Translate

12 dic 2012

Ritos de sangue

No Castelo de Csejthe, illado, nun lugar selvático nas montañas dos Cárpatos, transcorre a vida da inquedante Condesa Erzsébeth Báthory...

Personaxes

Erzsébeth Báthory
Conde Ferencz Nádasdy
Bruxa

Narradora
Coro
Espectador

Presentación da RGT e da peza teatral:
14 de decembro en Vigo, Casa galega da cultura, ás 19:00.

Pioneiras da democracia

A película, "Las constituyentes", de Oliva Acosta, fai xustiza ao labor político exercido polas 27 mulleres que había nas Cortes cando foi redactada a Carta Magna de 1978.

Seis delas: Belén Landáburu, María Izquierdo, Mercedes Moll, Carlota Bustelo, Ana María Ruiz Tagle e Nona Inés Vilariño, manifestan as súas opinións e experiencias deses anos da primeriza democracia. ler máis

“Ser de izquierdas exige ser optimista y lo que hay que hacer es trabajar para la renovación y dejar de escudarse en la crisis, ya tópica” (Bustelo)

Roteiro em Feminino “Sons de mulleres”, de MNG


Inaugúrase o Sábado 15 ás 12 horas, diante o MARCO de Vigo:

Roteiro em Feminino Sons de mulleres” é umha iniciativa de  Mulheres Nacionalistas Galegas que tem como objectivo visibilizar ás mulheres que, individual ou colectivamente, tecerom a história de Vigo. Leva-nos por quince pontos, situados, fundamentalmente no casco histórico polos que dum ou doutro jeito, as mulheres deixarom a súa pegada e a súa contribuçom á identidade de Vigo, aínda que a própria história da cidade as tenha silenciadas.
Ao elaborar este Roteiro comprobamos como a nossa cidade medrou coa força, co valor, co compromiso, coa solidariedade e a valentía das mulheres que fixerom do seu labor umha achega ao desenvolvemento, social, económico, ideológico e cultural. ler máis

A quen beneficia o deterioro da Sanidade Pública?


Ver en "Circula por interné"( recibido o 12 de decembro ) O caso de Castela A ManchaCAPIO SANIDAD, ler máis

8 dic 2012

Coidadoras


Coidadoras

Onte celebrábase o día internacional das persoas discapacitadas e, simultaneamente recibimos a seguinte machetada do goberno Rajoy. Este mes (xa hai que ser fodidos), deixa de pagarse a cotización das persoas coidadoras, non profesionais, man de obra barata (98% mulleres, segundo o IGE, Instituto Galego de Estatística) que podía aliviar a durísima tarefa de facerse cargo dunha persoa dependente. O custe era elevado, ao parecer, preto de 300 millóns de euros -iso está por ver- pero aínda así resulta unha miseria comparado cos pagos a fondo perdido regalados as entidades financieiras que non conceden un fodido crédito para as “familias”, as pemes e @s autónom@s.
A pastasmal Lei de dependencia paseouse polas portadas dos xornais e os Boes pero sen achegarse a resolver o esencial do problema social de centos de miles de fogares.
Na Galiza calcúlanse uns 120.000 dependentes (datos de 2011). As cifras oficiais xa sabemos que cómpre multiplicalas por dúas, en calquera caso a cargo desas persoas encóntranse unhas 119.000 mulleres, e uns 1000 homes, que non estaban no paro porque moit@s delas, polo menos, cotizaban á SS.
Tirando de cifras estatais de hoxe mesmo, resulta que das 205.678 persoas que deixaron de cotizar á Seguridade Social en novembro, 85.233 son coidador@s familiares d@s dependentes.
Imaxinen a situación: @s xubilad@s sen a suba prometida do IPC, as coidadoras sen SS, moit@s delas tiveron previamente que renunciar ao seu posto de traballo, para dedicarse á persoa dependente. Non poden regresar ao mundo laboral por razóns obvias, non hai ofertas e de habelas, non benefeciarían a persoas adultas, a franxa de idade máis numerosa de coidadoras oscila entre os 40 e os 65 anos.
As amas de casa son coidadoras a tempo completo, durante moitos anos ou toda a vida, como a xeración que me precedeu.
Esa caridade de paga para mantelas atadas ao fogar, esa merda de cotización, ou aquel salario da liberdade, que non cubre nin o 10% das horas que invertimos n@s demais; é inaceptable. Este desprezo soberano sobre as nosas vidas deberíanos levar a cuestionar moi seriamente (estou pensando nas xeracións futuras, claro está) qué estamos dispostas a hipotecar para que o sistema patriarcal siga estragando os nosos recursos físicos e intelectuais.
Espero que a miña sexa a última xeración gaseada por este sistema vil e despiadado. 

