Translate
12 dic 2012
A quen beneficia o deterioro da Sanidade Pública?
Ver en "Circula por interné"( recibido o 12 de decembro ) O caso de Castela A Mancha: CAPIO SANIDAD, ler máis
8 dic 2012
Coidadoras
Coidadoras
Onte celebrábase o día
internacional das persoas discapacitadas e, simultaneamente recibimos
a seguinte machetada do goberno Rajoy. Este mes (xa hai que ser
fodidos), deixa de pagarse a cotización das persoas coidadoras, non
profesionais, man de obra barata (98% mulleres, segundo o IGE,
Instituto Galego de Estatística) que podía aliviar a durísima
tarefa de facerse cargo dunha persoa dependente. O custe era elevado,
ao parecer, preto de 300 millóns de euros -iso está por ver- pero
aínda así resulta unha miseria comparado cos pagos a fondo perdido
regalados as entidades financieiras que non conceden un fodido
crédito para as “familias”, as pemes e @s autónom@s.
A pastasmal Lei de
dependencia paseouse polas portadas dos xornais e os Boes pero sen
achegarse a resolver o esencial do problema social de centos de miles
de fogares.
Na Galiza calcúlanse
uns 120.000 dependentes (datos de 2011). As
cifras oficiais xa sabemos que cómpre multiplicalas por dúas, en
calquera caso a cargo desas persoas encóntranse unhas 119.000
mulleres, e uns 1000 homes, que non estaban no paro porque moit@s
delas, polo menos, cotizaban á SS.
Tirando
de cifras estatais de hoxe mesmo, resulta que das 205.678
persoas que deixaron de cotizar á Seguridade Social en novembro,
85.233 son coidador@s familiares d@s dependentes.
Imaxinen
a situación: @s xubilad@s sen a suba prometida do IPC, as coidadoras
sen SS, moit@s delas tiveron previamente que renunciar ao seu posto
de traballo, para dedicarse á persoa dependente. Non poden regresar
ao mundo laboral por razóns obvias, non hai ofertas e de habelas,
non benefeciarían a persoas adultas, a franxa de idade máis
numerosa de coidadoras oscila entre os 40 e os 65 anos.
As
amas de casa son coidadoras a tempo completo, durante moitos anos ou
toda a vida, como a xeración que me precedeu.
Esa
caridade de paga para mantelas atadas ao fogar, esa merda de
cotización, ou aquel salario da liberdade, que non cubre nin o 10%
das horas que invertimos n@s
demais; é inaceptable. Este desprezo soberano sobre as nosas vidas
deberíanos levar a cuestionar moi seriamente (estou pensando nas
xeracións futuras, claro está) qué estamos dispostas a hipotecar
para que o sistema patriarcal siga estragando os nosos recursos
físicos e intelectuais.
Espero
que a miña sexa a última xeración gaseada por este sistema vil e
despiadado.
Mónica B.C
Mónica B.C
3 dic 2012
MXQ entrevista 25 novembro
María Xosé Queizán: ''Recordo perfectamente cando as mortas as contabamos só as feministas'' en Sermos Galiza
BETI VÁZQUEZ
"O sistema era absolutamente patriarcal. Non pintaban nada. Estaban recluídas no mundo doméstico. Eran nais e esposas". No documental Digna rabia, a escritora describía con estas palabras a situación de opresión que as mulleres soportaron desde o levantamento fascista de xullo do 36 e até 1975, cando o ditador Franco morreu, na cama. A partir desa data comezou a súa militancia no movemento feminista, primeiro na AGM, Asociación Galega da Muller, e despois en Feministas Independentes Galegas, FIGA. ler máis
Etiquetas:
aborto campañas feministas violencia dereitos,
FIGA,
violencia
13 nov 2012
14 N respira, ouvea!
Unha breve e dramática mostra da situación que estamos a vivir
http://www.youtube.com/watch?v=U0gYoGMf3Ps&feature=colike
http://www.youtube.com/watch?v=U0gYoGMf3Ps&feature=colike
12 nov 2012
Matrimonium
Matrimonium ou
contubernium
Mónica Bar Cendón
O veredicto do TC sobre o
recurso de inconstitucionalidade da Lei 13/2005, de “matrimonio
homosexual”, desatou controversias no bloque da dereita. Así,
mentres uns debatían sobre a parida das peras e das mazás da
Botella, outros proclamábanse abertamente defensor@s da Lei,
denantes de aprobarse.
Os máis extremistas
escúdanse no inadecuado do nome e activan unha campaña co slogan
“Yo no lo llamaré matrimonio”, como se a súa preocupación fose
etimolóxica.
