Translate
31 ago 2012
Mulleres e academias
Así responde Bernardino Graña nunha entrevista en Sermos G. sobre as escasas mulleres que hai na Academia: Todos desexamos que haxa máis mulleres na Academia, mais ten que ser unha incorporación real. Non as podemos inventar. É patético, si, pero unha ofensa ao colectivo de mulleres galegas. ler máis
27 ago 2012
Contra a custodia compartida
Agrede á súa exmuller en Vigo cando ela lle entregaba o fillo de ambos
Un caso máis que pon de manifesto as terribles consecuencias da custodia compartida, en casos de violencia de xénero.
As fill@s dun padre maltratador son víctimas pasivas desta violencia, moit@s cunhas secuelas imborrabeis. Cómo se pode entender que un padre poida ter dereito a ver ás criaturas, ás que someteu a esa tortura? Obviamente es@ xuíz@ nunha lexislación igualitaria está prevaricando.
22 ago 2012
Rebeldía nas redes
FAGAMOS CIRCULAR ESTE SMS PORQUE OS POLÍTICOS EMPEZAN A ESTAR....Moi NERVOSOS; AS NOVAS TECNOLOXÍAS XOGAN NA SÜA CONTRA E O POBO EMPEZA A MOBILIZARSE.......É O INICIO DUNHA NOVA REVOLUCIÓN SOCIAL!!!!
POR QUE OS BANCOS, CANDO QUEDAN COA TÚA VIVENDA PÓDENA VENDER SEN POÑELA AO SEU NOME, E ASÍ NON PAGAR O 7% DE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS?
Sigan lendo na nova sección "Circula por internet"
(A pintada é cousa aparte)
http://feministasindependentesgalegas.blogspot.com.es/p/circula-por-internet.html
18 ago 2012
Por que no "maestro" ni "ministra"?
Nomenclaruras
*Fuente: Memoria de la Historia – Carlos Fisas. Simpático post "internetem circulandum")
*Antes de dar la oportuna explicación os voy a contar una anécdota, que muchos ya conoceréis, sobre la importancia del latín. En cierta ocasión José Solís Ruiz**, ministro de Trabajo durante el régimen franquista y natural de Cabra** (Córdoba), le discutía al político y rector de la Universidad Complutense, profesor Muñoz Alonso**, para qué servía el latín. El profesor le respondió: "Por de pronto, señor ministro, para que a Su Señoría, que ha
nacido en Cabra, le llamen egabrense y no otra cosa."
*Y volviendo al título de este post, vamos a servirnos de la etimología, y el latín, para explicar por qué cualquiera puede ser ministro pero no maestro**.*
*El término maestro** deriva de magister** y este, a su vez, del adjetivo magis** que significa más **o más que**. El magister lo podríamos definir como el que destaca o está por encima del resto por sus conocimientos y habilidades. Por ejemplo, Magister equitum** (jefe de caballería en la Antigua Roma) o Magister militum** (jefe militar).*
*El término ministro** deriva de minister** y este, a su vez, del adjetivo minus** que significa menos** o menos que**. El minister era el sirviente o el subordinado que apenas tenía habilidades o conocimientos.*
*Por tanto, queda demostrado que para ser ministro no hace falta ser nada**
17 ago 2012
Fascismo en Rusia: as Pussy Riot
A condea a Pussy Riot ademais dun atentado á liberdade de expresión, revela a pouca intelixencia dun gobernante mediocre e fascista como Putin, que pretende calar todo tipo de oposición a golpe de canón; era moito pedir que esa rancia igrexa ortodoxa dun estado, que evidentemente de laico non ten nada, aceptaran o happening das Pussy Riot con sentido do humor. Son patéticos!
15 ago 2012
30 jul 2012
AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS
AVANCE FEMINISTA NOS XOGOS OLÍMPICOS
Nun momento de tribulación para as mulleres galegas, e españolas en xeral, nos que o Goberno do PP quere facernos retroceder legalmente a tempos do pasado, retirando os progresos conseguidos, temos a alegría de constatar o avance global das mulleres, do que os nosos adiantos e melloras foron un aliciente.