Mónica B.C


3 dic 2012

Festa da palabra nº 28, Clara Zetkin

MXQ entrevista 25 novembro




María Xosé Queizán: ''Recordo perfectamente cando as mortas as contabamos só as feministas'' en Sermos Galiza 

BETI VÁZQUEZ

"O sistema era absolutamente patriarcal. Non pintaban nada. Estaban recluídas no mundo doméstico. Eran nais e esposas". No documental Digna rabia, a escritora describía con estas palabras a situación de opresión que as mulleres soportaron desde o levantamento fascista de xullo do 36 e até 1975, cando o ditador Franco morreu, na cama. A partir desa data comezou a súa militancia no movemento feminista, primeiro na AGM, Asociación Galega da Muller, e despois en Feministas Independentes Galegas, FIGA. ler máis


12 nov 2012

Matrimonium

Matrimonium ou contubernium
Mónica Bar Cendón

O veredicto do TC sobre o recurso de inconstitucionalidade da Lei 13/2005, de “matrimonio homosexual”, desatou controversias no bloque da dereita. Así, mentres uns debatían sobre a parida das peras e das mazás da Botella, outros proclamábanse abertamente defensor@s da Lei, denantes de aprobarse.
Os máis extremistas escúdanse no inadecuado do nome e activan unha campaña co slogan “Yo no lo llamaré matrimonio”, como se a súa preocupación fose etimolóxica.
O certo é que o termo Matrimonium varía segundo as culturas. Na antiga Roma durante moito tempo só era factible a voda entre Patricios, os plebe@s e escravos quedaban fóra do “privilexio” de casar. Se cadra porque ademais de non ser libres, tampouco posuían bens, polo que o intercambio material non tiña obxecto. Segundo puiden pescudar, na lingua árabe, á unión en matrimonio chámase `aqd nikāḩ’, que significa “contrato de penetración”. O que leva implícito o repudio, cando este non se consuma segundo as pretensións do home.
Esta idea tamén de apareamento é a impulsada desde o sector máis ultraconservador da nosa sociedade: ler máis

Mobilización contra a violencia "estrutural"



Escrito do Feminario de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.

Más de 800 mujeres se han manifestado desde el Rectorado de la Universidad de Córdoba hasta la Subdelegación del Gobierno, en contra de los recortes en derechos, libertades y bienestar social que estamos padeciendo el conjunto de la población.
Esta marcha se ha enmarcado dentro del XXIII Feminario ¿Qué es la Violencia Estructural contra las Mujeres?, espacio de reflexión feminista que ha acogido en Córdoba a mujeres de todo el territorio español.
Al final de la marcha, se ha leido un manifiesto en el que se resumen perfectamente las reivinidicaciones de la marcha y el feminario:
- Violencia estrucutural es 50 mujeres asesinadas y que se cierren Casas de Acogida.
-Violencia estructural es consentir la prostitución y hacer creer que puede ser un trabajo.
-Violencia es que la edad de consentimiento sexual esté en los 13 años en este país y sin embargo se nos niegue a las mujeres la capacidad de decidir sobre nuestra maternidad.
-Violencia es que la viagra sea perfectamente asequible y la píldora del día despues no se dispense en todas las farmacias.
-Violenica es que las mujeres poseamos solo el 1% de la requeza del Planeta.
-Violencia es que una pretendida moral religiosa, vaya en contra de los valores y derechos cívicos.
-Violencia es la pobreza más absoluta en la que viven la mayoría de nuestras mayores porque el Estado no se ocupa de ellas.
-Violencia es que las mujeres jóvenes no encuentren trabajo a pesar de estar sobreformadas.
Si el Gobierno calla ante esta situación de las mujeres, esto es violencia.
Si el Gobierno asume valores religiosos que se dirigen a recortar nuestros derechos, esto es violencia.
EXIGIMOS la afirmación de nuestros derechos porque son la viva expresión de la democracia, la libertad, la igualdad, la justicia social y la justicia sexual.
Manifiesto realizado por Alicia Miyares y Lourdes pastor y apoyado por las más de 500 asistentes al Feminario de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.

