watch?
13 abr 2011
11 abr 2011
Es una de las armas más poderosas y antiguas de los ejércitos. Pero también esa de la que ninguna milicia presume.
Libia, Afganistán, Somalia, Uganda, El Congo, Iraq. Tres docenas de guerras y conflictos rugientes ocurren en el mundo en estos instantes. Aunque en esos territorios lo más peligroso no es ser soldado. Sino mujer. En los últimos 50 años han muerto más mujeres por cuestión de su sexo que hombres en todas las batallas del siglo XX. Les presento a la violación en masa. ler o artigo
10 abr 2011
En defensa da igualdade: non á lei de familia
EN DEFENSA DA IGUALDADE: NON A LEI DE FAMILIA
A Plataforma de organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal e anticonstitucional.
A lei supón un grave recorte dos dereitos da muller, sitúandoa de novo en labores de nai e coidadora (de nenas e nenos, adolescentes, persoas discapacitadas, dependentes e maiores), establecendo a maternidade como rol vital e controlando desta maneira a súa vida afectiva e sexual.
A Xunta, alegando motivos económicos, evitou progresar no desenvolvemento de leis e decretos como a “Lei galega 7/2004 para a igualdade de homes e mulleres”, a “lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”, a “lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia”, a “lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia”, ou o “decreto 15/2010 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia”, que xa recollen medidas concretas de apoio á familia, á atención de mulleres en situación de exclusión, de socialización das cargas familiares, de permitir compatibilizar vida familiar e laboral. ler texto completo
7 abr 2011
Un articulista (máis que) potencialmente perigoso anda solto:
Lean vostedes o artigo de S.Sostres de El Mundo: "Un chico normal"
Lean vostedes o artigo de S.Sostres de El Mundo: "Un chico normal"
BERLUSCONI : QUEN LLO ÍA DICIR!
María Xosé Queizán
Queixámonos as feministas do escaso uso das leis que nos defenden. Se a Lei de Igualdade e de Violencia fosen cumpridas, a situación da poboación “rosa” (Berlusconi dixit) sería mellor.
As leis son de grande utilidade. É o caso de Berlusconi. Este personaxe, que sería rocambolesco, de non ser un corrupto, un puteiro e un machista trasnoitado, modifica as leis para que non poidan condenalo por delictos de índole económica. ler máis
31 mar 2011
O tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos. A Declaración de Compostela e o seu cumprimento nas redaccións galegas
Grupo de investigación Cidadanía e Comunicación
CIDACOM
http://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/estudo_cidacom%5B1%5D.pdf
Grupo de investigación Cidadanía e Comunicación
CIDACOM
http://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/estudo_cidacom%5B1%5D.pdf
29 mar 2011
Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (Edicións Xerais, Vigo, 2011)
'As mulleres deberiamos reaccionar dun xeito moito máis radical'
27 mar 2011
A REVOLUCIÓN DÓ S.XXI: OS PAÍSES ÁRABES
por María Xosé Queizán
Sei, e a historia mo confirma, que o avance da humanidade non se detén. Nos últimos séculos o progreso é máis rápido e máis intenso. Desde que na Ilustración substituíron a Deus pola razón, a humanidade baixou os ollos do ceo á terra, e colleu as rendas da existencia afastada de destinos divinos. Máis
LIBIA
por María Xosé Queizán
En Tunes a revolución puido ser de xasmíns, como en Portugal de cravos; en Exipto, co propio esforzo, o pobo foi quen de expulsar a Mubarak. Cando é así, todo o, chamado, mundo occidental queda feliz. Pero nen todas as policías e os exércitos son tan humanitarios, nin os dictadores son iguais. A outros pobos, como o libio, estalle resultando máis difícil a liberación do déspota que os domina. Máis
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




