A Festa da palabra silenciada ten acceso aos seus monográficos, índices, artigos e autor@s a través de DIALNET, Universidade de La Rioja. De momento, non hai acceso dixital ao contido completo, pero é un comezo. ;-)
Páxina da Festa da palabra silenciada
Translate
3 ago 2013
29 may 2013
Plataforma Galega polo dereito ao aborto
Manifesto do Consello Municipal da
muller de Vigo*
Opoñémonos á irresponsable
modificación da lei do aborto proxectada polo Ministro de Xustiza,
como unha nova inxerencia nas nosas liberdades individuais. Acusámolo
de priorizar o dereito do disparate científico do “concibido non
nacido” por riba da saúde das mulleres.
A limitación do suposto de
malformación implica unha condena tamén contra o potencial ser
humano condenado á marxinalidade e o sufrimento.
Criminalizar ás mulleres polo feito de
interromper o embarazo neste suposto, supón unha forma máis de
violencia.
Consideramos que restrinxir o dereito
de elección sobre un feito de tanta relevancia humana como social,
como é a maternidade, non pode depender do dogma dun individuo e dun
goberno, que paradoxalmente recorta en sanidade, dependencia e
servizos sociais, como constatamos nos últimos tempos.
A reforma proposta polo Ministro de
Xustiza equipara a lexislación española á normativa máis atrasada
de Europa, como é a de Irlanda ou Malta.
Calquera modificación da lei vixente
que permite o dereito a interrupción voluntaria do embarazo supón
non só un atranco á nosa liberdade persoal senón un atentado
contra a igualdade nos dereitos das mulleres.
Polo noso dereito a decidir, pola nosa
igualdade, pola nosa saúde, non á modificación da Lei de aborto.
*Aprobado por todos os grupos agás PP e
Mulleres en Igualdade.CMM.
Vigo. 15 de maio, 2013
Vigo. 15 de maio, 2013
O Consello aproba a entrada do CMM na Plataforma Galega polo dereito ao aborto
Reportaxe gráfica da Plataforma Galega polo dereito ao aborto; actos en Compostela e Vigo, 28 de maio, 2013
Etiquetas:
aborto,
campañas feministas,
dereitos,
violencia
28 may 2013
Concentración 28 de maio
Polo dereito a decidir, Plataforma polo dereito ao aborto
Plataforma polo dereito ao aborto libre e gratuíto, Vigo, 28 de maio

Plataforma polo dereito ao aborto libre e gratuíto, Vigo, 28 de maio
18 may 2013
Adeus a Luisa Fernández
Hoxe
deixounos María Luísa Fernández, unha persoa moi querida para o
movemento feminista desta cidade. Vencellada ao Partido Comunista
desde o ano 1972 esta monfortina, dirixente histórica de Esquerda
Unida, xogou un rol primordial en diversos movementos sociais, no
Colectivo antisida, Imán, na Asociación
de axuda aos presos Concepción Arenal, na Marcha Mundial das
Mulleres e do Colectivo Violeta.
Coincidín
con Luísa durante moitos anos, en centos de accións de denuncia nas
rúas, nalgunha homenaxe, encontros feministas. Perdinme a súa
amizade, por iso soamente falo do que vin e oín dela.
Sempre dando a cara, en
primeira liña, coa pancarta, repartindo panfletos, o que fixera
falta. O seu labor discreto faime pensar no enorme traballo
integrador e solidario que desenvolveu sen facer ruído. E con
optimismo, acreditaba fondamente no que estaba a facer. Un amigo do
Colectivo antisida falaba do seu entusiasmo, do seu liderato
afectivo, case maternal.
Non
sei cal sería a súa sensación ao verse nos carteis da rúa como
candidata á alcaldía de Vigo, nas municipais do 2007. Ter que saír
dese anonimato debeulle custar un grande esforzo . Algunhas persoas
que viviron eses momentos de cheo comentaban a modestia de Luísa,
case pedindo desculpas, quitándose toda a importancia, e que o
partido estaba moi moi mal. Ela mesma repartía os programas de
Esquerda Unida polas rúas.
Os
movementos sociais quedan orfos; un duro golpe, inesperado,
fulminante. Como encher a túa ausencia?
