Translate
9 may 2012
2 may 2012
DSK
A chegada do redundante
violador, consentido e absolto polo Xusticia, DSK, exdirector do FMI,
á festa de aniversario do deputado socialista francés Julien Dray,
provocou unha espantada. A socialista Ségolène Royal, abandonou o
lugar, así como persoas da equipa de Hollande. A pregunta é: foi
invitado por alguén ou se presentou alí co descaro que o
caracteriza?
Hoxe
sabemos que a camareira do hotel yanqui que fixo a denuncia, volve
abrir o caso, esta vez por vía particular, xa que a xustiza oficial
prevaricou, dada a figura do violador. Cando se presentou na festa
socialista de París, DSK xa sabía que estaba novamente procesado.
Unha chulería máis do nefasto individuo. Se chegasen a condenalo,
amigas, facemos unha festa!
MXQ
30 abr 2012
LETANÍA DIALÉCTICA
DA CONFERENCIA EPISCOPAL
O re mus.........
Loado sexas Útero: Alma
mater, berce do Espírito.
Per sécula seculorum.
-Das que queren gobernar
os seus úteros.
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Copón
feminino, albergue do ser.
Per sécula seculorum.
- Das que frustran os seus
embarazos
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Pazo
divino, trono rexio do feto.
Per sécula seculorum
- Das que estragan o óvulo
con sangue menstrual.
Libéranos Domine!
Loado sexas Útero: Lar de
fetos tarados que irán ao ceo.
Per sécula seculorum
- Das que se fan probas
para coñecer a saúde do embrión.
Liberanos Domine!
Loado
sexas Útero: Gruta sublime. Deposito do principio activo
masculino.
Per sécula seculorum
- D@s que poñen condóns
nas mangueiras de inseminar.
Liberanos Domine!
Loado
sexas Pene: Órgano viril que cuspe no Útero a sagrada semente.
Per sécula seculorum
- Das lesbianas que
realizan sexo contra natura.
Liberanos Domine!
Loado sexas Pene: Símbolo
patriarcal armado para ordenar a familia.
Per sécula seculorun
- Das que queren liberarse
do poder do pene dominante
Á Fogueira!! Á Morte
Loado
sexa o pene familiar, económico, estatal que mantén a orde mundial
per sécula seculorum!!
AAAAMEEN
![]() |
| http://www.publico.es/espana/431154/sanidad-estudia-retirar-el-aborto-de-la-cartera-basica-de-servicios |
26 abr 2012
¿Es el consenso deseable o tiránico?
Dar valor a la oposición y cultivar la diferencia de opinión o de visión es esencial para evitar la tiranía, sea familiar, social, política o económica. La familia en la que sólo cuenta la opinión y los deseos de uno es una familia tiránica. Y los sistemas políticos que funcionan sin oposición son también tiránicos.
Nova publicación de Teresa Barro no seu "Viento de marzo"
12 abr 2012
"Borrascas en familia"
Cando se reformou a Lei de aborto, no goberno Zapatero, moitas feministas levábanse as mans á cabeza porque sabían que non deixaría de ser unha triste reforma da Lei do 85 do goberno González e que aínda quedaría un percorrido longo ata a meta do feminismo do "aborto libre e gratuíto". Que mellor non meneala.
A historia confirma os reparos das feministas e xa temos polémica servida co xusticieiro Gallardón, que recollendo con pinzas a terminoloxía feminista, percebe que as mulleres embarazadas (como todas) sufrimos violencia estructural. Aplícase o conto e a depilar a lei de aborto que, moi probablemente quedará como a do 85, con reservas.
Que entramos nunha borrasca en familia (dicía a meteoróloga Pemán) de conservadurismo xa o notamos polas leis desenvoltas pola Xunta desde o 2010. Curiosamente, algunhas como a da lei de apoio á muller embarazada, teñen como coartada un epígrafe da Lei de Igualdade do ano 2004. Leamos todo o artigo...
Por Mónica Bar
9 abr 2012
O FEMINISMO ISLÁMICO NON EXISTE
A arxelina Wassyla Tamzali é partidaria de chamar as cousas polo seu nome. En «El burka como excusa» (Saga editorial) Tamzali aconsella aos dirixentes que aborden o problema máis aló da conxuntura política. Veterán loitadora polos dereitos das mulleres, indígnalle ver como o anterior Goberno español freou a prohibición "dese sudario" porque identificaba la iniciativa coa dereita. ler toda a entrevista en Mujeres en red.
20 mar 2012
O ODIO RACISTA REXORDE REGULARMENTE
María Xosé Queizán
Un profesor e tres estudantes dun colexio xudeu en Toulouse foron abatidos a tiros. A repulsa lémbrame a que me provocou un caso de nazismo, daquela en Rusia, hai 19 anos.
RUSIA: FINAIS DE 1993
Cando a bicha cavernícola rebenta
xudeus
costume de matanza
xudeus
albo de odio e temor perpetuo
a estilo persa, exipcio, romano, nazi
persecución
coa cruz cristiá ou a media lúa do islám.
Xudeus
ricos avaros ruíns lúcidos
inventores e asasinos de deus
opresores perseguidos
profetas impíos.
Habitantes do exilio eterno son
Xesús, Kafka, Marx, Einstein, Chomsky.
Donos da ciencia, da economía, da palabra
do pensamento e a imaxinación.
Non poden dominar o odio que producen
escapar da pauliña
do dedo erguido, fascio acusador.