14 oct 2012

VOLVE O SANTORAL



En tempos electorais, coincidindo coa chamada “crise”, os políticos andan a voltas coas cifras como tendeiros. Os números non casan coas necesidades cívicas.
Parten da escaseza sen indicar como se motivou e se mantén. Non din que os negociantes fraudulentos que esgotaron as arcas do Estado seguen enriquecidos; que mesmo se foron descubertos e condenados a prisión, nunca devolveron o furtado, e mesmo poden presentarse ás eleccións para seguir roubando con todas as da lei; que
se as persoas con alto poder económico contribuísen aos presupostos de modo equivalente á poboación asalariada, outra crise cantaría.
O fascismo sempre aproveitou as crises para suprimir dereitos e impor as ideoloxías conservadoras, valorando o privado sobre o público, non só na economía, senón na importancia da familia e da relixión.
Por Real Decreto vén de ser condecorada coa Gran Cruz da Orden do Mérito da Guarda Civil, a Virxe do Pilar, patroa do Corpo. Non dá para alucinar? Pois hai máis: Nomearon Doctor da Igrexa Universal a San Juan de Ávila, coa presencia de Rouco Varela e Cospedal e Soraya con mantilla. Volve o santoral e o nacional-catolicismo!
Quen fala da crise de valores?

12- de outubro. Malia a gran cruz, parabéns ás Pilar

MXQ

10 oct 2012

A carga dos mamelucos


A CARGA DOS MAMELUCOS


A carga dos mamelucos perante o Congreso durante a concentración do 25-S costounos 300.000 euros, segundo a axencia EFE. A actuación policial, de estado de sitio, invadiu lugares privados, tratando @s manifestantes como delincuentes. Menos mal que da Audiencia Nacional saíu unha sentencia tan didáctica como perspicaz que puxo @s autores do lance no seu sitio.
As dereitas revólvense insultando e chamando á orde; pero é o papel da esquerda...? O mundo ao revés. @s de fóra (do Congreso) representan o país mentres @s de dentro, a clase política, ensaian estratexias para desbancarse entre si cos iPads e iPhones que o Parlamento lles regalou -será que non lles dá o soldo para mercalo- para estar ben conectad@s, entre eles que a wiffi non dá para máis.   ler máis

29 sept 2012

Un artigo de sentido común, de Ángeles Caso

O gran nome da democracia

Desde hai tiempo, cada mañá, despois de ler o periódico e escoitar algún informativo 

na radio, acostumo a caír durante un rato nun proceso depresivo. Imaxino que a tod@s 

vostedes lles sucede algo parecido. Por moi ben que lles vaian as cousas a cada unha a 

título individual, é imposible non verse afectad@ por todo o que nos rodea. Parece que nos 

tiraran por riba un caldeiro enteiro de pintura suxa e fedorenta, emporcando o 

fresco máis ou menos decente que fomos facendo entre tod@s.

(As correcións de xénero son nosas)

Leer máis: http://www.lavanguardia.com/magazine/20120607/54306744059/angeles-caso-el-gran-nombre-de-democracia.html#ixzz27r1IehNl


Da páxina RTVE. Carga policial do 25-S

28 sept 2012

Odio falar de aborto


Odiei a palabra aborto pero repetila ata a saciedade nos anos oitenta actuaba como revulsivo contra unha sociedade empapada de beatería. Tamén a odio porque era utilizada polas dereitas para desacreditar ao feminismo.
Lémbrome dunhas concentracións feministas pola despenalización da interrupción voluntaria do embarazo en 1985. Formaban parte dunha campaña pola liberdade sexual e reprodutiva nunha praciña, xustamente perante o Congreso (como onte) mentres dentro se debatía a lei de interrupción que foi aprobada ese mesmo ano. Pero daquela non chegaban ao centenar de mulleres e este 25-S foron miles. ler máis

12 sept 2012

@S FILL@S COMO INSTRUMENTO DE VINGANZA DO AGRESOR
 por Ana María Perez del Campo, Yolanda Besteiro e VVAA

.../... A vinganza centrada n@s fill@s -calquera que sexa o seu sexo e idade- é a arma por excelencia do agresor sexista. O drama comeza coa imposición da presencia do “padre” a un fillo, que o rexeita por temor, sufrendo un auténtico secuestro anímico; a seguir a malvada especulación da síndrome de alienación parental, o inexistente SAP, persistentemente negada poa comunidade científica internacional; a morea de chantaxes emocionais con que disfrazar a fraudulenta petición da custodia compartida, todo ilo apuntando ao obxectivo final de frustrar na práctica a vida independente da muller. ler todo o artigo en Público