Actuando
como ela o faría e fixo sempre, con coherencia, saíndo a rúa e
gritando contra a desigualdade, contra a violencia de xénero, e
contra a inxustiza social. Alí estaremos contigo, loitadora,
camarada, feminista.
(Na foto, Luísa Fernández con María Xosé Queizán, na inauguración do Rueiro de mulleres deseñado polas MNG, en Vigo)
2 abr 2013
Roteiro en feminino Sons de mulleres
Camiñando por Vigo na procura da historia das mulleres. Roteiro en feminino Sons de Mulleres
O próximo xoves dia 4 de abril ás 19:00 horas na Casa das Mulleres propomos-che que coa palabra e imaxes percorras con nós dende o inicio a andadura e desenvolvento coa posterior sinalización dos 15 puntos que configuran o Roteiro en Feminino Sons de Mulleres promovido por Mulheres Nacionalistas Galegas en colaboración coa Concellaría de Igualdade.
27 mar 2013
Sobre o GTG
Interesantes artigos do Grupo de Traballo Galego, desde Londres. Non queda un tema por abordar; para non limitar as súas achegas consignamos os seus enlaces.
Moitas grazas, Teresa Barro.
http://www.grupodetraballogalego.com/
http://www.grupodetraballogalego.com/artigos-da-5-etapa/157-numero-8/147-falta-de-plans.html
http://www.grupodetraballogalego.com/fala-lili.html
Moitas grazas, Teresa Barro.
http://www.grupodetraballogalego.com/
http://www.grupodetraballogalego.com/artigos-da-5-etapa/157-numero-8/147-falta-de-plans.html
http://www.grupodetraballogalego.com/fala-lili.html
8 mar 2013
Día 8 de marzo na UNESCO: Día para pasar á acción
Algúns datos que convén coñecer para non permanecer calad@s
Las Naciones Unidas adoptaron la Declaración sobre la eliminación de la violencia contra la mujer en 1993: la primera herramienta del campo de los derechos humanos en identificar y tratar exclusivamente del problema de la violencia contra las mujeres.
Fonte: http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/international-womens-day-2013/#sthash.XzLEUybE.dpuf
http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/international-womens-day-2013/
Algúns datos que convén coñecer para non permanecer calad@s
http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/international-womens-day-2013/
7 mar 2013
8 de marzo. Consello Municipal da Muller de Vigo
CONMEMORACIÓN
DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
ACTIVIDADES E ACTOS EN VIGO
ORGANIZADOS POLO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
Con motivo da conmemoración do 8
de Seguranamarzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello
Municipal
da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo organizan unha serie
de actividades e actos na cidade.
Aínda que a información completa
a tedes no programa e cartel que se xunta, destacamos as seguintes
iniciativas:
Venres
,
8 de marzo:
10:00 h.
Sesión plenaria do Consello Municipal da Muller
Sesión aberta ao público ata completar aforo.
Sesión aberta ao público ata completar aforo.
22:00
h.
Entrega do Premio Ernestina Otero a Carmen Segurana
(convite adxunto)
O premio concederase no transcurso dunha cea no Hotel Coia. As reservas deberán realizarse ata o día 7 de marzo, chamando ao tlf. 654 401 709 (Ángeles Arias) ou no tlf. 607 328 503 (Concepción Regueiro)
O prezo do menú (23 €) será recollido o día da cea no hotel Coia.
O premio concederase no transcurso dunha cea no Hotel Coia. As reservas deberán realizarse ata o día 7 de marzo, chamando ao tlf. 654 401 709 (Ángeles Arias) ou no tlf. 607 328 503 (Concepción Regueiro)
O prezo do menú (23 €) será recollido o día da cea no hotel Coia.
Sábado, 9 de marzo na praza da Constitución:
12:30 h.
Percorrido do I Roteiro en feminino "Sons de Mulleres" guiado por
María Casar.
17:00-20:00
h. Espazo lúdico de Igualdade. Actividades e xogos para as crianzas.
20:00-24:00
h. Festa pola Igualdade na praza da Constitución: música tradicional,
soul, blues, canción de autora, rap
OUTRAS ACTIVIDADES:
Maratón
de chíos pola Igualdade! Animádevos a participar no
maratón en twitter enviando os teus chíos pola Igualdade do 4 ao 8 de
marzo co hashtag #VigoIguala
Información completa do maratón no enlace: http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=386
Información completa do maratón no enlace: http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=386
Tapas de
Igualdade . Desde o 4 ao 8 de marzo poderanse degustar
as "tapas de igualdade" creadas para a ocasión polos Asociación de
Comerciantes e Hosteleiros/as de Vigo Vello.