Nada poden contra o temor que inspiran
e a admiración.
Nas estepas nevadas xa soa o corno da cacería.
Levantan a veda
holocausto
inmortal agonía dos eternos exiliados.
Resucita o vampiro cavernoso
fascista trás dunha fascinación
para abatela.
De Fóra de min, Espiral Maior, 1994. Ed.Xerais 2004
É preciso comentar que hai un racismo que non é ocasional e aparece cada certo tempo como o antisemitismo, senón que é permanente e global. Trátase do odio ás mulleres que produce vítimas a cotío, un feminicidio odioso e permanente que causa milleiros de mortas cada ano pero non merece a atención nin a consideración dos outros crimes racistas.
MXQ
14 mar 2012
8 de marzo
Video e fotos elaborados por Mulleres Nacionalistas Galegas
- Video manifestación
- Reportaxe fotográfica
- Video manifestación
- Reportaxe fotográfica
13 mar 2012
Fenda salarial e igualdade
Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo
Ás portas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Gabinete Económico de CC OO presentou un informe moi clarificador sobre a situación das mulleres no noso mercado laboral: "A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión". Baseado en series estatísticas do Instituto Galego de Estatística, da Enquisa de Poboación Activa e da Axencia Tributaria, analiza con moito detalle os datos de emprego referidos ás mulleres tanto nos entornos do que foi o ciclo económico expansivo de 2005 a 2008, no que se incrementaron as taxas de actividade e emprego, como no recisivo da crise actual 2009 a 2011, no que aumentou de forma brutal o paro e a temporalidade. ler todo o artigo
Ás portas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Gabinete Económico de CC OO presentou un informe moi clarificador sobre a situación das mulleres no noso mercado laboral: "A realidade das mulleres en Galicia: o emprego, o salario e a pensión". Baseado en series estatísticas do Instituto Galego de Estatística, da Enquisa de Poboación Activa e da Axencia Tributaria, analiza con moito detalle os datos de emprego referidos ás mulleres tanto nos entornos do que foi o ciclo económico expansivo de 2005 a 2008, no que se incrementaron as taxas de actividade e emprego, como no recisivo da crise actual 2009 a 2011, no que aumentou de forma brutal o paro e a temporalidade. ler todo o artigo
22 feb 2012
DSK ( DECRÉPITO, SÁDICO, KOCHO)
María Xosé Queizán
A satisfacción que nos producira a detención deste acosador sexual en USA, veuse abaixo ao comprobar que o poder ten capacidade para burlar a xustiza e para comprar o silencio. Malia leva. Despois o flamante exdirector do FMI volve marchar de rositas da acusación de violación da xornalista francesa Banon, ao ter prescrito o delicto.
Pero, estamos no entroido e a todo porco lle chega o seu momento. Volve ser detido con acusacións de proxenitismo e desvío de fondos. O tema é vello e habitual nas relacións económicas patriarcais. Uns empresarios organizaban festas, pagando gastos de viaxe e hotel, onde o prato forte eran os corpos de mozas prostituídas que compracían os invitados. Ata aquí algo ben coñecido, e non só nas festas de Berlusconi, senón nas viaxes de comerciantes, nas xuntanzas masculinas, mercantís. Despois da opípara cea ofrecen o obxecto sexual no leito. A empresa invita. Todos saben que a moza foi contratada, menos o DSK que a considera unha amable amiga, agradecida por coitar co gran magnate. Desta vez, se cae, será polo delicto de desvío de fondos e non polo abuso de mulleres. Os cartos son máis importantes. Aínda que xa sería ben estrafalario que sexa xulgado por desvío de fondos o destinado a dirixir novamente o FMI.
En que mans están os cartos conseguidos pola xente que se esforza, traballa, pensa e produce! Esta troupe sen conciencia, espallada polo mundo, que violan os corpos de mociñas co mesmo automatismo co que xogan ao monopol coas reservas económicas do mundo, tolean co diñeiro virtual, hipotecan alegremente a media poboación e producen unha crise económica de gran calado.
O indignante é que, amos do capital, non dubidan en obrigar á masa traballadora mundial a producir nas peores condicións e perder os dereitos laborais e sociais conseguidos coa loita de anos, para recuperaren os millóns que perderon. Ao que chaman reforma laboral son contratos máis baratos e despedimentos gratuítos para a empresa. De novo Pao e tente teso. No tocante aos dereitos que as mulleres conseguimos con tanto esforzo, chega un novo Santo Oficio para impór leis restrictivas canto á Liberdade e Igualdade e envolvernos con bandeiras imperiais coa Lei de Familia da Xunta de Galicia.
A este atropelo chámanlle Reforma. Contra iso, fagamos a Contrareforma.
Se cómpre Reformar algo é o sistema despótico e inxusto do capitalismo. Que DSK entre na cadea é un bo comezo.
Barbara McClintock (1902-92) e Lynn Margulis (1938-2011) "os dous xenios da Bioloxía", segundo o Doutor en Bioloxía Molecular, Javier Sampedro Ler o artigo completo
NOTA: Á esquerda McClintock, á dereita Margulis. Lynn Margulis faleceu dun ictus o 22 de novembro de 2011. A pesar do seu labor de investigadora incansable e incomprendida, polas súas heterodoxas aventuras (manifestou que a SIDA non está causada polo VIH senón polas espiroquetas da sífilis) moita xente a coñece por ter sido "a muller de" Carl Sagan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