O certo é que o
termo Matrimonium
varía segundo as culturas. Na antiga Roma durante moito tempo só
era factible a voda entre Patricios, os plebe@s e escravos quedaban
fóra do “privilexio” de casar. Se cadra porque ademais de non
ser libres, tampouco posuían bens, polo que o intercambio material
non tiña obxecto. Segundo puiden pescudar, na lingua árabe,
á unión en matrimonio chámase `aqd
nikāḩ’, que significa “contrato de penetración”. O que leva
implícito o repudio, cando este non se consuma segundo as
pretensións do home.
Esta idea tamén de
apareamento é a impulsada desde o sector máis ultraconservador da
nosa sociedade: ler máis
Mobilización contra a violencia "estrutural"
Escrito do Feminario de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.
Más de 800 mujeres se han manifestado desde el Rectorado de la Universidad de Córdoba hasta la Subdelegación del Gobierno, en contra de los recortes en derechos, libertades y bienestar social que estamos padeciendo el conjunto de la población.
Esta marcha se ha enmarcado dentro del XXIII Feminario ¿Qué es la Violencia Estructural contra las Mujeres?, espacio de reflexión feminista que ha acogido en Córdoba a mujeres de todo el territorio español.
Al final de la marcha, se ha leido un manifiesto en el que se resumen perfectamente las reivinidicaciones de la marcha y el feminario:
- Violencia estrucutural es 50 mujeres asesinadas y que se cierren Casas de Acogida.
-Violencia estructural es consentir la prostitución y hacer creer que puede ser un trabajo.
-Violencia es que la edad de consentimiento sexual esté en los 13 años en este país y sin embargo se nos niegue a las mujeres la capacidad de decidir sobre nuestra maternidad.
-Violencia es que la viagra sea perfectamente asequible y la píldora del día despues no se dispense en todas las farmacias.
-Violenica es que las mujeres poseamos solo el 1% de la requeza del Planeta.
-Violencia es que una pretendida moral religiosa, vaya en contra de los valores y derechos cívicos.
-Violencia es la pobreza más absoluta en la que viven la mayoría de nuestras mayores porque el Estado no se ocupa de ellas.
-Violencia es que las mujeres jóvenes no encuentren trabajo a pesar de estar sobreformadas.
Si el Gobierno calla ante esta situación de las mujeres, esto es violencia.
Si el Gobierno asume valores religiosos que se dirigen a recortar nuestros derechos, esto es violencia.
EXIGIMOS la afirmación de nuestros derechos porque son la viva expresión de la democracia, la libertad, la igualdad, la justicia social y la justicia sexual.
Manifiesto realizado por Alicia Miyares y Lourdes pastor y apoyado por las más de 500 asistentes al Feminario de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.
14 oct 2012
VOLVE O SANTORAL
En tempos
electorais, coincidindo coa chamada “crise”, os políticos andan
a voltas coas cifras como tendeiros. Os números non casan coas
necesidades cívicas.
Parten
da escaseza sen indicar como se motivou e se mantén. Non din que os
negociantes fraudulentos que esgotaron as arcas do Estado seguen
enriquecidos; que mesmo se foron descubertos e condenados a prisión,
nunca devolveron o furtado, e mesmo poden presentarse ás eleccións
para seguir roubando con todas as da lei; que
se as
persoas con alto poder económico contribuísen aos presupostos de
modo equivalente á poboación asalariada, outra crise cantaría.
O
fascismo sempre aproveitou as crises para suprimir dereitos e impor
as ideoloxías conservadoras, valorando o privado sobre o público,
non só na economía, senón na importancia da familia e da relixión.
Por
Real Decreto vén de ser condecorada coa Gran Cruz da Orden do Mérito
da Guarda Civil, a Virxe do Pilar, patroa do Corpo. Non dá para
alucinar? Pois hai máis: Nomearon Doctor da Igrexa Universal a San
Juan de Ávila, coa presencia de Rouco Varela e Cospedal e Soraya con
mantilla. Volve o santoral e o nacional-catolicismo!
Quen
fala da crise de valores?
12-
de outubro. Malia a gran cruz, parabéns ás Pilar
MXQ
10 oct 2012
A carga dos mamelucos
A CARGA DOS MAMELUCOS
A carga dos mamelucos perante o Congreso durante a concentración do 25-S costounos 300.000 euros, segundo a axencia EFE. A actuación policial, de estado de sitio, invadiu lugares privados, tratando @s manifestantes como delincuentes. Menos mal que da Audiencia Nacional saíu unha sentencia tan didáctica como perspicaz que puxo @s autores do lance no seu sitio.