Refírome aos Xogos Olímpicos de Londres, nos que se constata a gran evolución das deportistas. Constatamos que as mulleres son o 46% do total. Moitas máis que en Pequín. Por Primeira vez, nos EEUU hai máis deportistas mulleres que homes. Tamén supón un gran logro que por primeira vez acudan mulleres de países musulmáns, como Qatar, Túnez ou Arabia Saudita, onde se agarda que unha delas actúe sen yihad. As relacións diplomáticas tiveron moito que ver nesta incorporación feminina, co que se demostra que o deporte ten un valor democratizador. Foron tamén moitas as mulleres que tiveron a honra de portar a bandeira dos respectivos países.
Desde o punto de vista racista, aínda que @s atletas negr@s xa son moi considerados deportivamente, puidemos ver como de países negros, levaban a bandeira unha loura e un louro. Son detalles que din moito das actitudes democráticas globais.
Espero que dure pouco este goberno cavernícola, fundamentalista e machista en España. Sería surrealista que aínda lle fósemos pedir axuda ás musulmanas!!!
María Xosé Queizán
Por obra e graza do ES
Cando escoitamos falar de “desproteción do concibido”, non parece que nos encontremos ante un Ministro dun Estado aconfesional e moderno senón ante un pastor ortodoxo inspirado pola Musa da Conferencia Episcopal. Gallardón agarda preservar os dereitos do concibido permitindo que ést@ naza con taras e malformacións. Un suposto evitou 16133 nacementos crueis entre 2005 e 2010.
Concibido por quen? Por obra e graza do espírito Santo? Esa cruzada da protección ao feto volve ser directamente proporcional ao sometemento das mulleres. De que ética e de que xustiza fala Gallardón cando quere obrigar a vivir a un ser que nunca gozará do seu desenvolvemento autónomo?
Recentemente lin unha carta no xornal El País dun relevante neurólogo que explicaba as tremendas dores que padece desde o seu nacemento unha criatura con malformacións como a espiña bífida, algo máis corrente do que pensamos.
Nin sequera desde o naturalismo máis extremo se explica a idea do ministro. Ata os animais domésticos resolven os erros da natureza desfacéndose das crías malformadas. ler todo o artigo
.
26 jul 2012
Carta @s Señores Fetistas con poder
"O
aborto por malformacion do feto non será legal"
A.Ruiz Gallardon--Ministro de
¿Xustiza?.
Señores
Fetistas con poder:
Se
queren voltar a un estado embrionario no campo dos dereitos e
libertades da cidadania, teñen vostedes todo o dereito e libertade
para facelo. Pero non nos obriguen, neste caso ás mulleres a voltar
a épocas de oscurantismo,"pecado mortal",morte,inferioridade,
mal vivir...á irracionalidade en definitiva.
Tiñamos
unha Lei do Aborto que nos custou moito conseguir e ata pode que
conquerir nalguns casos. Podería ser mellorada como tudo nesta vida.ler toda a carta
24 jul 2012
Mateino porque era teu
Vaise recoñecendo que a violencia de xénero revela os máis escuros instintos da especie humana, ata o punto de que ningunha persoa decente se atrevería a desculpala, polo menos, en abstracto. Pero pode suceder que ata persoas decentes e seres sensibles se paren a indagar o motivo real para bater, violar ou asasinar ás mulleres ou fill@s.
Tamén decentes se consideran os creativos que deseñan camisetas para a xuventude con frases como “...una hostia a tiempo te pone a andar”, o produto -polo visto, moi exitoso- dunha tenda de prendas “progres e cachondas” ler todo o artigo
.
Tamén decentes se consideran os creativos que deseñan camisetas para a xuventude con frases como “...una hostia a tiempo te pone a andar”, o produto -polo visto, moi exitoso- dunha tenda de prendas “progres e cachondas” ler todo o artigo
.
Etiquetas:
feminismo,
terrorismo machista,
violencia
23 jul 2012
DECLARACIÓN DE FIGA
Non existen palabras para definir o furor que nos provoca a pretensión de Gallardón, influído por Rouco Varela e toda a Conferencia Episcopal, de suprimir o suposto legal da “malformación do feto” para poder interromper o embarazo.
A idea é aberrante:
Desde o punto de vista ético: é inhumano traer ao mundo seres subnormais, tarados ou deformes, condenados á minusvalía, á soidade, ao sufrimento, á diferencia ou a unha vida vexetativa. En definitiva, ao infortunio.