Durante os días 8 e 9 de marzo o Consello Municipal da
Muller portará o facho que simboliza a Rosalía de Castro.
6 mar 2013
A sindicalista Carmen Segurana, distinguida co Premio Ernestina Otero 2013 polo Consello Municipal da Muller
Comeza a súa andaina no “Club
de Amigos da UNESCO”, traballará na clandestinidade no sindicato CC.OO. Desde finais dos 60 impulsa en Vigo o Movemento Democrático de Mulleres (que emerxe no ano 65) como tarefa prioritaria. A
organización comeza a ter moita forza en Galicia noutros lugares de Galicia como Ourense e as mulleres conseguen chegar preparar un congreso constituínte para o 12 de marzo do 72.
Levará a cabo un interesante labor de concienciación de mulleres formando grupos de apoio aos presos comunistas.
Participará nas mobilizacións obreiras de Vigo a finais do 70 e en campañas feministas como as do divorcio e a legalización do aborto e os método anticonceptivos. Desde o MDM distribúese o voceiro artesanal "A muller e a loita".
Máis información:
Bar Cendón, Mónica (2010): "O Feminismo reformista: o Movemento Democrático de Mulleres", en Feministas Galegas, claves dunha revolución en marcha. Vigo. Edicións Xerais.
Participará nas mobilizacións obreiras de Vigo a finais do 70 e en campañas feministas como as do divorcio e a legalización do aborto e os método anticonceptivos. Desde o MDM distribúese o voceiro artesanal "A muller e a loita".
Máis información:
Bar Cendón, Mónica (2010): "O Feminismo reformista: o Movemento Democrático de Mulleres", en Feministas Galegas, claves dunha revolución en marcha. Vigo. Edicións Xerais.
17 ene 2013
Novas dos xornais
Detenido en Lleida por violar a su hijastra y otras dos menores, en El Mundo
Efe | Lleida
Actualizado jueves 17/01/2013 11:55 horas
La Policía Nacional ha detenido en Lleida a un hombre acusado de agredir sexualmente a su hijastra menor de edad en repetidas ocasiones, así como a otras dos menores amigas de la misma.
Según ha informado el Ministerio de Interior, el presunto agresor, de origen sudamericano y que lleva varios años viviendo en España,agredió sexualmente a su hijastra desde los 12 años, cuando aún vivían en su país de origen, hasta los 15 años, cuando vivían ya en España, concretamente en Palma de Mallorca. ler máis
Novas de violencia
A xerarquía das noticias presenta casos ruíns onde unha malleira dun home á súa parella, comparte espazo cun ataque dunha vaca ao coidador dun mercado de gando. Qué tipo de consideración ten a prensa sobre a violencia machista? Para mostra un botón: no xornal de Luns a Venres, 17/01/12.
Etiquetas:
dereitos,
feminismo,
terrorismo machista,
violencia
11 ene 2013
Amanat, Malala e a revolución pendente
Amanat, Malala e a revolución
pendente
por Mónica Bar
![]() |
| Malala saíndo da clínica londinense onde foi atendida |
O día 7 comezou o xuízo contra eses
energúmenos. Sucedeu en Nova Delhi, seis homes, cinco adultos e un
menor, violan sen piedade, ata no estado de inconsciencia, a unha
estudante de medicina indú de 23 anos. Golpános a ela e ao seu
acompañante con barras de ferro e despois de lle arrancarlle os
intestinos, bótannos aos dous á rúa, espid@s, onde permanecerán
media hora pedindo auxilio sen que ninguén lles bote conta. As
imaxes foron captadas polas cámaras de vixilancia dun hotel, fronte
o que detiveron o autocar. O asasinato foi premeditado polas 6 bestas
e comandado polo chofer do autobús escolar.
Podemos pensar con alivio, “que lonxe
estamos desa barbarie”; porque segundo as estatísticas, na India
violan a 70 rapazas diariamente, aproximadamente unha cada 20
minutos; e só o 25 por cento dos imputados resulta condenado. Claro
que a India ten 1200 millóns de habitantes, case o dobre que a
poboación total de Europa.