As dereitas revólvense insultando e chamando á orde; pero é o papel da esquerda...? O mundo ao revés. @s de fóra (do Congreso) representan o país mentres @s de dentro, a clase política, ensaian estratexias para desbancarse entre si cos iPads e iPhones que o Parlamento lles regalou -será que non lles dá o soldo para mercalo- para estar ben conectad@s, entre eles que a wiffi non dá para máis. ler máis
29 sept 2012
Un artigo de sentido común, de Ángeles Caso
Desde hai tiempo, cada mañá, despois de ler o periódico e escoitar algún informativo
na radio, acostumo a caír durante un rato nun proceso depresivo. Imaxino que a tod@s
vostedes lles sucede algo parecido. Por moi ben que lles vaian as cousas a cada unha a
título individual, é imposible non verse afectad@ por todo o que nos rodea. Parece que nos
tiraran por riba un caldeiro enteiro de pintura suxa e fedorenta, emporcando o
fresco máis ou menos decente que fomos facendo entre tod@s.
(As correcións de xénero son nosas)
Leer máis: http://www.lavanguardia.com/magazine/20120607/54306744059/angeles-caso-el-gran-nombre-de-democracia.html#ixzz27r1IehNl
![]() |
| Da páxina RTVE. Carga policial do 25-S |
28 sept 2012
Odio falar de aborto
Odiei a palabra aborto pero repetila ata a saciedade nos anos oitenta actuaba como revulsivo contra unha sociedade empapada de beatería. Tamén a odio porque era utilizada polas dereitas para desacreditar ao feminismo.
Lémbrome dunhas concentracións feministas pola despenalización da interrupción voluntaria do embarazo en 1985. Formaban parte dunha campaña pola liberdade sexual e reprodutiva nunha praciña, xustamente perante o Congreso (como onte) mentres dentro se debatía a lei de interrupción que foi aprobada ese mesmo ano. Pero daquela non chegaban ao centenar de mulleres e este 25-S foron miles. ler máis
12 sept 2012
@S FILL@S COMO INSTRUMENTO DE VINGANZA DO AGRESOR
por Ana María Perez del Campo, Yolanda Besteiro e VVAA
.../... A vinganza centrada n@s fill@s -calquera que sexa o seu sexo e idade- é a arma por excelencia do agresor sexista. O drama comeza coa imposición da presencia do “padre” a un fillo, que o rexeita por temor, sufrendo un auténtico secuestro anímico; a seguir a malvada especulación da síndrome de alienación parental, o inexistente SAP, persistentemente negada poa comunidade científica internacional; a morea de chantaxes emocionais con que disfrazar a fraudulenta petición da custodia compartida, todo ilo apuntando ao obxectivo final de frustrar na práctica a vida independente da muller. ler todo o artigo en Público
por Ana María Perez del Campo, Yolanda Besteiro e VVAA
.../... A vinganza centrada n@s fill@s -calquera que sexa o seu sexo e idade- é a arma por excelencia do agresor sexista. O drama comeza coa imposición da presencia do “padre” a un fillo, que o rexeita por temor, sufrendo un auténtico secuestro anímico; a seguir a malvada especulación da síndrome de alienación parental, o inexistente SAP, persistentemente negada poa comunidade científica internacional; a morea de chantaxes emocionais con que disfrazar a fraudulenta petición da custodia compartida, todo ilo apuntando ao obxectivo final de frustrar na práctica a vida independente da muller. ler todo o artigo en Público
5 sept 2012
A REDE DE MEDIADORAS DE VIGO organiza:
IV ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 21 e 22 de setembro de 2012 máis información
IV ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES, na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) durante os días 21 e 22 de setembro de 2012 máis información
31 ago 2012
Mulleres e academias
Así responde Bernardino Graña nunha entrevista en Sermos G. sobre as escasas mulleres que hai na Academia: Todos desexamos que haxa máis mulleres na Academia, mais ten que ser unha incorporación real. Non as podemos inventar. É patético, si, pero unha ofensa ao colectivo de mulleres galegas. ler máis
27 ago 2012
Contra a custodia compartida
Agrede á súa exmuller en Vigo cando ela lle entregaba o fillo de ambos
Un caso máis que pon de manifesto as terribles consecuencias da custodia compartida, en casos de violencia de xénero.
As fill@s dun padre maltratador son víctimas pasivas desta violencia, moit@s cunhas secuelas imborrabeis. Cómo se pode entender que un padre poida ter dereito a ver ás criaturas, ás que someteu a esa tortura? Obviamente es@ xuíz@ nunha lexislación igualitaria está prevaricando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