Desde o punto de vista socio-económico: Son unha carga social e un lastre económico. O seu adestramento é máis caro e non vai repercutir na produción e contribución á sociedade. Nunca serán persoas autónomas.
Desde o punto de vista feminista supón un retroceso nos dereitos conseguidos nos últimos anos. Tamén unha ofensa como persoas. O Goberno pretende suprimirnos toda capacidade humana de decisión para relegarnos a úteros que deben albergar seres desgraciados que amargarán a vida das nais obrigadas a parilos e crialos, sempre, porque nunca se emanciparán.
Estaremos pendentes, non só das reaccións, senón das accións políticas e legais dos partidos e sindicatos ao respecto.
FIGA
12 jul 2012
TERRORISMO
MACHISTA
María Xosé
Queizán
As mulleres viven un
terror oculto na súa vida cotiá. O medo e a desprotección impide
que non denuncien os malos tratos e só afloren poucos casos. Isto
denuncia Inmaculada Montalbán, presidenta do Observatorio contra a
Violencia machista.
Descenderon
as denuncias a respecto do ano 2011. Ler todo o artigo
Etiquetas:
Observatorio,
terrorismo machista,
violencia
11 jul 2012
Custodia compartida=perpetuar a violencia
INFORMACIÓN EXTRAÍDA DAS PÁXINAS DA ASOCIACIÓN DE Mujeres separadas y divorciadas, sobre unha interpelación urxente ao goberno por parte do grupo parlamentario Unión Progreso y Democracia (UPyD) "sobre sus propósitos de extender a nivel nacional la Custodia Compartida sobre los hijos como modelo preferente en los procedimientos de separación o divorcio"
5 jul 2012
Actuacións xudiciais
A democracia ofrece
acotío tantas mostras de deficiencia que a consideramos como un mal
menor. Pero en ocasións, a independencia de poderes, ofrécenos un
respiro. Tal foi cando imputaron a dirixentes das Caixas galegas, e
mesmo algúns víronse obrigados a dimitir, ou tal é hoxe, cando,
por mor dunha denuncia, os dirixentes de Bankia son acusados de
estafa e outros delitos contra a propiedade.
A crise está provocando
unha penuria económica na poboación traballadora e o desengano
entre a cidadanía consciente, pero, paralelamente, ao sinalar o
sistema culpable, o capitalismo, descubrir a dilapidación da riqueza
e a corrupción que motivou a crise, obriga á cidadanía á
reflexión. Así, dirixe a ollada e a voz acusatoria contra os
representes do Goberno e da Administración, que teñen unha gran
responsabilidade, e contra os dirixentes bancarios que se lucraron en
exceso e provocaron o afundimento.
Se ben é certo que o
momento é duro, maiormente para as persoas desempregadas, tamén o é
que a cidadanía aprendeu moito sobre unha economía estafadora, e
sobre un goberno que non dubida en oprimir, suprimir dereitos e
obrigar a “apertarse o cinto” á xente que produce a riqueza da
que eles se benefician.
Daquela, hoxe recibe unha
satisfacción. A xustiza vai facer xustiza. Sinala co dedo rigoroso a
un fato de banqueiros, intimamente relacionados co goberno, para máis
inri. Satisfacción, pois.
Mágoa que as feministas
non poidamos gozar plenamente do momento. Na Esfera Privada, onde as
mulleres son oprimidas, maltratadas e asasinadas, aínda non chegou a
Xustiza. Para cando?
María Xosé Queizán
2 jul 2012
As novas da RAE
A RAE vén de incorporar un número de entradas ao seu dicionario da lingua que me trae á memoria o razoamento dunh@ graffiteira do meu barrio: “tía, si no se torpedean las academias de la lengua es porque salen baratas y llevan el título de Real, que mola mazo”. Fachendosa castrapofalante, non creo que a deusa do sprai pensara na RAG cuxa existencia descoñece.
Pero non vai moi despistada porque a lingua máis viva do planeta, o inglés, a pesar de carecer de tutela académica, quen non a domina non se move nin nos cumes, nin nos (silicon) vales.
Non obstante, curioseo nas achegas dos dicionarios para comprobar en que medida se adaptan as Academias ao devir dos tempos. Ler todo o artigo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