En Pakistán, recordemos o atentado
contra Malala Yusufzai (15 anos),
como comenta Yashmina Shawki nun artigo (“¿Qué pasa en
Pakistán?”, LvdG, 8/I) os Talibáns ademais
de plantear graves problemas de seguridade nas provincias da raia con
Afganistán, están propiciando un abafante clima de violencia contra
as mulleres,
do
que son exemplo as violacións e a súa oposición á escolarización
das nenas.
Noutros países de Oriente, as
violacións colectivas son un arma disuasoria contra as mulleres que
acceden a vida pública. Hai uns días recordaba as denuncias dunhas
periodistas no Cairo que narraban a sensación de sentirse
acurraladas en plena manifestación na Praza Tahrir, á vista de todo
o mundo; ou diante das cámaras, por unha horda de lobos bípedos
contra os que nada puideron facer. Actúan á luz do día; son
depredadores doctos nese tipo de caza e actúan impunemente co
beneplácito do sistema.
As mesmas actitudes depredadoras
vémolas pola rúa a cotío, ao mellor non tan sórdidas, pensamos,
alí son como alimañas. Tal vez entre esas violacións e a da rúa
Coruña, en Vigo (por non ir máis lonxe) este fin de ano, radica en
que a muller foi asistida a tempo pola Policía.
Pero non hai cámaras que graben os
ataques no ámbito privado, nin micrófonos que recollan as ameazas
das que son obxecto as mulleres na gaiola doméstica.
Como tampouco houbo vixilancia nas
casas das 53 mulleres (e 6 criaturas) asasinadas polos seus homes.
Ninguén, inclúo a veciñanza, acudiu a chamada desas discusións
violentas porque “iso non vai con nós”. Mentres non tomemos
conciencia colectivamente desta tortura socialmente aceptada, isto
non se soluciona.
O positivo, @s indignad@s da India. A
violencia salguinaria dos delincuentes, a neglixencia da policía e a
pasividade dos gobernantes sublevaron as masas. Incluso unha
asociación de avogad@s pareceulles inmoral defender aos
delincuentes; non coñezo esa obxeción de conciencia no noso
territorio. Tampouco temos antecedentes de que a violación dunha
rapaza se convirta nun asunto de estado; nin das enormes, masivas
manifestacións de protesta esixindo cambios na lexislación que
permitan un castigo exemplar para esa violencia contra as mulleres.
Porque a verdadeira revolución terá que comezar polo fundamental e
imprescindible: unha revolución sexual, algo tamén pendente tamén
por estes pagos.ler máis
5 ene 2013
Os luxos d@s deputad@s
SUCESO DE LA VOTACIÓN EN EL PARLAMENTO EUROPEO SOBRE SI SE VUELA EN CLASE TURISTA (mucho mas barato) O BUSSINES (primera clase). El miércoles 6 del pasado mes de abril, en el Parlamento Europeo se votó una enmienda para restringir los vuelos en primera...* *NOTA PREVIA.- Un vuelo de Barcelona a Bruselas, en "Bussines Class" de Iberia, ida y vuelta, cuesta unos 1.297 €. Con Vueling, clase turista, unos 150 euros. Con el coste de cada viaje de un eurodiputado en clase bussines, se paga un maestro durante 20 días. BUENO, PUES ASÍ VOTARON LOS EURODIPUTADOS ESPAÑOLES: -A favor de volar en turista: Ramón Tremosa i Balcells (CiU) Rosa Estarás Ferragut (PP) Oriol Junqueras Vies (ERC) Raúl Romeva i Rueda (Iniciativa) -En contra de volar en turista: ler toda a información
30 dic 2012
Falece a Nobel Rita Levi-Montalcini
Con
103 anos de idade, falece na súa casa de Roma, Rita Levi-Montalcini
unha das figuras cruciais para a ciencia do século XX. Con estas
frase que sintetiza a súa incansable dedicación á investigación:
“Entrei
na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza
que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida!”
iniciaba o meu artigo na Festa
da palabra silenciada
(nº 27 “As nobel científicas”, Vigo 2011) dedicada a unha das
escasísimas Nobel científicas da historia.Mónica Bar
26 dic 2012
AS MARÍAS DE COMPOSTELA
por María
Xosé Queizán, 24/12/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
